Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

AMIGO INVISIBLE

 

Amig@ invisible!

 No noso cole aproveitamos todos os días

para agasallarnos con moitos xestos que

non son materiais, a diario rodeámonos

de amizade, de apertas, de axuda mútua,

respecto, alegría e aprendizaxes.

 

Aínda así, durante estas datas, como xa é un clásico, aproveitamos para regalarnos algún detalle material, pero sempre con un fin principal, centrándoo na elaboración propia, no material de refugallo e no esforzo e cariño que cada quen lle pon ao seu agasallo invisible!

 Este ano volvemos a propoñer a mesma actividade pero con un pequeno matiz:

 - Cada alumno e alumna elaborará un pequeno detalle, utilizando material de refugallo, que posteriormente colocaremos na nosa árbore no cole.

 - Os agasallos este ano non van dirixidos a ninguén en concreto, senon que cada quen, no seu turno, collerá un, ao azar. 

 - Tendo en conta que non sabemos a quen lle tocará, haberá que poñer en xogo a imaxinación e a creatividade que tedes!

 - Os detalliños haberá que traelos antes do día 21 ao cole, e se pode ser envoltos.

 Moitísimas grazas como sempre pola vosa colaboración!



page | by Dr. Radut