Voz Natura

Plantando as leitugas do horto escolar

 

Este ano, o alumnado de 1º e 2º de primaria,foi o encargado de plantar as leitugas do horto escolar, coa axuda do profesorado colaborador do Proxecto Voz Natura.

 As leitugas, no mes de xuño formarán parte dos menús do comedor, se medran bastante.

 

Día da árbore e da auga

Antes de irmos de vacións de Semana Santa festexamos o Día da árbore e da auga plantando un castiñeiro. 

LEITUGAS!!

O comezo do segundo trimestre comezamos a plantar leitugas no noso horto-xardín!!!

Que ben o pasamos!!!

Os nosos vikingos!!!

 Na aula de Infantil fixeron estos simpáticos vikingos con  cartóns para reciclar, ahí os tedes!!

VELAS DE NADAL!

 Coa chegada do Nadal, na aula de Infantil decoraron unhas velas moi especiais, porque as fixeron con materiais reciclados. Empregando rolos de papel hixiénico e por dentro con bolas de papel de períodico. Quedaron moi bonitas!!

 Aquí as tedes! Qué vos parecen???

 

 

 

 

PLANTACIÓN DO HORTO ESCOLAR

 O comezo do trimestre os nenos e nenas da aula de infantil xunto coa súa mestra, a encargada de Voz Natura e a colaboración especial da nosa cociñeira, plantaron o horto de inverno con leitugas e repolos!!!

 

 

 

 

 

MORCEGOS EN SAMAÍN

 Con motivo do SAMAÍN, na aula de infantil a súa mestra ocorreuselle unha actividade moi divertida para os seus nenos e nenas para traballar a temática desta singular festa.

 Entre todos reciclaron todos os rolos de papel hixiénico que atoparon e empregaronos para facer parte dun morcego, tamén empregaron pinturas, pinceis...o resultado aquí o tedes!!!

 

 

 

Taller de Outono de Infantil

 No presente curso escolar na aula de Infantil todos os nenos e nenas participaron nunha actividade realizada pola súa mestra denominada Taller de Outono de Infantil. Dita actividade consisteu no emprego de cascas de noces con aplicación plástica transformándose en... sorpresa!!! no taller.... o resultado podedelo ver a continuación, a ver que vos parece!!!

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet