Skip to Content

                              

CARREIRA SAN MARTIÑO

O mércores 13 de novembro celebramos a Carreira de San Martiño no noso colexio. Foi unha mañá diferente na que participou todo o alumnado. Ademáis tamén se fixo entrega das correspondentes medallas e premios.

Pincha na foto para ver toda a reportaxe.

SAMAÍN-HALLOWEEN 2019

O martes 29 de outubro celebramos o Samaín-Halloween no cole. Ademáis tamén entregamos os diplomas aos millores relatos terroríficos e as cabazas máis votadas.

 

No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos.

FESTIVALIÑO ON THE ROAD

O xoves 17 de outubro estiveron no cole os de FESTIVALIÑO ON THE ROAD XACOBEO 2021.

O Festivaliño on the road é un proxecto de distribución, exhibición e creación de cine infantil para nenos e nenas, nunha caravana itinerante por toda Galicia.

Os nenos puideron ver diferentes curtametraxes, facer entrevistas, rodaxes e máis sorpresas .....

No seguinte video podedes ver algunhas fotos do ben que o pasaron.

FESTIVALIÑO ON THE ROAD

O xoves 17 de outubro teremos no noso cole a autocaravana  do FESTIVALIÑO (festival internacional itinerante de cinema infantil).

As 10 h será para o alumnado de educación infantil.

As 11 h para o alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria.

As 12 h para o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria.

NOTA INFORMATIVA

Estimadas nais,pais, titores e titoras de alumnos:

Como ben saben, unha das prioridades do centro é a adquisición de hábitos saudables, incluíndo unha dieta equilibrada e completa. Por iso, comunicámoslles que o colexio, en colaboración co Consello Escolar, elaborou unha proposta de calendario de merendas para levar a cabo nos recreos. Trátase de que os nenos que traen algo para comer neses momentos de lecer, tomen alimentos que complementen os menús do comedor, completando unha dieta variada e equilibrada. Por exemplo, como os martes e xoves as sobremesas do comedor son lácteos, parece axeitado que traian neses días unha froita, mentres que o resto da semana poden traer lácteos xa que a froita está de sobremesa no menú escolar.

O calendario de merendas proposto é o seguinte:

CALENDARIO DE MERENDAS PARA OS RECREOS

 

LUNS MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

LÁCTEO

(iogur, batido, queixo, etc)

FROITA

ou froitos secos

 

LÁCTEO

(iogur, batido, queixo, etc)

 

FROITA

ou froitos secos

LIBRE

En todo caso, convén recordar que pediatras e nutricionistas recomendan eliminar ou reducir ao máximo o consumo de bollería industrial (pasteliños de chocolate, napolitanas, sandwiches de nocilla, galletas, etc...), así como zumes de brik polo seu alto contido en azucres.

Agradecendo unha vez máis a súa colaboración, reciban un cordial saúdo.

VISITA AO RÍO VIÑAO

O xoves 3 de outubro o alumnado de 5º e 6º de educación primaria do noso cole fixeron unha saída para coñecer o río Viñao.

Esta saída estivo organizada por Herminio Fernández, presidente da Sociedade de pesca deportiva do río Viñao. El trouxo a uns biólogos de Santiago que lles explicaron aos nenos como averiguar a calidade da auga dos ríos.

Unha vez feita a clase teórica, o alumnado comprobou a calidade do río Viñao, que foi o que visitamos. Despois das oportunas investigacións por parte dos nenos e coa axuda dos biólogos, o resultado foi unhas augas de boa calidade, con pouca contaminación.

No seguinte video podedes ver todo o que fixeron.

XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL

O martes 1 de outubro tivemos unha xornada de formación de EDUCACIÓN VIAL, impartida polo GRUPO ACODE EDUCA.

A formación estivo dirixida ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria. Coñecemos a LATEXO,  aprendemos moitas cousas e déronnos uns libros de agasallo para traballar no cole e unha chapas autoreflectantes para poñer nas mochilas.

No seguinte video podedes ver algunhas fotos da actividade

NOTA INFORMATIVA

Comunicamos ás familias que o vindeiro martes 1 de outubro comeza o horario de xornada partida, con clases pola tarde. A hora de entrada ó centro, de luns a xoves, será ás 09:30 h e  a de saída ás 16 h.

Os venres non hai clase pola tarde. Neste caso, a hora de entrada é ás 9:30 h coma o resto da semana, pero a hora de saída é ás 13:15 h, despois do comedor. Os que non quedan a comer saen ás 12:20 h.

Un saúdo

 

COMEZO DO CURSO 2019-20

Toda a comunidade educativa do CEIP NOSA SEÑORA DE XUVENCOS quere darvos a benvida a este novo curso que comeza hoxe, 11 de setembro.

BENVID@S AO CURSO 19/20

Toda a comunidade educativa queremos darvos a benvida a este novo curso.

Lembrade que comezamos o cole o mércores 11 en horario normal de setembro (de 09:15 a 14:15 h), polo que ese día teremos xa comedor e transporte.

Podedes consultar o menú do mes de setembro no taboleiro (menús de comedor).

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut