Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Animación á lectura

Actividade Día de Rosalía

Este mércores co gallo do Día de Rosalía a Biblioteca propuxo a seguinte actividade.

Envío de postais de Rosalía (proposta da AELG, Asociación de escritores e escritoras en Lingua Galega)

Cada neno do cole tivo que escribir unha postal a outro que lle tocou a sorteo. Ese día, despois de coñecer un pouquiño a Rosalía, entregamos as postais e cantamos un poema de Rosalía que versionou Amancio Prada.

 

 

 

          

 

 

 

Día de Rosalía de Castro

ACTIVIDADES NADAL E 1º TRIMESTRE

En novembro tivemos unha sesion de contacontos moi divertida

 

 

para mais fotos preme aquí

 

Durante o mes de decembro fixemos diferentes actividades relacionadas co inverno e co Nadal.

Concurso de postais e poesía do Concello.

  

  

 

Campaña solidaria en colaboración con Cruz Roja.

Festival de Nadal.

            

 

 

Todas as fotos na galeria

NADAL NA BIBLIOTECA

Dentro de pouco chega o Nadal, e na Biblioteca estanvos esperando as cartas para que lle escribades a Papá Noel ou aos Reis Magos ou aos dous.

 

A escribir, que estas chegan seguro!!!!

O ourizo (Manuel María)

Entramos en época de Magostos, e Manuel María (o próximo homenaxeado no día das Letras Galegas) no seu libro Os soños na galiola, escribiu un poema relacionado con esta época.

O  OURIZO

Co seu ouro vello, mol,

o ourizo ouriceiro

toma o sol

no bico dun castiñeiro.

  

Tal un señor moi mandón:

no bico dun castiñeiro

o ourizón

toma o sol moi riseiro.

 

O ourizo está moi ledo

coa súa casa ben pechada

-ouh, que medo!-

de espiñas toda cercada.

 

Quer botar unha risada

e os seus dentes arregaña

case un nada:

e xa fuxiu a castaña...!

 

Aquí tendes unha fantástica actividade. Le primeiro o poema e a continuación resposta ás preguntas do test de comprensión lectora. Cantas soubeches?

 

 

Empeza un novo curso

Sí amigos, xa comezamos un novo curso e "Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema deste ano de Bibliotecas Escolares de Galicia.

O cartel foi creado polo ilustrador e autor de banda deseñada FRAN BUENO

Esperámosvos na Biblioteca para traballar coa información, explorar o mundo e compartir o aprendido.

Contacontos e Convivencia CEIP Virxe do Carme

 O 24 de Abril con motivo de celebrar o Día do Libro asistimos a unha actividade de Contacontos organizada polo Concello e ademais contamos coa visita do CEIP Virxe do Carme de Sober. Rematamos a xornada de convivencia comendo todos xuntos no comedor do noso centro.

Aquí podedes ver o enlace completo.

 

 

 

VOLUNTARIADO LECTURA A PINGUELA

 O comezo do terceiro trimestre grazas a colaboración do IES da Pinguela puidemos disfrutar dun voluntariado de lectura, algúns dos alumnos da Pinguela pasaron polas nosas clases e disfrutamos dos Contacontos dunha maneira moi especial.

Podedes ver as fotos pinchando aquí.

Visita da ilustradora do conto "El gato Klops"

16/04/2015 10:30

Visita da ilustradora do Gato Klops!!!

Novo mobiliario sección Infantil

 Dende o Equipo da Biblioteca decidiuse adquirir novo mobilario para seguir aumentando e adaptando a sección Infantil. Cos novos caixóns os nenos e nenas de Infantil teñen maior acceso aos fondos acordes a súa idade, e facilitalles a súa mobilidade dentro da Biblioteca. Ademais tamén temos unha mesa e cadeiras novas para a nosa sección de lectura infantil.

 Esperamos que disfruten da súa instancia na Biblioteca!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut