Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Educación física

"Celebrando a Paz con xogos con paracaídas"

 Para conmemorar o Día da Paz no noso centro, grazas a colaboración do mestre de Educación Física, fixemos xogos con paracaídas. Foi unha tarde moi divertida e todos os nenos e nenas do centro participaron nos xogos cooperativos. 

 Ahí tedes unha mostra deles!!

 

 

XOGOS NO MAGOSTO

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

 O venres 21 de Novembro celebramos o Magosto e... non só comemos castañas senón que realizamos xogos cooperativos cos que nos divertimos moito; aquí vos deixamos algunha mostra dos mesmos.

 

1.-CASTAÑA CON CULLER

Desenvolvemento do xogo: O grupo divídese en dúas filas, cada unha separada da outra, cada neno/a ten unha culler de plástico na man hábil. O encargado do xogo pon sobre a culler dos primeiros de cada fila unha castaña, estes deben baleiralas na culler dos segundos, estes nas dos terceiros. Cando a castaña chegue ao último/a da fila, o encargado pon outra castaña na culler do primeiro e así sucesivamente.

Regras:

-As castañas nunca se poden tocar coas mans.

-Se a alguén lle cae a castaña, esta ten que volver ao primeiro xogador e repetir a xogada.

-A ver que fila consegue máis castañas!!

 

2.-CARREIRA DE CASTAÑAS

Desenvolvemento do xogo: Os nenos/as divídense en dúas filas, teñen que levar unha castaña colocada nunha culler e correr ata un punto determinado e volver sen que lle caia a castaña para pasar (a culler coa castaña ao seguinte da fila).

Regras:

-Os primeiros da fila saen simultáneamente e ao sinal do encargado do xogo.

-As castañas nunca se poden tocar coas mans.

-Se a alguén lle cae a castaña, ten que voltar ó principio.

-A ver que fila consegue antes que todos os membros fagan o percorrido!

 

 

3.-TRAGACASTAÑAS

Desenvolvemento do xogo: Os nenos/as divídense en dúas filas, por turnos teñen que lanzar castañas á boca do tragacastañas dende unha liña establecida simulando o tradicional xogo da rá.

Regras:

-Cada xogador lanzará unha única castaña a cada vez.

-Despois de cada lanzamento situaranse ao final da súa fila.

-Respetar os turnos de lanzamento (un de cada fila a cada vez).

*Axilizar os lanzamentos para que non teña que esperar moito o seu turno.

 

4.-VEN E VETE

Desenvolvemento do xogo: Os xogadores  sitúanse nun círculo excepto un (que ten a castaña), o xogador con castañas da unha volta arredor do círculo e cando queira deixa a castaña detrás de alguén e toca a súa espalda dicíndolle ven ou vete; se di ven o xogador tocado terá que coller a castaña e correr para pillar ao 1º antes de que ocupe o seu lugar, se di vete tras coller a castaña terá que escapar para regresar o seu lugar antes de ser pillado por quen lle tocou.

Regras:

-Hai que coller a castaña antes de comezar a correr.

-Só se pode dar unha volta tanto para deixar a castaña como para ocupar o lugar que queda libre.

 

 

 

 

 

 

XOGOS E DEPORTES

Xogos e deportes

 

 OBRIGATORIO PARA A SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA: TRAER ROUPA E ZAPATILLAS DEPORTIVAS, ADEMÁIS DUNHA TOALLA E UNHA CAMISETA LIMPA PARA FOMENTAR OS HÁBITOS DE HIXIENE E COIDADO PERSOAL.

Distribuir contido


by Dr. Radut