Skip to Content

                              

FIN DE CURSO

Co motivo do FINAL DE CURSO, dende o colexio queremos informarvos do seguinte:

  • As notas publicaranse en Abalar o venres 19, ás 11:00 h.
  • Os/as alumnos/as que teñen libros do fondo de libros deberán entregalos en bo estado os días 17, 18 e 19 de xuño (xa vos avisa cada titor/a o día correspondente a cada curso).
  • Eses mesmos días (17, 18 e 19) tamén se vos entregarán os materiais dos vosos fillos/as que aínda están no cole.
  • Tamén deberedes devolver os libros da biblioteca escolar que tendes en préstamo nas vosas casas.
  • Non obstante, senón podedes eses días, non dubidedes en poñervos en contacto co centro para buscar outro día.

VÍDEO PROPOSTAS EDUCACIÓN INFANTIL

Aquí vos deixamos un pequeno resumo de todas as propostas que nos fostes enviando.

Dende o equipo de educación infantil queremos darvos a noraboa e as grazas polo voso esforzo e traballo durante todo este tempo.

Estamos moi orgullosas de vós.

Esperamos que vos guste moito.

Boas vacacións e bo verán!

Ata o ano que vén!

MASCARILLAS SOLIDARIAS

Toda a comunidade educativa do CEIP Nosa Sra. de Xuvencos agradece a "MASCARILLAS SOLIDARIAS" a súa donación, tanto para o alumnado como para o profesorado do centro.

MOITAS GRAZAS POLO VOSO TRABALLO

 

RECOLLIDA DE MATERIAIS E DEVOLUCIÓN DE LIBROS DA BIBLIOTECA

Queridas familias, o equipo de profesorado do centro quere comunicarvos os seguintes aspectos:

  • As familias que estades tramitando a axuda dos libros podedes traer os libros da biblioteca que tendes en préstamo nas casas. Na entrada do cole hai habilitadas unhas caixas para cada curso, onde debedes depositalos libros, xa que teñen que estar en cuarentena durante 15 días.
  • Tamén podedes traer as mochilas viaxeiras as familias que a teñades nas vosas casas.
  • Respecto aos materiais dos alumnos/as, habilitamos unhas datas para que veñades a recoller os seus materiais. Nas seguintes fotos podedes ver as datas. De todos modos, se algunha familia non puidera  vir nesas datas, intentaríamos solucionalo doutro xeito.

 

        AO ALUMNADO DE 5 ANOS XA VOS ESPECIFICARÁ A VOSA TITORA O DÍA QUE PODEDES VIR A RECOLLER O VOSO MATERIAL

 

 

CAMBIO HORARIO

 

A comunidade educativa do CEIP NOSA SEÑORA DE XUVENCOS

quere comunicar a todas as familias que nos concederon a xornada

continua para o vindeiro curso.

 

O novo horario será de 9:30 h a 14:30 h (setembro e xuño

incluidos) e o comedor será de 14:30 h a 16 h (con recreo incluído)

ALIMENTOS PARA FAMILIAS VULNERABLES E AFECTADAS POLA CRISE DO COVID

O Covid-19 cambiou a vida de todos, pero hai persoas que de repente perderon a súa estabilidade económica,  minorando os seus ingresos, nun momento convulso e no que a incertidume impera.

Por iso, dende o Concello de Boborás queren seguir colaborando coas persoas máis vulnerables, que agora o son máis se cabe, e tamén coas que debido a estas circunstancias se están vendo afectadas duramente.

Se algunha persoa ou familia, precisa alimentos ou ten algún problema pode chamar o Concello, tanto o teléfono 988 402 008 como o 667 552 726 e o Departamento de Servizos Sociais atenderá as súas demandas.

 

Non estades sós.

APOIO PSICOLÓXICO

A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO CARBALLIÑO PON EN MARCHA UN DISPOSITIVO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA GRATUITO POLO COVI-19.

A Mancomunidade de Concellos do Carballiño a través do Servizo de Atención Temperá, pon este dispositivo en marcha para todos aqueles nenos e nenas  e as súas familias que por situación do COVI-19 o necesiten. O dispositivo conta cun sistema de atención psicolóxica dirixido ao manexo do estrés e malestar derivado das experiencias xeradas pola exposición á pandemia que estamos a vivir e as súas consecuencias.

Está dirixido especialmente a poboación infantil entre 0 e 6 anos, por consideralos especialmente vulnerables o poder ter familiares falecidos, familiares enfermos, familiares intervindo en primeira fila, familiares traballando en residencias de maiores, persoal de corpos e forzas de seguridade, persoal de administraciones públicas con servizos directos á ciudadanía, persoal de limpeza, cadea de distribución alimentaria, … e todos aqueles que vexan que os seus menores e eles mismos están  a vivir situación que lle provocan ansiedade e estrés.

O teléfono de contacto é o 671635183.

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS

Estimadas familias:

Como xa sabedes e debido a situación tan complexa que vivimos, nos últimos dias enviamos un cuestionario co fin de recoller unha serie de datos que nos axuden a tomar decisións de maneira mais precisa e axeitada, xa que non sabemos canto durará esta situación. Dende o equipo directivo, queriámosvos comentar varios aspectos sobre este cuestionario:

1.  Debido a que dende a Consellería as instrucións que envían están moi pouco definidas, sobre todo polo carácter especial da situación, e porque son decisións que se van tomando a medida que se sucede a crise, criamos necesario ter unha base de datos para poder facer un plan de acción axeitado.

2.   Esto non significa dar materia nova, nin dar clase online, xa que este cuestionario ven a referendar que a fenda dixital existe. Sería inxusto e desigual ampliar contido e dende a escola pública non podemos ser partícipes de agrandar esa desigualdade de oportunidades.

3.  Son datos que unicamente axudarán, a cada titor/a concreto e especialista, a deseñar aquelas actividades que considere importantes co único fin de axudarvos neste confinamento, e, ademais, a poder actuar máis personalizadamente, con aqueles casos onde os recursos tecnolóxicos son máis escasos.

4.   Non é tempo de preocuparse dos contidos, é tempo para os mestres/as  de axudarvos, aconsellarvos, acompañarvos a través de diferentes actividades. As vídeo chamadas non son para clases online, e menos para os máis pequenos, pero a posibilidade de facer un encontro online cos alumnos/as podería ser moi positivo para eles, verse as caras, notar algo de normalidade.

Sen máis, nos despedimos, desexándovos que todas as familias estean ben e ofrecendo a nosa axuda naquilo que precisedes.

 

Un forte abrazo e ánimo

 

Boborás

13 de abril de 2020

 

                                                                     O equipo directivo

ENTREGA DE MATERIAL EDUCATIVO