Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

FONDO/AXUDA LIBROS E MATERIAL 2022-23 (05/05/2021 a 22/06/2021)

Normativa: Orde do 29 de abril de 2022

                          Extracto da orde que regula a convocatoria.

Destinatarios: O alumnado que curse primaria  ou que curse ESO (no curso 2022-23)

Prazo de presentación: ata o 22 de xuño ( inclusive).

Lugar de presentación: o medio de presentación preferible é aplicación informática fondolibros, que se tramita a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Tamén se pode presentar no centro, Primaria (Ceip Monte Baliño)

ESO (no Instituto)

Documentación a entregar:

a) Anexo I  e Anexo II

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia. Se non se presenta Anexo II

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Cando o centro non fixase os seus propios prazos, as datas límite para realizar os trámites indicados no ordinal 1º serán:

a) Para gravar solicitudes e emendas: o 6 de xullo de 2022.

b) Para publicar as listaxes provisionais: o 7 de xullo de 2022.

c) Para gravar o resultado de reclamacións: o 11 de xullo de 2022.

d) Para publicar as listaxes definitivas: o 11 de xullo de 2022

AnexoTamaño
Fondo.pdf1.11 MB


page | by Dr. Radut