Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Complementarias

OBRADOIRO PERSPECTIVA DA CAPACIDADE

Hoxe, a rapazada de 1º e 2º, participou nun "OBRADOIRO SOBRE PERSPECTIVA DA CAPACIDADE" a cargo de Nuria de COGAMI (Confederación Galega de persoas con Discapacidade) entidade sen ánimo de lucro. Os nenos e nenas observaron  e vivenciaron diferentes formas de relacionarnos co medio a través de certos apoios.

Dividiuse o grupo en 4 subgrupos pequenos e realizouse unha gymcana con 4 probas ( circuito en cadeira de rodas, pintar coa cabeza empregando un licornio, escribir en braille, ler en linguaxe de signos e camiñar con ollo tapados e guiados por un bastón). Ao finalizar cada proba conseguimos a peza dun puzzle que montamos ao rematar todos xunt@s.

Ese puzzle dicía o seguinte:

As túas CAPACIDADES

sempre serán

máis GRANDES

que calquera Discapacidade.

Foi unha actividade do máis enriquecedora e cun forte caracter concienzador e sensibilizador.

 

 

 

Aniversario

AMIGO INVISIBLE

 

Amig@ invisible!

 No noso cole aproveitamos todos os días

para agasallarnos con moitos xestos que

non son materiais, a diario rodeámonos

de amizade, de apertas, de axuda mútua,

respecto, alegría e aprendizaxes.

 

Aínda así, durante estas datas, como xa é un clásico, aproveitamos para regalarnos algún detalle material, pero sempre con un fin principal, centrándoo na elaboración propia, no material de refugallo e no esforzo e cariño que cada quen lle pon ao seu agasallo invisible!

 Este ano volvemos a propoñer a mesma actividade pero con un pequeno matiz:

 - Cada alumno e alumna elaborará un pequeno detalle, utilizando material de refugallo, que posteriormente colocaremos na nosa árbore no cole.

 - Os agasallos este ano non van dirixidos a ninguén en concreto, senon que cada quen, no seu turno, collerá un, ao azar. 

 - Tendo en conta que non sabemos a quen lle tocará, haberá que poñer en xogo a imaxinación e a creatividade que tedes!

 - Os detalliños haberá que traelos antes do día 21 ao cole, e se pode ser envoltos.

 Moitísimas grazas como sempre pola vosa colaboración!

Dia da Paz

 

Hoxe dende Radio Baliño ( e cun pouco de atraso por culpa do mal tempo e a chuvia que nos fixo pospoñer a nosa carreira pola paz) traémosvos moitos desexos de paz, e como somos un colexio trilingüe, (que non é pouca cousa) desta vez a profe Natalia axudounos a expresar os nosos mellores desexos de paz en lingua inglesa, por certo aprendemos unha canción super pegadiza P-E-A-C-E....

Nadal 2019

SAMAÍN

Magosto 2018

BO NADAL

VÍDEOS FESTIVAL FIN DE CURSO

Aquí tendes as actuacións de todos os artistas.

     

     

       

      

      

       

       

FESTIVAL FIN DE CURSO 2017

Este venres pasado festexouse o festival de fin de curso no que o noso alumnado, coma sempre deu o mellor de sí.

Repartimos as orlas aos nosos graduados de 6º que marchar para o instituo e a os que imos votar moito de menos.

E tamén por parte da Biblioteca repartiuse uns agasallos a todo o alumnado pola sua participación durante todo o curso nas actividades da Biblioteca.

 

E uns mais especiais para os Biblioaxudantes que colaboraron na organización e xestión da Biblioteca.

E para rematar a ANPA organizou unha sesión do máis divertida con música e baile, e unha visita moi especial.

 

Moitas grazas a todos e ata o curso que ven.

Fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut