Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Animación á lectura

A BIBLIOTECA SAE AO PATIO

Chega o bo tempo e os libros tamén queren ver o sol, por iso este mes a Biblioteca sae ao patio.

  

  

 

AGARDAMOS A VOSA VISITA

PREMIOS RETO LECTOR

O pasado venres fixemos entrega dos premios aos participantes que acadaron o Reto Lector de Gerónimo.

Noraboa a todos e todas e os que non o acadáchedes non vos desanimedes e a seguir intentándoo.

              

CITA A CEGAS CUN LIBRO

Desta volta Gerónimo proponvos unha nova actividade.

Trátase de escoller un libro para ler, pero sin saber como é, só polas 3 palabras que vos da coma pistas.

Despois ides facer ó revés de cómo facedes normalmente e comezaredes polo final, antes de ler o libro deberedes contar a historia a partir desas 3 palabras.

Parecerase a vosa historia á do libro?

                                                                               

                                                           Xa tedes a súa selección na Biblioteca

 

                                                                           

ACEPTAS O RETO?

Chega abril, o mes do libro, e con él, Gerónimo Stilton quere retarte.

Proponvos ler unha serie de libros, pero él dá as condicións;

PRIMEROS LECTORES, deben ler:

- Un libro cun nome no título.

- Un libro con máis de 20 páxinas.

- Un libro escrito por unha muller.

- Un libro que sexa un conto.

- Un libro en galego.

LECTORES AUTÓNOMOS, deben ler:

- Un libro da editorial Kalandraka.

- Un libro con máis de 30 páxinas.

- Un libro que teña personaxes non humanos.

- Un libro que sexa un cómic.

LECTORES EXPERTOS, deben ler:

- Un libro con unha palabra por título.

- Con máis de 50 páxinas.

- Publicado no ano 2016 ou 2017.

- Un libro de ficción en galego.

 

Serás quen de superalo?

Se aceptas o reto só tes que acudir á Biblioteca, coller a túa cartilla e comezar a sumar selos.

Comeza o reto!!!!

DÍA DE ROSALÍA 2017

Velaquí as fotos que mandastes para festexar o Día de Rosalía, fixéstedes un gran traballo.

Moitas grazas a todos e todas os que participastes.

 

 

 

#RosalíaTe

Este ano a AELG proponnos para conmemorar o Dia de Rosalía de Castro que nos convertamos en Rosalía, para o cal no cole elaboramos unhas máscaras. E agora pedímosvos a vosa colaboración, so tedes que facervos unha foto coa máscara e cun cartel cun poema da autora, acompañados dos vosos maiores (familia, veciños...) e a mandedes ao correo do colexio (ceip.monte.balinho@edu.xunta.es) antes do 23 de febreiro.

Moitas grazas.

LIBRO VIAXEIRO

Que tal amigos!!!

Xa me coñecedes, son Gerónimo, e este curso quero ir de visita polas vosas casas, polo que xa tedes á vosa disposición na Biblioteca o meu libro, Gerónimo viaxa por Monte Baliño, para que o levedes e completedes nas vosas casas e así todos xuntos faremos un super libro de viaxe.

Recordade que no libro aparece como hai que facer para completar as páxinas, a 1ª é un exemplo que fixo o equipo de Biblioteca.

Vémonos e a imaxinar!!!

 

POEMAS ILUSTRADOS (MANUEL MARÍA)

Co gallo do Dia das Letras Galegas ilustramos diferentes poemas do libro Os soños na gaiola de Manuel María (homenaxeado deste ano)

 

VIDEO POEMAS MANUEL MARÍA

O mes pasado a tele local de Chantada Televinte veu ao colexio a gravar varios poemas de Manuel María. Este foi o resultado.

                    

             

ACTIVIDADES ABRIL BIBLIOTECA

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O venres 1 de abril os nenos de Infantil subiron ata a Biblioteca para xogar a un Bingo Literario!!! 

 

DÍA DO LIBRO(Semana do 23 de abril)

Este ano tivemos a nosa I Feira do Libro na que fixemos un intercambio de libros, a cal tivo unha boa acollida. Queremos dar as GRAZAS a todolos participantes.

O venres o Concello invitounos a unha sesión de títeres na Casa da Cultura.

E tamén tivemos a visita dos autores e ilustradores Dani Vieitez e Iria Iglesias, que nos ensinaron os pasos que se deben seguir para ilustrar un conto, e nos falaron un pouquiño sobre o seu traballo.

Distribuir contido


by Dr. Radut