Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Secretaría

Matrícula 24-25

 

 Autoría realizada  alumnos de 6º:

Alexandra              Lila                        Tomás

 Autoría realizada  alumnos de 6º:

Martina              Alexander

Alumnado que xa está no centro e vai a continuar.

(non ten que presentar nada)

A variación de curso, ciclo ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro, sen prexuízo do establecido para os centros docentes adscritos.

 

Alumnado de Infantil que entra no colexio.

Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo. 

SEDE ELECTRÓNICA

Na secretaría do centro:         SOLICITUDE                                SOLICITUD

 

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

 

Normativa relacionada

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Tríptico 23-24

Fondo Libros e Axuda a material

Prazo de presentación de solicitudes: do 20 de maio ao 21 de xuño.

Infórmase da publicación no Diario Oficial de Galicia do día 19 de maio de 2023, a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar, destinada ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en  centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023-24.

ORDE DO 10 DE ABRIL

 FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Alumnado matriculado en 3º E 4º de educación primaria.   

 AXUDAS PARA ADQUISICION DE LIBROS DE TEXTO

 Alumnado matriculado en 1º, 2º de educación primaria e en educación especial; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional 1º (discapacidade maior ou igual 65%) e na disposición adicional 2º (necesidades específicas de apoio educativo – NEAE).

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Alumnado de todos os cursos de educación primaria.

DOCUMENTACIÓN

 - Solicitude de participación (Anexo I)

- Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

- Copia do libro de familia ou documento equivalente.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

As solicitudes pódense tramitar preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados (ED330B anexos I e II) nos seguintes enlaces:

- Na aplicación  da Consellería de Educación FONDOLIBROS 

 - Na sede electrónica da Xunta de Galicia

 - ou de forma presencial na DIRECCIÓN do centro onde estén admitidos para o curso 2023-2024, presentando os seguintes impresos, que tamén estarán a disposición no centro:

Anexo I e II

 

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR CURSO2022-23 (1 Nai/Pai e 1 Profesor/a)

Toda a infomación do proceso irá aparecen nesta web e as actas no tablón de anuncios do colexio.

1.1- Sorteo Membro da Xunta Electoral (Pais/Nais/Profesorado).

Sorteo público o 3 ás  16 horas. (Acta)

Mesa Electoral formada por:

         Presidente: Jose G. R.

         Rep. Nais/Pais:  María del Carmen F. F. (titular) e  Olivia G. R. (suplente)

         Rep Profesorado: María Teresa F. L. (titular) e Ana María A. D. (suplente)

1.2-Constitución da Xunta Electoral.

         Día 8 de febreiro. (Acta)

2-Sorteo membros da mesa de PAIS, NAIS.

3-Sorteo membros da mesa de PROFESORADO.

4-Censo de Pais/nais. Tabloteiro de anuncios.

5-Censo profesorado.

7- Establecemento do calendario Electoral.

8- Solicitude de representante do Concello.

9- Solicitude de representante da ANPA.

10- Solicitude de candidatos de Nais/ Pais.

11- Solicitude de candidatos do Profesorado.

12- Acta de proclamación de candidatos (Sectores de NAis/ Pais e Profesorado)

13- Elaboración e envío de papeletas cos candidatos.

14- Votacións. 27 de febreiro 9:30 a 9:45 y de 15:45 a 16 horas.

15- Acta de resultado de votacións.

16- Acta de proclamación membros elexidos de Pais/Nais e Profesorado.

17- Acta de constitución do novo Consello Escolar.

 

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario. (DOG, 29/04/88).

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

FONDO/AXUDA LIBROS E MATERIAL 2022-23 (05/05/2021 a 22/06/2021)

Normativa: Orde do 29 de abril de 2022

                          Extracto da orde que regula a convocatoria.

Destinatarios: O alumnado que curse primaria  ou que curse ESO (no curso 2022-23)

Prazo de presentación: ata o 22 de xuño ( inclusive).

Lugar de presentación: o medio de presentación preferible é aplicación informática fondolibros, que se tramita a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Tamén se pode presentar no centro, Primaria (Ceip Monte Baliño)

ESO (no Instituto)

Documentación a entregar:

a) Anexo I  e Anexo II

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia. Se non se presenta Anexo II

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Cando o centro non fixase os seus propios prazos, as datas límite para realizar os trámites indicados no ordinal 1º serán:

a) Para gravar solicitudes e emendas: o 6 de xullo de 2022.

b) Para publicar as listaxes provisionais: o 7 de xullo de 2022.

c) Para gravar o resultado de reclamacións: o 11 de xullo de 2022.

d) Para publicar as listaxes definitivas: o 11 de xullo de 2022

Purple Day (Día da Epilepsia)

Dende o CEIP Monte Baliño, aportamos o noso pequeno graniño de area en pro das persoas con epilepsia. Este venres 25 de Marzo "POÑÉMONOS MORADOS". Non esquezas a túa prenda ou complemento morado!

Mascarillas alumnado

Artigo 6. Alumnado exento de presentar solicitude

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22.

Artigo 2. Alumnado destinatario

O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar

 

 Artigo 7. Presentación de solicitudes

1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con que conviva en acollemento familiar.

2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

3. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED330E)

Artigo 8. Prazo para presentar solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-081121-0001...

 

Tríptico 2021-22

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES PARA TRABALLAR NA CASA

Estimadas familias, remitíndonos as directrices da Conselleria ante a situación actual e para seguir ca labor pedagóxica durante iste periodo o Claustro de mestres e mestras establecemos as seguintes directrices,que irán aparecen o longo dos días:( FAI CLIC NAS IMAXES E NAS PALABRAS DESTACADAS PARA ABRIR AS ACTIVIDADES)

NECESITAS IMPRIMIR, O CONCELLO DE PANTÓN AXÚDACHE

INFANTIL:   

3 ANOS
4 ANOS
5 ANOS

 

1º, 2º,3º E 4º PRIMARIA: 

ASIGNATURAS 1ºPRIMARIA 2ºPRIMARIA 3ºPRIMARIA 4ºPRIMARIA
MATEMÁTICAS

FICHA I ,II, III, IV

REPASO

FICHA I, II, III, IV, V, VI

VIDEOI, II, III, IV

REPASO

FICHA I, II, III, IV, V

FICHA I

FICHA I, II, III, IV, V, VI
CCNN

FICHA I, II,III, IV, V

 

FICHA I, II, III, . V , VI, VII FICHA I, II
FICHA I, II 
CCSS

FICHA I, II,

TEMA 4

 

FICHA I,IIIV

TEMA 4

FICHA I, II
FICHA I, II
LINGUA

FICHA I, II, III,IV

REPASO

FICHA I, II , III, III, IV, V

REPASO I

REPASO II

FICHA I, II, III, IV, V

FICHA VI

LECTURA 

FICHA I, II, III, IV

FICHA (I-V)

LECTURA 

LENGUA

FICHA I, II, III

REPASO

FICHAS  , II, III, III, IV,V

VIDEO

REPASO

FICHA III, III, IV
FICHA I, II, III
INGLÉS FICHASI, II, III, IV, V
FICHAS I, II, III, IV, V
FICHAS I, II, III, IV, V FICHAS I, II, III, IV, V, VI
VALORES FICHA I, II, III FICHA I, IIIII  FICHA  FICHA
RELIXIÓN  ENLACE FICHAS ENLACE FICHAS
 ENLACE FICHAS ENLACE FICHAS

   

 

5º E 6º PRIMARIA:

Traballarase con material actualizado a través da plataforma Edixgal seguindo as indicacións que se adxuntan en cada materia.

Para calquera dúbida podedes contactar por medio dos distintos grupos de whatssap cas titoras ou mandar un correo o colexio (ceip.monte.balinho@edu.xunta.es)

Por favor tede en conta as recomentacións das autoridades sanitarias para poder voltar pronto as aula.

Un saúdo, o Claustro.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut