Skip to Content

                              

VÍDEO CON FOTOS DO ALUMNADO 2018/2019

Preme na imaxe para ver o vídeo:

VÍDEO DE DESPEDIDA DE 6ºEP (GRADUACIÓN 2019)

Preme aquí para ver o vídeo de despedida de 6ºEP.

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2019-2020

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2019-2020, colaborar de xeito altruista nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 11 de setembro de 2019, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 21 de decembro de 2019.

FOTOS ALUMNADO DO CURSO 2018/2019

CIRCUITOS ELÉCTRICOS SIMPLES

En Ciencias Sociais de 3º de EP, creamos circuitos eléctricos simples con diferentes deseños para entender o percorrido da electricidade en diferentes situacións, usando luces de led, pilas de batería e as pinzas das placas Makey Makey. Preme na imaxe para ver máis:

PANEL INTERACTIVO CON SCRATCH

Deseñamos un panel co título 'EARTH, MOON & SUN' ou 'TERRA, LÚA E SOL', no que grabamos unha explicación en inglés destes 3 elementos, que soa cando presionamos cada un deles grazas ao programa Scratch, as placas Makey Makey e por suposto, ao traballo do noso alumnado. Preme na imaxe para ver máis:

CREACIÓN DE MICROHISTORIAS CON SCRATCH

Utilizamos Scratch para familiarizarnos coa programación por bloques e crear microhistorias en inglés para reforzar a expresión oral e escrita nesta lingua. Preme na imaxe para ver máis:

PLAN ANUAL DE LECTURA 2018/2019

Aquí podes ver e descargar o Plan de Lectura do curso 2018/2019:

 

XOGANDO AO ATLETISMO 2019

O mércores tivo lugar no pavillòn Paco Chao do Carballiño a ediciòn do 2019 do XOGADE (xogando co atletismo).

CONVIVENCIA 2019

Onte celebramos a convivencia no colexio " Ceip Eulogio Gómez Franqueira" xunto cos centro de Irixo, San Amaro e Beariz. Pola mañá os máis cativos disfrutaron da actuación da " Cé Orquestra Pantasma" e do " Mago Teto", mentres os maiores tiñan un torneo de fútbol sala. E despois de xantar todos, tivo lugar a firma de camisetas e diversos xogos. E xa para rematar, fixemos o baile e a canción " Convivencia" e asistimos a actuación do mago Teto.

Distribuir contido


by Dr. Radut