Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Voz Natura

TRABALLOS NA HORTA

O último día do cole antes das vacacións de primavera, quixemos deixar e adiadar traballo da horta. 

  • Quitáronse malas herbas e desbroce dos arredores do horto ( o mestre Alberto levou a voz cantante)
  • Plantáronse leitugas marabilla de verán, plantas aromáticas (tomillo, romero limonero, perexil e cilantro)
  • Sementáronse flores: azalea
  • Podouse a lavanda (o mestre Jimmy botou unha man)

O alumnado realizou todas estas actividades baixo a supervisión e guía do profesorado.

 

 

Cabaliños de cortizas

Os pequenos e pequenas de Infantil, xunto coa súa mestra Ana converteron unhas cortizas nuns fermosos cabaliños e eguas con pelo de lá. Que creatividade!!!!

Velaquí vedes o resultado!

 

TAMBORES DE REFUGALLO POLO 8M

A maiores doutras actividades levadas a cabo no centro cos diversos grupos de alumnado, para a conmemoración do 8M, realizamos un obradoiro de percusión con tambores creados con elementos de refugallo polo propio alumnado.

Compartimos uns momentos moi especiais durante a creación e durante a participación nos obradoiros adaptados ás idades do noso alumnado. Grazas as Tamborilalás!!

MARCOS ROSALÍA CON REFUGALLO

Os nenos e nenas de Educación Infantil, aproveitando os rolos de papel hixiénico sobrantes, e despois de pintar uns debuxos da nosa queridiña escritora galega Rosalía de Castro, realizaron estes fantásticos e creativos marcos de fotografías.

Mirade como se pode aproveitar o que nos rodea para darlle outra oportunidade e outra vida.

 

SEMENTANDO NOVAS LEITUGAS

E como recollemos as leitugas para facer uso delas no comedor, pois toca PLANTAR de novo, para poder seguir gozando dos productos que nós mesmos coidamos con tanto agarimo.

Leitugas tenras e novas!!

PODA: LIMPEZA E PREPARACIÓN DAS ÁRBORES

A pasada semana tras a volta das festas do Entroido, un amable voluntario veciño das proximidades da nosa escola do Baliño, Javier, achegouse para nos dar unha serie de indicacións da importancia da poda das árbores e coidados máis comúns para que crezan sans e fortes.

Estivemos moi atentos e atentas as súas explicacións e a súa arte cos aparellos de podar.

Podounos o kiwi, a mazaira... Quedounos todo preparadiño para ver crecer flores e logo obter froitos.

Os maiores animáronse tamén a podar a nosa hortensia, que ben o precisaba.

Grazas Javier, foi un pracer terte con nós! Volve cando queiras, no Baliño tes unha familia.

COMPLEMENTOS ENTROIDO DE REFUGALLO

Para a realización dalgúns complementos do noso Entroido en Baliño, empregamos elementos de refugallo. Neste caso cartóns reciclados de paquetes chegados ao noso cole.

A cativada estivo atarefada marcando, recortando e pintando os seus complementos para os disfraces, os carpinteiros e carpinteiras, realizaron unhas ferramentas ben creativas e realistas (martelos, parafusos, serruchos e ate lapis de carpinteir@s) e os viticultores, confeccionaron as súas propias tesoiras para cortar nas uvas das cepas.

 

 

 

 

COMPADRES E COMADRES DE REFUGALLO EN COLABORACIÓN CO CENTRO DE DÍA

Chegado o Entroido e chegada das tradicións... Desta volta, recuperamos a tradición de correr os xoves de compadres e comadres nun momento lúdico e divertido ao aire libre para o alumnado. 

Pero para poder correr os mecos, primeiro hai que facelos, os nosos maiores (rapaces e rapazas de 5º e 6º) foron en dúas sesións visitar aos outros maiores do centro de día próximo, para compartir momentos de ledicia e creatividade empregando materiais de refugallo para construir os mequiños (periódicos, papeis, tapóns, plásticos...)

Unha xornada tranquila na que compartimos experiencias e gañamos en recordos bonitos para as nosas memorias.

 

ESTRELAS DA PAZ DE REFUGALLO

Polo día da Paz, 30 de xaneiro, no Baliño coma os últimos anos fixemos "kilómetros" solidarios na nosa Carreira anual da Paz, na que recollemos voluntariamente material escolar que logo cedemos a Cáritas para nenos e nenas que o precisen.

Como agasallo aos participantes, rapaces e rapazas de todos os cursos realizaron unhas estrelas de paz con pallas de cartón de refugallo. Todo un arte de creatividade ademais dunha actividade de motricidade fina e paciencia. Que vos parece a idea? 

Velaquí vos deixamos unhas fotiños!

 

 

GOT TALENT DECO REFUGALLO

Dende o departamento de música, propúsoxelles ao alumnado actividades artísticas a modo "Got Talent". A rapazada, voluntariamente e por decisión propio, decidiu elaborar cartaces e murais empregando cartóns de caixas de paquetes reciclados para a decoración das súas actuacións..

Velaquí os tendes atarefados e atarefadas pintando... Son ou non son uns artistas? NÓS TÉMOLO MOI CLARO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut