Skip to main content

VOLUNTARIADO

Voluntariado Obradoiro de manualidades - #euquedonacasa

Hoxe, na hora do recreo, tocaba Obradoiro de manualidades con reciclados, da man de:

Lucía, Lara, Aloe, Carol, Lucía Rodríguez e Alex.

Dende a biblioteca ofertamos as seguintes propostas para quen desexe seguir co obradoiro dende a súa casiña.

Algo fácil e motivador: realizar un arco da vella con revistas que peguemos nun papel.

Poñer unha mensaxe positiva, por exemplo: Todo vai saír ben! Cando estea seco, pegalo na ventá da casa.

Outras opción de deseños con reciclados:

Con botellas de plástico

Manualidades diversas

Con diversos materiais

Podedes animar con todos os vosos modelos nas ventás das

casas e se vos apetece, mandar unha foto a través dos seguintes enderezos:

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

Obradoiro de manualidades! En mans da rapazada!

O alumnado empodérase e continúa deseñando obradoiros.

Neste caso as artes e o steam son a base da actividade.


Realízano dende o comezo, sen saltarse ningunha fase.

Xúntanse e definen que levará a actividade, realizan unha lista dos materiais necesarios (será a base de reciclados),

deseñan o cartaz para promocionar o obradoiro,

fan unhas táboas para que se apunte o alumnado e na data sinalada levan a cabo o obradoiro.


Como sempre, ocorren cousas que hai que contar; estas grandísimas persoas non só fixeron todo este traballo, e por certo moi ben realizado, senón que comezan o obradoiro e escoitas a un deles consultar en cal lingua levarán o obradoiro.

Conversan e axiña, sen dubidar, din: - en galego.

- Nenas, nenos, todos falamos en galego (coméntanlles aos participantes no obradoiro).

Un pracer de rapazada!

OBRADOIRO DE SAN VALENTÍN

NESTE CURSO ESCOLAR, O VOLUNTARIADO FIXO UNHA PROPOSTA DE DESEÑO, ELABORACIÓN E REALIZACIÓN DE OBRADOIROS.

ESTAMOS CONVENCIDOS DE QUE ESTE TIPO DE RESPONSABILIDADES SON UNHA APOSTA CLARA PARA MEDRAR E MADURAR. ASÍ QUE O EQUIPO DE BIBLIOTECA DEULLE PARA ADIANTE Á INICIATIVA DOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS.

A FALTA DE DOCUMENTACIÓN NA FASE DE ELABORACIÓN DOS OBRADOIROS NON NOS PERMITIU PUBLICAR OS ANTERIORES, PERO O QUE AGORA SE AMOSA NON É O PRIMEIRO NIN SERÁ O ÚLTIMO.

HAI QUE TER PRESENTE AS DIFICULTADES NA POSTA EN MARCHA DUN OBRADOIRO, ESTE ALUNADO TIVO QUE SENTAR E POÑERSE DE ACORDO NO QUE REALIZAR, FACER BOCEXOS E PROBAS PARA CONTROLAR OS TEMPOS, FACER LISTADOS DE MATERIAIS NECESARIOS, PREPARAR CARTACES PARA PUBLICITALO E CADROS DE APUNTAMENTOS PARA AS NENAS E NENOS AOS QUE ÍA DIRIXIDO O OBRADOIRO E XA CONVOCADO LEVALO Á PRÁCTICA.

ESTAS SON AS EVIDENCIAS DO SEU TRABALLO.


NESTA OCASIÓN, ANDREA, UXÍA E LARA, SORPRENDÉRONOS CUN OBRADOIRO DE SAN VALENTÍN!


PARABÉNS RAPAZAS!

RECREOS NA BIBLIO!

O VOLUNTARIADO ACOMPAÑA, GUÍA E ASESORA A TODO O ALUNADO NOS RECREO DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA.

PARABÉNS RAPAZADA!

A VOSA LABOR É FANTÁSTICA!!

REFLEXIÓNS DO VOLUNTARIADO

Posted in

O VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA FAI UNHA CRÍTICA CONSTRUCTIVA DO SEU PASO POLA BIBLIOTECA.

 

AVALIACIÓN BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA

AGRADECEMOS CUBRA ESTA ENQUISA ONLINE E ANÓNIMA PARA AVALIAR O FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA ESCOLAR CARLOS LABRAÑA.

PODE FACELO ALUMNADO, FAMILIAS E MESTRES.

ISTO AXUDA A MELLORAR.

MOITAS GRACIAS!

ENQUISA ONLINE BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA



PUNTOS DE LECTURA CENTRO DE SAÚDE - LETRAS GALEGAS

 O VOLUNTARIADO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES IES PUNTA CANDIEIRA E "CARLOS LABRAÑA", COA COLABORACIÓN DA BIBLIOTECA LÓPEZ CORTÓN, VEÑEN DE DOTAR DE DOUS PUNTOS DE LECTURA ÁS SALAS DE ESPERA DO CENTRO DE SAÚDE DA VILA E RENOVAR O XA EXISTENTE EN PEDIATRÍA.

ESTAMOS MOI LEDOS DE LEVAR O PRACER POLA LECTURA FÓRA DAS BIBLIOTECAS E FACER QUE O TEMPO DE ESPERA DE TODO O QUE VISITA O CENTRO  SEXA MOITO MÁIS AMENO.

AGRADECER A AUTORIZACIÓN Á DIRECCIÓN DO CENTRO DE SAÚDE.

PARABÉNS AO NOSO VOLUNTARIADO POR SEMENTAR SOLIDARIDADE!

COMO PODEDES OBSERVAR A BOA ACOLLIDA NON SE FIXO ESPERAR.




OBRADOIRO DE COSTURA STEAM - ANTÓN FRAGUAS - LETRAS GALEGAS

O interese dun grupo do noso alumnado estaba encamiñado á costura, así naceu este obradoiro.

Durante os mércores do 3º trimestre asistirán a un obradoiro no horario de recreos para coñecer os materiais a empregar e usalos con propiedade (recordemos a Antón Fraguas, que nos seu estudos xa afirma a importancia de coñecer a materia prima).

Este obradoiro require de moito labor, terán que facer patróns, sacar fios de liño, ... e conseguir elaborar as pezas do noso traxe tradicional.

Isto tan só é unha pequena mostra, máis adiante ensinaremos o resultado final.



Petos novos!!!!

 

Os petos dos encargados substituíronse polos novos petos, son moi bonitos!

 

TEXTO: ALBA E GIULIA (5ºA)

Distribuir contido