Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Voz Natura

DECORACIÓNS NAVIDEÑAS CON MATERIAL DE REFUGALLO

Os máis pequenos e pequenas do cole xunto coa súa titora, realizaron diferentes elementos decorativos para Nadal de material de refugallo que seguro quedaron xenial nas súas casiñas durante as festas en familia.

Empregaron botellas de plástico para facer árbores de Nadal, reciclaron CD,s de música para facer bolas personalizadas para colgar das súas árbores familiares, flores co rolo de cartón dos papeis hixiénicos....CANTA CREATIVIDADE!!!  

Que importante é concienciar da posibilidade de lle dar un segundo uso as cousiñas e os materiais que nos atopamos na vida cotiá!

Podedes coller ideas para realizalos nas vosas casiñas e pasar un rato de diversión en familia.

Incluso aproveitaron o resto dun porexpan dun paquete para decorar a entrada da súa aula cunha árbore pintada por eles e elas mesmos.

Velaquí volos deixamos!

 

RECOLLIDA KIWIS

Facemos a colleita do noso kiwi, que nos da froita para as sobremesas do noso comedor. 

Grazas Natureza por todo o que nos das!!

 

 

OUTONO NATURAL E MAGOSTO DE REFUGALLO

Os pequenos e pequenas de Infantil, saíron ao patio do Baliño para recoller follas de Outono, secáronnas e realizaron estas obras de arte...

 

Para a festa do Magosto, realizaron diferentes decoracións con elementos da natureza e caixiñas para as castañas de refugallo con cartóns.

HORTA EN APOXEO

A nosa horta e a nosa producción atópase nun gran momento de esplendor...As leitugas medraron un montón...O cambio climático e a temperatura que estamos tendo inflúen no crecemento anormal do que temos plantado.

O NOSO XARDÍN, A NOSA HORTA

O Monte Baliño comezou as súas actividades de preparación e mantemento do entorno da escola, xardín e horta.

Actividades interdisciplinares e coordinadas realizadas dentro dos Proxecto "Voz Natura" e Plan Proxecta "Nutriescolas" no que participamos dende o CEIP PLURILINGÜE MONTE BALIÑO. Diferentes grupos, baixo supervisión de mestres e mestras, realizaron diversas tarefas: plantación de arbustos e plantas aromáticas (aproveitando como testos decorativos, neumáticos vellos decorados) e plantación de verduras de tempada e recollida de froitos como a cabaciña que podedes albiscar no video.

Excursión granxa Palomar e productos lácteos

Grazas a ANPA da nosa escola, os pequenos e pequenas habitantes do Baliño, realizamos unha excursión a unha granxa próxima situada na Láncara e chamada O Palomar.  Seguimos coñecendo a nosa galicia, e en concreto a nosa provincia, Lugo, achegándonos ao noso entorno, abrindo as portas das aulas e aprendendo fóra delas. O noso pdi "Coñecendo a provincia: Lucus Augusti" parece que nos pode dar para moito.

O Palomar, é unha granxa familiar de gando vacún de leite en intensivo, con recría en extensivo e sistema de muxido. Realizamos diferentes actividades: interactuar coas vacas e alimentar aos xatos con biberón, obradoiro de muxido dunha vaca, escoitar video-conto en primeria persoa da vaca Salomé, obradoiro de facer queixo fresco a mans da avoa Carme (escoitando as súas directrices e experiencias) e finalmente degustando uns deliciosos produtos derivados do leite: queixo, tortas, biscoito, leite fervido, iogures naturais... 

Vaia paparota de merenda!!!

Canto aprendemos e que ben nos trataron...

Regadío e plantación de acelgas

Estamos a tope coa nosa horta. Desta volta tocou darlle auga, así que puxémonos mans á obra e a REGAR.

 

Tamén plantamos acelgas, das que damos boa conta no noso comedor.

 

ALOE VERA E PLANTACIÓN FLORES INVERNO

O noso ALOE VERA creceu moito e pedíanos un cambio de testo, así que... tivemos que facer o CAMBIO.

Tamén plantamos algunhas plantas de inverno...e aproveitamos para lle botar unha auguiña ao noso horto.

 

 

 

OBTEMOS FROITOS: CABACIÑAS

Recordaredes que ao final do curso pasado, plantamos no cole sementes de cabaciña, vímolas comezar a medrar e cada alumno e alumna do Baliño, levou para a súa casiña a súa plantiña para transplantar e seguila vendo medrar ata obter froito.

Pois aquí, vos deixamos unha mostra visual da pedazo cabaciña que a nosa compañeira Rebeka, cultivou na súa casiña e compartiu con nós.

RECICLAMOS ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO

Na aula de Infantil, os pequechos e pequechas xunto coa súa titora Ana, reciclaron rolos de papel hixiénico para facera animais do bosque. 

Que bonitiños lles quedaron e que anaquiño de tempo tan divertido pasaron!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut