Skip to main content

Xuño 2022

SOLEDAD FELLOZA - OBRADOIRO - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Soledad Felloza, artista multidisciplinar realiza un obradoiro para toda a comunidade educativa,

ao abeiro do programa Lectura e Familias, que desenvolven as bibliotecas

e o Concello de Cedeira, a través da Biblioteca Humana.

Soledad veu cargada de maletas cheas de historias e despois de moito escoller

fixemos un desfile e creamos tendencia cun libro nas redes sociais!

 

 

 

 

DESPEDIDA CLUBS LECTURA "CHOCOLATE CON LIBROS" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Un club de Lectura que leva por nome "Chocolate con libros" tiña que

rematar cun gran xeado lendo na praia. Pero o tempo non acompañou.

Aínda así non impediú que pasásemos un tempo xuntos conversando,

pasando a avaliación do club e falando dunha das nosas paixóns os libros.

De agasallo unha bolsa de tea para encher de libros e aventuras neste verán!

 

 

 

 

DESPEDIDA VOLUNTARIADO #VoluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Despedimos a un alumnado que formou parte da nosa equipa de biblioteca.

Unha rapazada que deu vida día a día á nosa biblioteca.

Xuntos fixemos que esta maquinaria funcionase.

Elas e eles agasallan co seu tempo e traballo para que todos gocen

de recomendacións lectoras, organizan obradoiros, controlan préstamos

de aparellos tecnolóxicos, xogos didácticos, libros... Son a alma da biblio.

Gracias rapazada por acompañarnos nesta aventura!!

 

 

En recoñecemento pola súa labor un certificado,

un bolígrafo de madeira de Percebiño e unha mochila.

Parabéns rapazada!!

 

 

 

SOLEDAD FELLOZA NA BILBLIO DO IES - PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O vindeiro luns 20 de xuño, dentro do programa Lectura e Familias e no marco
da elaboración da Biblioteca Humana que se está levando a cabo nas bibliotecas escolares,
agrádanos anunciar a presenza de Soledad Felloza no Ies Punta Candieira.
 
 
 
Esta artista polifacética (actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora...)
sorprenderanos cun taller sobre a lectura.
Porque ler está de moda.
Invitamos ás familias a que acudan ao taller.
Poden comunicalo no WhatsApp indicando o seu nome e poñendo Soledad Felloza
no número 665602142. Turno 1 as 10h e turno 2 as 12h.
 
 

 

FALADOIRO, CAL SERÁ O NOVO COMBUSTIBLE? #Axenda2030 #bibliotecacreativa #UnhaSoaTerra #bescolaresgal #bescolartesgalabertas

 

Efrén, Xabi e Raúl solicitan un faladoiro.

Primeiro se documentan e len sobre os novos combustibles,

como funcionarán os coches cando quedemos sen petróleo?

Así comeza unha tertulia que leva esta rapazada de 4º e na que

participou todo o alumnado que se apuntou.

Parabéns mociños! Rapazada con preocupacións, buscando solucións!

 

 

 

A TENDA NA BIBLIO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Reciclado, coñecemento das moedas e billetes, sumas, restas,

problemas, cálculo mental, aproximacións...

Xogar e ao mesmo tempo aprender. 

A biblioteca convertida en tenda!


 

 

 

O CASAMENTO DA PULGA E DO PIOLLO - V XORNADAS DE TEATRO #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O alumnado de 3º B estrenara o próximo 20 de xuño a súa obra

"O casamento da pulga e do piollo" na aula de teatro.

Aquí os vemos nuns ensaios.

 

 

 

 

TEATRO SYLVANIAN - V XORNADAS DE TEATRO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O club Sylvanian Families sacou adiante a súa obra de teatro de sombras.

Un traballo feito pola rapazada, organizaron ata o último detalle, crearon cartaces,

 

entradas, votaron canta decisión tomaron. Alumnado organizado e crítico ao poder.


 

Un orgullo!! Moitos parabéns!!