Skip to Content

                              

SORTEO MESA ELECTORAL

O vindeiro martes 18 de febreiro as 16:30 h procederase ao sorteo público das nais, pais ou titores legais que formarán parte da mesa electoral na votación para a xornada única do xoves 20 de febreiro.

En previsión de posibles ausencias, no sorteo designaranse titulares e suplentes.

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

MANDAS DO MECO 2020

MANDAS DO MECO 2020

 

O luns dezasete

o entroido comeza

e o Meco mándanos

traer flores na cabeza.

 

O martes dezaoito

o Meco segue ordenando

que no pescozo porás

o que ti queiras colgando.

 

O mércores dezanove

nos teus pés traerás

algo que chame a atención

e que diferente os fará.

 

O xoves día vinte

no pobo de Boborás

un montón de deportistas

polas rúas desfilarán.

 

O venres vinte e un

se no cole pensas entrar

trae o disfrace que queiras

moi bonito e orixinal.

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

 

O xoves 20 de febreiro celebraremos o Entroido no colexio a partir das 14 horas.

Se o tempo o permite, faremos un desfile dende o colexio ata o centro do pobo de Boborás. 

 

Invitamos a toda a comunidade educativa a acompañar ao desfile no seu percorrido. Ao finalizar, unha gran chocolatada  agardaranos no recinto escolar. 

 

Recordámoslles que ese día tamén terán lugar as votacións para o a proposta de cambio de horario para o curso que ven. A mesa estará dispoñible dende as 11:00 ata as 19:00 horas.

 

Aproveitamos para comunicarlles que  as clases reanudaranse  o xoves día 27 de febreiro.

 

chocolate_2Non faltedes!!!

 

Boborás, a 14 de febreiro de 2020.

Resultado de imaxes para: dibujo carnaval

ADMISION DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021

Dende o 1 de febreiro, e ata o 17 do mesmo mes, está aberto o prazo de Reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES CHAMOSO LAMAS de O Carballiño. Dito alumnado, deberá presentar no noso centro:

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (1 de marzo de 2020).

Se non desexa solicitar praza en dito instituto, pero presentou o ANEXO I, deberá facelo constar por escrito no IES CHAMOSO LAMAS antes do 1 de marzo e solicitar praza noutro centro entre o 1 e o 20 de marzo, entregando o ANEXO II, debidamente cumprimentado, no centro que desexe continuar os seus estudos.

O resto do alumnado, desde Educación Infantil ata 5º de Educación Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten reservada praza de oficio no centro polo dereito de permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro.

DÍA DA PAZ: XOVES 30 DE XANEIRO

O xoves 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz no colexio.

Como estivo un día de auga, xuntámonos todos no pavillón que hai ao lado do colexio, fixemos tres grupos: un de infantil, outro de 1º, 2º e 3º de E.P. e outro con 4º, 5º e 6º de E.P.

Despois xogamos ao xogo do paracaídas, aos relevos e nun salón francés, ademais de cantar a canción "TÚ ENEMIGO".

RADIO GALEGA NO COLE

O vindeiro mércores 22 de xaneiro estará a RTVG no cole para a emisión do programa radiofónico "Convivir deportivo" sobre o MUSHING.

 

UNBOXING ALICE THEATRE

O martes 21 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de primaria acudiron ao Auditorio de Ourense a ver UNBOXING ALICE THEATRE, unha versión do clásico de Lewis Carroll.

Alicia, a protagonista, volverá a visitar o País das Marabillas despois de moito tempo, e Tweedledee e Tweedledum guiarana nesta viaxe disparatada. Para iso utilizarán novos métodos de comunicación, moi usados hoxe en día polos escolares de primaria e secundaria, como os vídeos de "unboxing" que fan os youtubers, convirtindo deste xeito a obra nunha "experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés".

NOTA INFORMATIVA

Pica na foto para ter máis información.

 

O vindeiro martes 28 de xaneiro as 16:00 h haberá unha reunión coas familias no comedor do colexio.

NOTA INFORMATIVA

Estimadas familias, lembrámoslle que o vindeiro martes 14 de xaneiro de 2020, en horario de 16 h a 18 h, @s mestr@s titor@s estarán a súa disposición para a entrega do xustificante das notas e para falar sobre a evolución académica dos seus fillos.

No caso de non poder asistir o devandito día, por forza maior, deberán poñerse en contacto coas respectivas titorías.

Distribuir contido


by Dr. Radut