Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Voz Natura

QR dos produtos da horta

A horta dixitalízase!! A rapazada creou códigos Qr dos produtos que prantamos na horta para que coa axuda das tabletas se poida acceder á información relativa á pranta en cuestión: características, nome científico....

 

 

 

Xira XIRASOL

Hoxe os nosos rapaces e rapazas prantaron un XIRASOL! Recordamos que as súas flores xiran en busca da luz do sol, que o seu froito son as pipas e que precisa pouca auga.

Estaremos moi pendentes do seu crecemento e coidaremos moi ben del!

 

PRIMEIROS AMORODOS DA NOSA HORTA

Hoxe a nosa compi de Infantil, Antonella, atopou dous amorodos na hortiña que xa servían para comer. Lavounos e probounos.. Cremos que lle deu unha boa nota!!! Gustáronlle moito!

Resultado final TESTOS DE REFUGALLO PARA PRANTAS

Velaquí está o resultado dos testos de latas de refugallo decorados polo noso alumnado.

Fantástico traballo que fai resplandecer e lucir máis as nosas flores, dando vida ao noso patio!!

Hortiña, prantas e máis prantas

Esta semana o Proxecto de Voz Natura coa inestimable colaboración de mestr@s e alumnado, segue a deixar pegadas no Baliño. Empregamos todo o que prantamos no noso comedor escolar. Así todo sabe mellor!

Puxéronse prantas aromáticas: menta, ourego, "cilantro"...

Na horta, prantamos: dous pés de cebolas, leitugas batavia e maravilla de verán, amorodos...


Tamén prantamos unha pranta con flor chamada "Dimorfoteca" nun testo preto da nosa horta, que cando creza, colgará e dará cor ao entorno.

 

 

Nova vida para as latas de conservas: Testos para plantas

No Baliño temos a intención de concuenciar sobre a importancia de RECICLAR E REUTILIZAR, e para elo, neste caso, dámoslle unha nova vida ás latas. Empregamos unha imprimación, pintámolas e decorámolas ao gusto do consumid@r con plantillas ou estilo libre.

E así lles quedaron uns fantásticos Testos para as nosas plantiñas de exterior!

RECIRDA:

REUTILIZA TODO O QUE POIDAS,

AXUDA AO MEDIO AMBIENTE

AXÚDATE A TI

 

Horta en creación

O venres fixo moita calor e a algúns/algunhas d@s rapaces/as de 1º/2º xunto co mestre Alberto e a mestra Cris, sairon á horta do Baliño para plantar algunhas prantiñas: Amorodos, tomates, pementos, alcachofas e prantas de flor. Fixeron os buratiños, prantaron e cavaron a terra.

O mesmo nos valen para un roto que para un descosido! Por suposto, non esqueceron regar...auguiña tan necesaria!

Ecosistemas de refugallo

A rapazada de 5º de Primaria, dentro da unidade dos Animais de Ciencias Naturais, crearon e elaboraron uns Ecosistemas con material de refugallo nun traballo en equipos no que intercambiaron ideas e plasmaron o aprendido e traballado na aula.

Velaquí tendes unhas fotiños das súas impresionantes creacións.

PLANTACIÓN E RECOLLIDA DE PRODUTOS DA HORTA

Na primeira semana de abril e de volta das vacacións de inicio primavera, volvemos con moitas ansias de traballar na nosa horta. 

Plantamos leitugas (rizadas e folla de carballo, acelgas, berzas e kale "col rizada" (verdura galega).

Pero...moito ollo!!! Tamén arrincamos un porro, do que seguro da boa conta na cociña do Baliño o noso cociñeiro Óscar.

Ademais tamén lle botamos un chisco de terra de diatomeas ás nosas hortensias para evitar que os caracois lle coman as follas. 

Tranquilos Todos e Todas... Trátase dun produto insecticida ecolóxico e natural elaborado a base de algas mariñas.

BOLBORETAS BENVIDA PRIMAVERA DE RECICLAXE

A cativada de Infantil de volta das vacacións, dan a BENVIDA Á PRIMAVERA, reciclando rolos de papel hixiénico  e realizando unhas FERMOSAS BOLBORETAS.

Velaquí vedes as súas artistadas!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut