Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Mascarillas alumnado

Artigo 6. Alumnado exento de presentar solicitude

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22.

Artigo 2. Alumnado destinatario

O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22:

1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar

 

 Artigo 7. Presentación de solicitudes

1. Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con que conviva en acollemento familiar.

2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

3. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED330E)

Artigo 8. Prazo para presentar solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-081121-0001...

 



page | by Dr. Radut