Skip to Content

blogue deadmin

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. Con tal motivo, o martes 23 realizaremos no cole diferentes obras e cancións baseadas en contos, para conmemorar este día. Ademais, inaugurarase a biblioteca do centro para continuar coas actividades na mesma e os préstamos. Durante toda a semana e con motivo da proximidade ao Samaín, o alumnado de Ed. Infantil e Primaria contará cunha caixa de historias terroríficas e actividades interactivas das mesmas para animación á lectura.

O Magosto

 O pasado 13 de novembro celebramos os magostos no noso cole.

 

Mellor lector do ano no 3º ciclo

Por primeira vez, imos a escoller cal foi o mellor lector do 3º ciclo de Ed. primaria, durante o curso 2013/2014.

Para elo, entre todo o alumnado do ciclo deberedes escoller ao que consideredes o mellor lector ou lectora, en base ao traballo realizado en clase na Hora de ler e nas casa. A decisión que tomedes deberá ser froito da reflexión e realizada de forma obxectiva.

Os posibles lectores e lectoras electos serán todos os alumnos e alumnas que realizaron máis de 25 préstamos na biblioteca do cole.


Resultados da enquisa:

A nosa biblioteca en EDUGA

No número 65 da revista galega de educación, EDUGA, sae publicado un artigo elaborado polo Equipo de biblioteca do centro. Pincha na imaxe para ver o artigo.

No artigo ponse de manisfesto a importancia que ten a coordinación de todos os sectores implicados no proceso educativo para que a biblioteca xogue un papel importante na vida do centro.

"A coordinación, entendida como unha conexión de medios, esforzos, equipos, estamentos… para alcanzar un fin, é indispensable para que a biblioteca chegue a funcionar como un centro de recursos de aprendizaxe dentro dos centros educativos, que, en definitiva, é a finalidade principal pola que estamos a traballar desde as bibliotecas escolares.

 

Normas e servizos

Normas de uso da biblioteca.

- Poderase levar material para a casa usando o servizo de empréstito.
- Poderase estar a calquera hora na biblioteca sempre que se esté    acompañado dun mestre ou mestra.

NON SE PODE:
- Comer ou beber.
- Falar ou molestar aos compañeiros.

TRATA DE:
- Coidar os libros.
- Non pelexar polos libros.
- Estar en silencio.
- Compartir a lectura.

¿Que servizos ten a biblioteca?

- Lectura e empréstito de libros a domicilio.
- Utilización de material de consulta.
- Impresion de traballos.
- Utilización de ordenador para facer traballos.
- Conexión a Internet.
- Zona multimedia para utilizar material informático: xogos  educativos, enciclopedias multimedia, etc...
- Pizarra dixital e canón proxector fixo.
- Zona audiovisual, para visionar DVD e vídeos.

Elaboramos o seguinte  tríptico para informar aos alumnos da nova organizacíón dos fondos da biblioteca e das normas e uso da mesma.

Tríptico de normas de uso

Instalacións

A mascota da biblioteca

A mascota elixida para dinamizar a nosa biblioteca chámase "Xuve" e foi creada polo alumno Julián Dobbs Pedreira.

Elección de mascota para a biblioteca

Desde o ENDL e a biblioteca do centro convócase un concurso para elixir á mascota da biblioteca e que tamén dará nome ao xornal escolar que estamos a realizar entre todos e todas. 

Pode participar no mesmo toda a comunidade educativa e se o desexades podedes presentar a concurso máis dun traballo. 

As bases do concurso serán as que seguintes:

  • Os traballos deberán ser feitos nunha folla tamaño a4.
  • Poderán ser realizados en calquera técnica de plástica.
  • O debuxo da mascota deberá ser orixinal.
  • As mascotas, tamén, deberán ter un nome orixinal.

A mascota gañadora será a elixida para dinamizar o funcionamento da biblioteca e, asemade, ambientará moitos dos recunchos do cole.

Distribuir contido


by Dr. Radut