Skip to Content

                              

blogue deadmin

ELABORACIÓN DE XABÓN

O alumnado de 3º de educación primaria elaborou xabón co aceite usado do comedor do colexio, o cal levarán como agasallo o día da familia, 15 de maio.

MENÚ MAIO 2023

Prema na seguinte ligazón para visualizar o menú de maio.

CONVIVENCIA INTERCENTROS

O 25 de abril celebramos unha convivencia con outros centros da comarca (San Amaro, Beariz e Irixo) e organizamos tres talleres de reciclaxe con materiais de refugallo: un ecoplaneta, un instrumento musical e un taller de percusión.

CONVIVENCIA INTERCENTROS

O 25 de abril retomouse a Xornada de Convivencia Intercentros que xa levaba dende o ano 2019 sen realizarse por mor da Covid 19. Os centros convidados (San Amaro, Irixo e Beariz) chegaron ás 10:00 horas e participaron das actividades que estaban organizadas: entrega de chapas personalizadas para todos/as os/as asistentes, realización de xogos e talleres (creación de instrumento con material reciclado, batucada, actividades deportivas, actividades de percusión con Boomwhackers, realización dun mural con tapóns, xogos co paracaídas, xogos con globos...). Asistimos á actuación de Magín Blanco no comedor. Fixemos a canción e a coreografía do “Recicla, recicla” no patio dianteiro do centro. A comida fíxose entre o patio cuberto novo e o patio de infantil e para rematar, fixemos fotos de todos os asistentes no photo call que se elaborou para tal evento. Entre as 15:00 e as 15:30 os colexios convidados marcharon para os seus destinos.

ADMISIÓN PROVISIONAL DE ALUMNADO 23-24

Todas as solicitudes presentadas obteñen praza no noso centro. A listaxe, de todos xeitos estará publicada no interior do centro ou ben, via telemática entrando coa CHAVE365. Antes do 15 de maio sairá a listaxe definitiva.

 

Rubén Diz

O secretario

PLANTACIÓN HORTO

O alumnado de 4º e 5º de E.I.  plantou as súas plantas aromáticas no horto e o alumnado de 6º de E.I. plantou amorodos e tomates no horto.

O alumnado de segundo tamén preparou os seus semilleiros de flores.

 

O alumnado de terceiro pasou os seus semilleiros de flores as xardineiras, ademais de plantar cebolas no horto e encargarse do composteiro.

O alumnado de cuarto fixo os seus sementeiros de flores e plantou nos bancais leituga, cenorias e pementos.

O alumnado de quinto plantou pementos, berenxenas, cabaciñas, sandías e melóns.

MENÚ ABRIL 2023

Prema na seguinte ligazón para visualizar o menú de abril.

PREPARACIÓN DO TERREO

No mes de marzo empezamos a limpar  o horto e a preparalo para que viñeran fresalo.

Este curso volveu o papá de Iria co seu motocultor a fresarnos o horto e así aproveitamos para colocarlle unha tea para que non crezan as malas herbas.

SEMILLEIROS

O alumnado de varios cursos de primaria preparou os semilleiros nos envases dos iogures, que se reciclaron do comedor e das merendas do alumnado.

ADMISIÓN DE ALUMNADO 23-24

PARA O ALUMNNADO NOVO NO CENTRO

O procedemento pódese facer polas seguintes vias:

1- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

2- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.

IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).

3- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro: Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

SOLICITUDE ADMISIÓN(GALEGO)

SOLICITUDE ADMISIÓN(CASTELÁN)

VACANTES DO CENTRO

PRAZOS

-Presentación: Do 1 ao 22 de mrzo

- Publicación da listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril.

- Prazo de reclamación contra a listaxe provisional: no prazo de cinco días hábiles posteriores á resolución provisional.

-Publicación de listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio.

- Formalización da matrícula: Do 20 ao 30 de xuño.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE (ANEXO II)

-Anexo I Admisión.

-Orixinal ou copia cotexada do DNI do alumno/a (se o ten), e dos seus pais.

-Orixinal ou copia cotexada do Libro de Familia.

-Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos para o curso para o que solicita praza (só para alumnado de Primaria).

-Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio onde conste a custodia do menos, se é o caso.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut