Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Complementarias

SAMAÍN/HALLOWEEN

O xoves 29 pola tarde festexamos o Samaín/Halloween. Disfrazámonos e visionamos dous cortos: Danza de los muertos e Día de los muertos.

Durante esa semana tamén fomos recollendo os traballos de investigación e fomos poñéndoos no taboleiro.

Para acceder a todas as imaxes visita a GALERÍA.

 

Día da Biblioteca 2015

A finais do curso pasado chegounos ao centro o libro "Barxilón no mar do Latón" feito polos rapaces do IES As Brañas en Moaña en colaboración con outros centros dentro do seu Proxecto BARXAS EMPRENDE: CREACIÓN DE UNA EDITORIAL (pincha para saber mais sobre o Proxecto)

Así que este ano no día da Bilioteca decidimos contar o conto e facer algunha das actividades relacionadas co conto que aparecían na web no proxecto.

Podedes visitar tamén a web de Barxilón e o seu Facebook

Tamén recordamos o funcionamento da Biblioteca e anunciamos ós alumnos colaboradores deste ano.

 

Pincha aquí para ver todas as fotos. 

Magosto

13/11/2015 14:15

Hoxe se o tempo o permite festexaremos o Magosto

 

Recordade traer castañas se tedes.

Excursión Pazo de Tor

Aquí tedes as fotos da visita ao Pazo de Tor que fixemos en outubro.

Samaín/Halloween

29/10/2015 14:15

Hoxe pola tarde festexaremos o Samaín/Halloween. Recordade traer un disfrace para a festa da tarde e moitas ganas de pasalo terroríficamente ben.

 

Excursión Pazo de Tor

20/10/2015 10:00

O martes día 20 iremos de excursión ao Pazo do Tor. Visitaremolo pola mañá e estaremos xa de volta para a hora do xantar. Alí veremos as suas dependencias acompañados por monitores que nos explicaran a historia do Pazo.

 

       

 

  

Recordade familias mandar canto antes a autorización para poder xestionar o transporte.

Este ano acordouse en claustro mandar unha única autorización válida para todas as saídas que se fagan durante o curso. De tódolos xeitos, cando se vaia facer unha saída mandarase unha nota informativa ás casas para que cada familia valore se quere ou non mandar ao seu fillo/a á esa saída.

Concerto didáctico

O pasado 8 de maio fomos ata Sober, a un Concerto Didáctico a cargo da Banda de Música de Sober.

Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas. Tocaron pezas moi coñecidas por todos os nenos con visitas de personaxes tamén moi coñecidos, escoitamos como sonan cada instrumento por separado...

         

 

     

Tamén houbo voluntarios para dirixir un ratiño a Banda.

    

 

Fixérono estupendamente.

Ao rematar puidémos facer fotos....

E obserquiáronnos cunha nota musical en forma de prendedor.

Como sempre mais fotos na galería.

 

Contacontos e Convivencia CEIP Virxe do Carme

 O 24 de Abril con motivo de celebrar o Día do Libro asistimos a unha actividade de Contacontos organizada polo Concello e ademais contamos coa visita do CEIP Virxe do Carme de Sober. Rematamos a xornada de convivencia comendo todos xuntos no comedor do noso centro.

Aquí podedes ver o enlace completo.

 

 

 

Visita AVIFAUNA

O día 9 de Abril realizamos unha visita o Parque zoolóxico de Avifauna, foi un día moi divertido e aprendimos moito!!

Aquí vos deixamos o enlace.

CONFERENCIA "TRABAJO Y FELICIDAD"

O día 13 DE Abril celebrouse no centro unha conferencia sobre "Trabajo y Felicidad" de Ricardo Gómez, antigo alumno do Monte Baliño e tío dun dos nosos alumnos. A conferencia estaba dirixida o profesorado e familias do cnetro así como a outros profesionais da educación dos centros veciños.

Aquí vos deixamos o enlace

Distribuir contido


by Dr. Radut