Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Complementarias

DÍA DO LIBRO 2016

O vindeiro día 23 é o Día do Libro, polo que durante a semana iremos facendo actividades relacionadas con ese día.

O xoves celebraremos a I Feira do Libro, o que queira participar tan só ten que traer unlibro en bo estado, para ese día facer un intercambio de libros. (Ver adxunto)

O venres Concello invitounos a unha representación de títeres na casa da cultura pola mañá, e pola tarde teremos a visita de Dani Viéitez e Iria Iglesias, autores e ilustradores dos contos do Raposo Rufo (que están a vosa disposición na Biblioteca)

Díptico da Consellería

MANUEL MARÍA

O Día das Letras Galegas deste ano está adicado a Manuel María por eso a TV local de Chantada Televinte própuxonos un recitado de poemas seus. Esta semana viñeron gravarnos, e en breve sairemos na tele.

Pincha aquí para ver as fotos.

Tamén quixemos saber máis cousas sobre este autor galego, polo que fumos visitar a súa casa museo que está situada en Outeiro de Rei. O guía expliounos fenomenalmente moitas cousas da súa vida, como que viviu moitos anos en Monforte, que tiñan alí unha libraría, que coñecía a outros escritores galegos da súa época...

Ao rematar a visita repuxemos forzas e tivemos unha sorpresa inesperada... A CHUVIA!!! Temos que dar as GRAZAS ao bar que nos acolleu para que os pequenos non se mollaran.

III CERTAME DE DIVULGACIÓN MULLERES DE LEMOS

Dende o colectivo Lemos Le, do que formamos parte, convócase o III Certame de Divulgación Mulleres de Lemos.

A finalidade do certame é  dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos. Polo que cada ano escóllese a unha muller relevante das nosas Terras. A muller escollida este ano é Lola de Penelas, oleira de Gundivós.

As bases están publicadas no blogue do colectivo.

Hoxe a prensa fíxose eco do certame.

 

Actividade Día de Rosalía

Este mércores co gallo do Día de Rosalía a Biblioteca propuxo a seguinte actividade.

Envío de postais de Rosalía (proposta da AELG, Asociación de escritores e escritoras en Lingua Galega)

Cada neno do cole tivo que escribir unha postal a outro que lle tocou a sorteo. Ese día, despois de coñecer un pouquiño a Rosalía, entregamos as postais e cantamos un poema de Rosalía que versionou Amancio Prada.

 

 

 

          

 

 

 

Día de Rosalía de Castro

Xoves de compadres

O xoves 28 festexamos os compadres.

               

Tan só quedou un.

GALERIA

ACTIVIDADES NADAL E 1º TRIMESTRE

En novembro tivemos unha sesion de contacontos moi divertida

 

 

para mais fotos preme aquí

 

Durante o mes de decembro fixemos diferentes actividades relacionadas co inverno e co Nadal.

Concurso de postais e poesía do Concello.

  

  

 

Campaña solidaria en colaboración con Cruz Roja.

Festival de Nadal.

            

 

 

Todas as fotos na galeria

DIA DA PAZ

29/01/2016 14:15
29/01/2016 15:45

FESTIVAL DE NADAL

18/12/2015 12:00
06/01/2016 00:00

HOXE CELEBRAMOS O FESTIVAL DE NADAL E COMEZAN AS VACACIÓNS!!!

RECORDADE: As clases comezan o día 7 de xaneiro

Magosto 2015

Durante a semana pasada foron chegando ao centro diferentes manualidades feitas polos rapaces, tanto coa axuda das suas familias coma dos mestres. Todas preciosas e feitas con moito agarimo, e por suposto con castañas.

Tamén recibimos cantigas, contos, poemas...

       

E para rematar a semana, o venres pola tarde tivemos unha serie de xogos organizados pola mestra de Educación Física, Ana Belén.

      

Pasámolo estupendamente.

Todas as fotos na GALERÍA.

Distribuir contido


by Dr. Radut