Skip to main content

FOTOGRAFÍA

OBRADOIRO AUDIOVISUAL 6º #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Este 12 de xuño o voluntariado escolar de 6º gozou do seu premio,

uns obradoiros de audiovisuais a cargo de Alicia Freire.

Presentóuselles o comezo do guión e eles tiñan que resolvolo,

posteriormente escoller profesións e gravalo.

Un traballo de escritura creativa e audiovisual co que quedamos abraiados.

 

Ademáis o alumnado sacou tódalas fotografías, seguido as

indicacións de Alicia, en canto a planos, luz...

Podedes descargar o ficheiro zip con todas.

Aquí unha pequena mostra do que fixeron.

 

 

FOTOGRAFÍA CON ALICIA #voluntariadonaBE #AliciaFreire #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Outra das actividades que tivo que aprender o voluntariado,

nos obradoiros de Alcia Freire, foi aprender a usar a cámara

fotográfica e coñecer os diferentes encadres. Estas fotografías

que imos amosar son feitas pola rapaza. Parece que non están

nada mal. Xa temos uns pequenos e pequenas fotógrafos/as en potencia!

Engádese ficheiro zip, por se alguén quere imprimir a súa.

Parabéns rapazada!

VISITA RAFAEL LÓPEZ LOUREIRO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal

O alumnado de 4º tivo a honra de entrevistarse de primeira man

co naturalista Rafael López Loureiro, máis coñecido como Calel.

Un naturalista que emana coidado, respecto e re/coñecemento

pola natureza. El é o autor das fotografías que leva o Álbum de Flora e

Fauna da nosa contorna. Esta rapazada tivo o pracer de saciar tódalas

curiosidades que tiñan de cada unha das fotografías, animais, plantas...

forma de traballo do naturalista...  Pero antes tiveron que pasar unha proba.

Estamos moi orgullosos da rapazada pois a superaron sen dificultade

e conseguiron saber todo o que era do seu interese.

Se queredes profundizar no estudo da natureza, Calel, ten un blog chamado

"Ao noroeste, do Noroeste", onde fai publicacións de gran interese naturalista.

Pequenas e pequenos naturalistas, vos tamén podedes ser como Rafael López Loureiro,

só hai que desexalo, esforzarse, estudar e seguir amando e coidando de tódolos seres vivos.

Este álbum é un enredo, para seguir aprendendo. Aquí temos as nenas e nenos de 1ºA.

 Agradecer a colaboración do Concello de Cedeira e das persoas que fixeron posible este soño!

 

 

 

 

 

 

 

SAÍDA DIDÁCTICA PASEO POLO CONDOMIÑAS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de primeiro realizou unha saída didáctica pola contorna para observar

e coller datos para o seu caderno de campo. Un dos obxectivos máis importantes

era mellorar a súa actitude cara a observación, amosando interese na escoita

dos cantos dos paxariños cunha actitude silenciosas, sen molestar a ningún ser vivo.

Esta actividade forma parte do proxecto "Aprendendo, naturalmente!"

 

 

 

 

PROXECTO "MARES DE CEDEIRA""

DURANTE O CURSO ESCOLAR 2016-2017, NO CEIP NICOLÁS DEL RÍO ESTIVEMOS INMERSOS NUN PROXECTO ARREDOR DAS XENTES DO MAR DE CEDEIRA E A LEMBRANZA QUE SE CONSERVA EN IMAXES.

CONVIDOUSE A TODO O ALUMNADO E ÁS SÚAS FAMILIAS A PARTICIPAR APORTANDO FOTOGRAFÍAS PARA COMPOÑER A MOSTRA "SALSEIRO DE RECORDOS" NO MUSEO "MARES DE CEDEIRA".

NESTE TRABALLO DE INVESTIGACIÓN AS NENAS E NENOS ACHEGÁRONSE ÁS FONTES DE INFORMACIÓN (TANTO EN IMAXES COMA COA TRASMISIÓN ORAL DO SABER), SELECCIONARON O MÁIS IMPORTANTE E O COMPARTIRON COS DEMAIS.

NA MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN "APRENDER A INVESTIGAR", DE 4º E 6º NIVEIS DE EDUCACIÓN PRIMARIA, MANEXARON A INFORMACIÓN MEDIANTE O USO DO PROCESADOR DE TEXTOS.

UNHA VEZ COMPOSTA A EXPOSICIÓN, TODO O ALUMNADO DE PRIMARIA ACUDIU AO MUSEO, ONDE PUIDO AMPLIAR O SEU COÑECEMENTO SOBRE O MAR.

FOI UN TRABALLO QUE PRECISOU DA COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, OBTENDO UN PRODUTO FINAL QUE PUIDO SER COMPARTIDO CO PÚBLICO QUE SE ACHEGOU A VISITAR A MOSTRA AO MUSEO.

PROPICIOU OUTRAS APRENDIZAXES POSTERIORES E/OU PARALELAS, DESENVOLVIDAS POLO ALUMNADO DE 5 ANOS B (AFONDANDO NA TEMÁTICA DO MAR DE CEDEIRA) E 2ºB (REALIZANDO ENTREVISTAS RELACIONADAS COAS PROFESIÓNS DO MAR).

Distribuir contido