Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Blogue de Cris

PLANTACIÓN E RECOLLIDA DE PRODUTOS DA HORTA

Na primeira semana de abril e de volta das vacacións de inicio primavera, volvemos con moitas ansias de traballar na nosa horta. 

Plantamos leitugas (rizadas e folla de carballo, acelgas, berzas e kale "col rizada" (verdura galega).

Pero...moito ollo!!! Tamén arrincamos un porro, do que seguro da boa conta na cociña do Baliño o noso cociñeiro Óscar.

Ademais tamén lle botamos un chisco de terra de diatomeas ás nosas hortensias para evitar que os caracois lle coman as follas. 

Tranquilos Todos e Todas... Trátase dun produto insecticida ecolóxico e natural elaborado a base de algas mariñas.

BOLBORETAS BENVIDA PRIMAVERA DE RECICLAXE

A cativada de Infantil de volta das vacacións, dan a BENVIDA Á PRIMAVERA, reciclando rolos de papel hixiénico  e realizando unhas FERMOSAS BOLBORETAS.

Velaquí vedes as súas artistadas!!!

TRABALLOS NA HORTA

O último día do cole antes das vacacións de primavera, quixemos deixar e adiadar traballo da horta. 

  • Quitáronse malas herbas e desbroce dos arredores do horto ( o mestre Alberto levou a voz cantante)
  • Plantáronse leitugas marabilla de verán, plantas aromáticas (tomillo, romero limonero, perexil e cilantro)
  • Sementáronse flores: azalea
  • Podouse a lavanda (o mestre Jimmy botou unha man)

O alumnado realizou todas estas actividades baixo a supervisión e guía do profesorado.

 

 

"Porras" en Infantil

Os pequechos e pequechas do cole tiveron unha merenda especial. A profe Ana sorprendeunos cunhas "porras". Unha receita de masa de fariña e auga, en forma cilíndrica con estrías, un pouquiño máis longa que os coñecidos "churros".

Polas imaxes cremos que deron boa conta delas...Que opinades vós?

IMPRESIÓN 3D: CHAVEIROS HOMENAXE FEIRA DO VIÑO

Os nosos maiores (rapazada de 5º e 6º) seguen argallando manualidades e outras ideas para recompilar cartiños para a súa viaxe de fin de curso. 

En homenaxe a Feira do Viño da zona (relacionándoo co noso Pdi "Coñecendo a nosa provincia: Lucus Augusti", e usando a impresora 3D (actividade de Polos Creativos) deseñaron e programaron a impresión de chaveiros de uvas, botellas e copas de viño.

Séguense cocendo na impresora 3D para podervos ofrecer unha cantidade deles para que ninguén quede sen un.

Velaquí vos deixamos unhas fotiños!

 

 

VISITA Á FEIRA DO DÍA 15 A FERREIRA DE PANTÓN

Este venres día 15 o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria, realizaron unha pequena saída/visita á feira de Pantón próxima ao Monte Baliño. Tan preto é que saimos camiñando nun día no que brilaba o sol, para disfrutar ademais dun agradable e saudable camiño disfrutando da contorna e da natureza.

Vimos postos de zapatos, roupa, queixos... A polbeira ensinounos e falounos un pouco de como cociñar o mellor polbo. Abraidos quedamos coa peza que nos ensinou! No posto das plantas, agasalláronnos cunhas prantiñas de fresas, que tan pronto chegamos ao Baliño, prantamos na nosa hortiña. Grazas polo agasallo!

Tertulias literarias con sabor a limoada e torta de Ancano

Hoxe martes tivemos o segundo encontro do club de lectura Lerinlerán!

Desta volta e recollendo as suxerencias do alumnado escolleuse un libro de aventuras, que certamente lles encantou, “O misterio de Portomarín”, de Antía Yañez, unha novela de misterio que dende o minuto un foi moi doada de ler!

@s participantes nas conversas do club, elaboraron unha fresca e saudable limoada, acompañándoa dun doce típico da zona, tarta de Ancano, especialidade de Portomarín, sendo ambos os dous, alimentos dos que se fala no libro. Mesturaron dúas culturas: a literaria coa gastronómica. Que bo "tandem!

Enmarcamos esta actividade en varios proxectos do Baliño: Clube de lectura da Biblioteca, Nutriescolas, Pdi curso 23-24 "Coñecendo a provincia: lucus Augusti" e EcoSaúde.

Unha experiencia estupenda para o noso padal, a nosa saúde e a nosa mente!

Cabaliños de cortizas

Os pequenos e pequenas de Infantil, xunto coa súa mestra Ana converteron unhas cortizas nuns fermosos cabaliños e eguas con pelo de lá. Que creatividade!!!!

Velaquí vedes o resultado!

 

TAMBORES DE REFUGALLO POLO 8M

A maiores doutras actividades levadas a cabo no centro cos diversos grupos de alumnado, para a conmemoración do 8M, realizamos un obradoiro de percusión con tambores creados con elementos de refugallo polo propio alumnado.

Compartimos uns momentos moi especiais durante a creación e durante a participación nos obradoiros adaptados ás idades do noso alumnado. Grazas as Tamborilalás!!

8M: Día da MULLER

Hoxe no cole fixemos diferentes actividades de conmemoración desra data sinalada: DÍA DA MULLER 8M.

Rapaces e rapazas unidos en diferentes actos: mural colectivo con adxectivos positivos sobre as mulleres (bravas, loitadoras, valentes, agarimosas, traballadoras, nais e porqué non, sexys); colgado de cinchas na natureza cos nomes das nosas mulleres "fetiche" (nais, avoas, tías, irmáns...); decorado de banderíns feminismo; bibliopatio violeta cos lecturas de e por mulleres e ata un programa de radio que podedes escoitar neste enlace.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmontebalinho/node/565

MULLERES A VOSA VOZ IMPORTA.

SOMOS VÁLIDAS, SUFICIENTES E PODEROSAS.

HOXE E SEMPRE!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut