Skip to main content

Novembro 2019

PROXECTO O CORPO HUMANO

O ALUMNADO DE 4 ANOS ESTÁ INMERSO NUN PROXECTO SOBRE O CORPO HUMANO.

ESTES DÍAS RECIBIRON A VISITA DE TRES FAMILIARES NA NOSA BIBLIOTECA.

A MAMÁ DE LUCAS VEU ENSINARLLES COMO SE COIDAN OS BEBÉS.

COA MAMÁ DE LÍA APRENDERON DISTINTAS PARTES DO CORPO HUMANO.

A AVOA DE NEREA QUE É ENFERMEIRA ENSINOULLES DIFERENTES APARELLOS E O SEU FUNCIONAMENTO.

FABRICANDO IDEAS

OS VAGALUMES DE 4º A ESTÁN MOI SENSIBILIZADOS COS PROBLEMAS DO MEDIO AMBIENTE.

SABEN QUE O TEMPO NON CORRE AO NOSO FAVOR E POR ISO ADICAN UN TEMPO DIARIO

DA XORNADA ESCOLAR A PROPOÑER IDEAS QUE AXUDEN Á NOSA TERRA.

XA CONTACTARON CON ASOCIACIÓNS, CONCELLO... QUEREN MOVER A MOITA XENTE.

 EN BREVES OS VAGALUMES EN RADIO EXPERIMENTAL!

AULAS AO AIRE

As aulas de cinco anos, comprometidas co proxecto do  Coidado do medio que propón este ano a biblioteca,

este curso dispoñen dun pequeno espazo ao aire libre no que poder estar en contacto ca natureza.



Coa mesma intención de coidar o medio que nos rodea vai o primeiro traballo do curso escolar:

preparar bolsiñas de tea para as merendas, reducindo así o uso de materiais plásticos.


Dentro de todo o proceso de traballo os nenos e a nenas aprenderon o que son os tintes naturais,

libres de tóxicos e productos químicos, e así tinxiron as cintas de tea con té.


O resultado final foi este.

 

XEOLOXÍA - PROXECTO INTERCENTROS

Os Vagalumes de 4º A xa están inmersos no Proxecto Intercentros que iniciaron o curso pasado sobre o Patrimonio Inmaterial co alumnado do Ies Punta Candieira.

Comezan este ano cunha tarefa sobre xeoloxía. En grupos ou de xeito individual escolleron dous experimentos sobre a tectónica de placas. Aquí as súas exposicións.

OBRADOIRO DE MEDO - STEAM