Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Educación Infantil

FESTIVAL FIN DE CURSO 2015-16 INFANTIL

 

En febreiro,nevou no noso cole

Unha mañá de febreiro chegamos o cole e estaba todo branco, aproveitamos a pasear despaciño sobre a neve e facer fotos.Que ben o pasamos!!

 

Os nosos vikingos!!!

 Na aula de Infantil fixeron estos simpáticos vikingos con  cartóns para reciclar, ahí os tedes!!

VELAS DE NADAL!

 Coa chegada do Nadal, na aula de Infantil decoraron unhas velas moi especiais, porque as fixeron con materiais reciclados. Empregando rolos de papel hixiénico e por dentro con bolas de papel de períodico. Quedaron moi bonitas!!

 Aquí as tedes! Qué vos parecen???

 

 

 

 

A VISITA OS TROLLOS

A VISITA OS "TROLLOS"

A visita a "Os Trollos" para Infantil , primeiro viron unha película, sobre os riscos e consecuencias do lume sobre as árbores e as plantas,logo pasaron a exposición de troncos diferentes onde poideron tocalos e mesmo separar a casca da madeira,viron tamén diferentes tipos de fungos e froitos de algúnhas das árbores.

Por fin, e mentres os maiores facían un percorrido polo viveiro os nosos rapaces e rapazas aproveitaron para facer chuvia de batallas coas follas secas caídas, sacudir as polas para que lle caerán as follas enriba, botar carreiras levantando follas cos pés,...

A verdade foi ben divertido!

PLANTACIÓN DO HORTO ESCOLAR

 O comezo do trimestre os nenos e nenas da aula de infantil xunto coa súa mestra, a encargada de Voz Natura e a colaboración especial da nosa cociñeira, plantaron o horto de inverno con leitugas e repolos!!!

 

 

 

 

 

MORCEGOS EN SAMAÍN

 Con motivo do SAMAÍN, na aula de infantil a súa mestra ocorreuselle unha actividade moi divertida para os seus nenos e nenas para traballar a temática desta singular festa.

 Entre todos reciclaron todos os rolos de papel hixiénico que atoparon e empregaronos para facer parte dun morcego, tamén empregaron pinturas, pinceis...o resultado aquí o tedes!!!

 

 

 

Taller de Outono de Infantil

 No presente curso escolar na aula de Infantil todos os nenos e nenas participaron nunha actividade realizada pola súa mestra denominada Taller de Outono de Infantil. Dita actividade consisteu no emprego de cascas de noces con aplicación plástica transformándose en... sorpresa!!! no taller.... o resultado podedelo ver a continuación, a ver que vos parece!!!

 

 

 

 

Festa de nadal

O día 19 de decembro celebraremos o nosa Festa de Nadal con divertidas panxoliñas e estupendas actuacións por parte dos nosos/as alumnos/as ás 11:30 horas. 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut