Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Blogue de Cris

ARRINCANDO MALAS HERBAS

No coidado da horta, hai cousas divertidas e outras que non o son tanto pero que hai que facer....Aos nosos alumnos e alumnas parecéulles do máis entretido arrincar herbiñas malas que saen na terra e arrodean a nosa producción. A profe Maite, explicounos porqué é necesario.

Velaí os tendes traballando a reo...Aproveitamos tamén para regar un pouquiño...

 

COLLEITA DA HORTA

No Baliño, non paramos nin a piques de rematar este supercurso! A horta está xa a pleno rendemento e imos recollendo o que sementamos para aproveitalo para os nosos menús no comedor. Que ben presta comer o que un mesmo sementa!

Recollemos verduras das que plantamos a finais do inverno e "lambiscamos" nos amorodos da tempada.

Nas imaxes que seguen tamén vemos ao noso compi Thigao de Infantil que traslada restos da herba desbrozada para o compost, co que posteriormente abonaremos.

 

3º XORNADA CLUBE LECTURA LERÍN LERÁN: PLÁTANO FRITO

Este luns 13 de maio, o alumnado do Clube de lectura Lerín Lerán de 5º e 6º de primaria, dirixido pola mestra Laura, celebraron unha nova xuntanza literaria para debatir e falar sobre o libro "ALMA DE ELEFANTE" (Premio Anaya infantil 2022). Unha tenra historia de crecemento e amor polos animais.

Unha historia desenvolta no país africano que trasladou á rapazada a un novo país sen moverse da súa terra, simplemente a través da imaxinación. Velaí o superpoder dos libros e da lectura.

E por suposto, para amenizar a xornada, elaboraron unha receita típica de África e descoñecida en sabor por todos e todas: o Alloco, tamén chamado Aloco ou Aloko), popular sobre todo en África occidental e central, e elaborado a base de plátanos macho fritos. Pola súa sinxeleza, é considerado unha comida rápida vendido nas rúas da Costa do Marfil entre outras. Faise fritido en aceite e mesturado con xenxibre.

Gustoulles? Pois a uns sí e a outros non...Alomenos seguro que non o olvidarán.

Lerín Lerán

máis lectura

no verán.

 

 

 

CROQUETAS DE COCIDO

O venres de Entroido, o noso cociñeiro Oscar preparounos unha comida moi típica desta época, de Galicia e da provincia do Baliño.... O COCIDO GALEGO.

Entre os ingredientes citamos o repoliño, as patacas, os garavanzos, a tenreira, o lacón e por suposto o chouriciño.

Pero claro, despois da merendola das sobremesas do Entroido coas familias... pois quedounos moita sobra...

Que facemos? tiralo?....ISO NUNCA!! Oscar gardou a comida e preparamos unhas deliciosas croquetas DE COCIDO co noso alumnado e incluímolas nun prato do noso menú diario. "O galego sempre deixa a vergoña"...pois neste caso, ÍMOLO APROVEITAR TODO TODITO...

Velaquí tedes probas do proceso e do resultado.

 

NON ME DES A CHAPA

Non me des a chapa!, así denominamos unha actividade que enmarcamos á par do proxecto de Polos Creativos no que participa o Baliño. 
Empregando unha máquina de chapas e tirando man da creatividade do noso alumnado, realizamos dúas actividades ben chuliñas:

  • Chapas co logo do Monte Baliño, deseñado polo alumnado de 5º e 6º para vender na feira e recaudar diñeiro para a súa excursión.
  • Chapas Día das Letras Galegas 17 maio: deseño individual libre con pequenas consignas (palabra ou debuxo relacionado con algo da temática de Galicia)

Temos uns pedazo de artistas... nós xa o sabiamos, pero vós podedes comprobalo.

Grazas a todos!

MARMELADAS POLO DÍA DA FAMILIA

O 15 de maio celébrase o DÍA DA FAMILIA, e no Baliño facendo honra a pequena GRAN familia que somos, preparamos uns agasallos cheos de amor para as familias d@s nos@s rapaces/as: unhas saudables marmeladas de KIWI! E por suposto feitas cos kiwis recollidos no Baliño.

Relacionamos esta actividade con varios proxectos nos que participamos: Voz Natura (reciclados de botes de cristal e refugallo de revistas antigas para decorar o agasallo), Nutriescolas (elaboración de marmeladas) e o Pdi " Coñecendo a nosa provincia:Lucus Augusti" que parte da biblioteca (seleccionando froita que se da na nosa contorna). As etiquetas foron elaboradas polo alumnado de 5º de primaria empregando o programa Canva, no que deseñan habitualmente diferentes propostas de Biblioteca creativa.

Agardamos que vos guste e endoce moitos momentos en familia xuntos! 
Grazas por todo o que nos dades!

Achegamos as RECEITAS porque sabemos que vos van encantar:

INGREDIENTES:

  1. CON AZUCRE
  • 1 KG de kiwis lixeiramente maduros.
  • 500 grs de azucre (blanco/moreno). (nós empregamos so 25o grs)
  • 1 limón exprimido ou en metades a cocer.
  • 45 minutos de coción máis ou menos
  1. SEN AZUCRE
  • Engadimos unha culler de agave 
  • 2 mazás Fuji con pel

ELABORACIÓN:

-Ferver 10 minutos ou esterilizar no microondas 3 minutos a máxima potencia, mediados de agua.

-As tapas tamén hai que fervelas durante 10 minutos. Non empregar oxidadas nin dobradas.

-Para gardar sumerxir os botes cheos tapados nunha pota con auga cubríndoos ben.

-Cociñar durante 40 minutos.

-Ao enfriar poñémolos boca abaixo e comprobamos que non perden líquido polas tapas.

 

 

QR dos produtos da horta

A horta dixitalízase!! A rapazada creou códigos Qr dos produtos que prantamos na horta para que coa axuda das tabletas se poida acceder á información relativa á pranta en cuestión: características, nome científico....

 

 

 

FILIPINO FOOD DAY

No Baliño, este ano tivemos a sorte de contar coa presenza da nosa auxiliar de conversa Anj, procedente de Filipinas. 

E de novo, celebramos o Filipino Food Day que o ano pasado tivo tanto éxito entre o alumnado e profesorado. No menú do noso comedor, tivemos un primeiro, un segundo e unha sobremesa con sabor asiático, proposto por Anj e realizado, baixo a súa supervisión, a da nosa teacher Nati, da mestra encargada de comedor Maite e do noso cociñeiro Oscar, polo alumnado de 5º e 6º de primaria.

Por unhas horas, trasladámonos, sen movernos do cole a un país distinto ao noso empregando os sentidos do gusto e do olfacto. Experiencias culinarias distintas que nos axudan a descubrir diferentes sabores, texturas, ingredientes...

Estes foron os pratos que se serviron no comedor como guinda do pastel desta semaniña de maio:

  • 1º.Appetizer/starter: Egg drop soup
  • 2º.Main course: Pininyahang Manok
  • Sobremesa: Mais con yelo

 

Moitísimas grazas Anj pola túa dedicación e agarimo! Graciñas a Oscar o noso supercociñeiro, a Nati por supervisar todo, a Maite por encargarse de ter todo o necesario e a todo o profesorado e membros participantes na actividade. XUNTOS SOMOS "LO MÁS"!

 

 

Xira XIRASOL

Hoxe os nosos rapaces e rapazas prantaron un XIRASOL! Recordamos que as súas flores xiran en busca da luz do sol, que o seu froito son as pipas e que precisa pouca auga.

Estaremos moi pendentes do seu crecemento e coidaremos moi ben del!

 

ROBÓTICA NAS LENGUAS

Na aula de PT traballamos os campos semánticos e a enumeración (poñendo comas tras escribir cada elemento) coa axuda de GreenBot.

como o fixemos?

-Lanzamos dados e sumamos.

-Localizamos no panel a tarxeta que leva ese número.

-Programamos a Greenbot para facer o recorrido ata a tarxeta.

-Lemos o campo semántico que nos tocou: prendas vestir, alimentos, vehículos...

-Escribimos no noso caderno catro palabras relacionadas con ese campo separándoas con comas (enumeración)

 

Porque temos seguro que xogando tamén se aprende! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut