Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Complementarias

DIA DE PISCINA

Como actividade de fin de curso este ano fomos pasar un día na piscina.

 

  

Pásamolo en grande.

Aquí tendes todas as fotos.

VISITA PARLAMENTO

Hoxe os nenos e nenas de 3º 4º 5º e 6º foron ata o Parlamento de Galicia a defender os nosos compromisos contra o Acoso Escolar.

  

Enlace á páxina da CRTVG

Mais fotos aquí

 

DÍA DA PAZ 2017

NADAL 2016

 

 

 

REDUCE, REUTILIZA, RECICLAAAAA

 Con estas charlas aprendimos cousas moi importantes dos  3 R: Reduce, Reutiliza e Recicla e os residuos que se deben depositar e o que non en cada colector.

 

VERDES: vidro pero non hai que depositar as tapas nin os vasos que son de cristal, non de vidro.

 AZUL: papel e os cartóns pero sempre que nonteñan restos de comida, tampouco servilletas nin panos usados xa que estes restos non son aptos para o reciclado.

AMARELOS: envases de plástico (envoltorios de galletas, iogures, xeles de baño...), metálicos (latas de conserva, botes de bebidas, aerosois...)

      

 

MAGOSTO 2016

            Festa de orixe pagá que logo foi cristianizada, e, como tódalas festas de carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser humano vai adquirindo consciencia individual e social . É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando ó sol, deus fecundador da terra.

                                                                                                                                             

 

CONCERTO DIDÁCTICO E CONVIVENCIA SOBER

O pasado venres 20 de maio fomos ata Sober a un concerto didáctico. Os músicos pertencían á Banda de Música de Sober e a Escola Municipal de Música.

   

 

Nel, a través do conto Musicolandia ensináronnos cousas dos instrumentos que forman parte dunha banda de música.

 

 

 

 

 

Algúns ata puidemos probar algún instrumento e dirixir aos músicos.

 

Ao rematar os rapaces e rapazas do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober invitáronnos ao Colexio. Alí comimos e despois tivemos unha tarde de convivencia na que nos coñecimos un pouquiño mais. Grazas pola súa hospitalidade.


Mais fotos na GALERIA e no blogue de Lectuvín

 

 

 

POEMAS ILUSTRADOS (MANUEL MARÍA)

Co gallo do Dia das Letras Galegas ilustramos diferentes poemas do libro Os soños na gaiola de Manuel María (homenaxeado deste ano)

 

VIDEO POEMAS MANUEL MARÍA

O mes pasado a tele local de Chantada Televinte veu ao colexio a gravar varios poemas de Manuel María. Este foi o resultado.

                    

             

ACTIVIDADES ABRIL BIBLIOTECA

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O venres 1 de abril os nenos de Infantil subiron ata a Biblioteca para xogar a un Bingo Literario!!! 

 

DÍA DO LIBRO(Semana do 23 de abril)

Este ano tivemos a nosa I Feira do Libro na que fixemos un intercambio de libros, a cal tivo unha boa acollida. Queremos dar as GRAZAS a todolos participantes.

O venres o Concello invitounos a unha sesión de títeres na Casa da Cultura.

E tamén tivemos a visita dos autores e ilustradores Dani Vieitez e Iria Iglesias, que nos ensinaron os pasos que se deben seguir para ilustrar un conto, e nos falaron un pouquiño sobre o seu traballo.

Distribuir contido


by Dr. Radut