Skip to Content

                              

blogue deadmin

NADAL 2022

Nas semanas previas as vacacións de Nadal pedímoslle as familias que fixeran decoracións con materiais de refugallo, ademais de adornos con rolos de papel hixiénico para a árbore que fixeron os de 3º de educación primaria.

MENÚ DECEMBRO 2022

Preme na seguinte ligazón para visualizar o menú de decembro.

25 NOVEMBRO

25 NOVEMBRO

Fixemos unha camiñata violeta e reivindicativa ata o Concello de Boborás. As pancartas que fixemos eran con cartón de caixas, ademais dunha batucada (os instrumentos eran materiais de refugallo).


20 DE NOVEMBRO, DÍA MUNDIAL DOS NENOS E DAS NENAS

Baixo o lema " pola inclusión de todos os nenos e nenas" a ONU reivindica así o 20 de novembro,o Día Internacional da Infancia.

Alex e a profe María cóntannos, desde Radioxuve, cales son os dereitos dos nenos e nenas.

 

Cambio nas entradas e saídas polo comezo das obras no patio.

 Comunicámosvos que mañá 9 de novembro comezarán as obras da cuberta no patio de centro educativo.

Isto afectará ás entradas e saídas do colexio. Máis información

SAMAÍN 2022

Para celebrar este curso o SAMAÍN organizamos dous concursos, un de relatos terroríficos e outro de decoración de cabazas.

Ademais tamén se prepararon dous bailes. "Monstros e demais" e "Cazapantasmas".

No seguinte video podedes ver o ben que o pasamos.

MENÚ NOVEMBRO 2022

Preme na seguinte ligazón para visualizar o menú de novembro.

Implantación provisional do sentido único por obras

O Concello implantou provisionalmente, desde hau uns días, o sentido único na rúa Evaristo Riande, por mor das obras do aparcamento do futuro centro de saúde de Boborás. Este sentido único facilita adecuadamente a xestión do tráfico, sendo de OBRIGADO CUMPRIMENTO por parte de todos e todas. Máis información.

 

Un saúdo.

A dirección.

 

 

 

 

 

AMPLIACIÓN VALES DE MATERIAL

 AMPLIACIÓN DE VALES PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

 

O dÍa 14 de outubro de 2022 se publicou a Resolución do 5 de outubro de 2022 pola que se amplía a axuda para adquirir material escolar.

Nesta resolución se establece que os beneficiarios do vale por importe de 50 euros, recibirán un vale adicional de 25 euros. Tamén aquel alumnado que se incorpore ao centro docente ao longo deste curso.

As familias poden recoller estes vales no centro a partir de hoxe luns 17 de outubro.

Estes vales deben ser usados preferentemente antes do 1 de decembro de 2022 e recordamos que o centro só pode imprimir estes vales unha vez, no suposto de extravío.

Para calquera aclaración, contactade co centro.

O equipo directivo

RECOLLIDA DE FROITOS

En setembro-outubro continuamos coa recollida dos froitos plantados no mes de maio e xuño. A maioría usáronse no menú do comedor do colexio.

Distribuir contido


by Dr. Radut