Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Blogue de Cris

Merendola con marmelo caseiro

O marmelo dos compañeiros e compañeiras de 3º e 4º, quedoulles delicioso. Déronnos a proba.
Botáronlle panela e pouca cantidade, asi que semellaba unha marmelada. Pero estaba riquísima, polo que aproveitaron para facer unha merendola antes do recreo na súa aula. 
Por suposto, hixiene, lavaron antes as mans coma sempre, e compartiron a comida e a felicidade do éxito do traballo en equipo.

A profe Maite preparoulles uns envases para levar a casa e desfrutar coa familia! 

HORTA EN APOXEO

A nosa horta e a nosa producción atópase nun gran momento de esplendor...As leitugas medraron un montón...O cambio climático e a temperatura que estamos tendo inflúen no crecemento anormal do que temos plantado.

MERENDAS TERRORÍFICAS POLO SAMAÍN

Arañas, morcegos, momias, nichos, meigas e demais monstruos de Samaín foron convocados no Monte Baliño para preparar unhas terroríficas e medorentas merendas polo Samaín.

Moi afanados en cada cova xunto cos mestres e mestras sabedores de apócemas fedorentamente deliciosas prepararon:

-Momias pizzeiras.

-Torradas arácnidas.

-Nichos de sandía. 

-Torradas pantasma...

A que non vos atrevedes a pasar medo comendo coma nós!!!!!?????? 

O NOSO XARDÍN, A NOSA HORTA

O Monte Baliño comezou as súas actividades de preparación e mantemento do entorno da escola, xardín e horta.

Actividades interdisciplinares e coordinadas realizadas dentro dos Proxecto "Voz Natura" e Plan Proxecta "Nutriescolas" no que participamos dende o CEIP PLURILINGÜE MONTE BALIÑO. Diferentes grupos, baixo supervisión de mestres e mestras, realizaron diversas tarefas: plantación de arbustos e plantas aromáticas (aproveitando como testos decorativos, neumáticos vellos decorados) e plantación de verduras de tempada e recollida de froitos como a cabaciña que podedes albiscar no video.

Marmelo caseiro no Baliño

 cativada de 3º e 4º, aproveitando que é tempo de marmelos, preparou un delicioso marmelo para logo dar conta del nas nosas sobremesas no comedor. Seguiron as instruccións dunha experta en realizalo na súa casiña, a súa titora a mestra Maite. Lavaron, cortaron, retiraron as sementes do corazón, partiron e puxeron nunha cacerola a lume lento xunto con panela (sustituto do azucre)…Remexeron, esperaron… ata conseguir a textura axeitada… et voilâ!

Esta actividade enmarcada no Plan Proxecta "Nutriescolas" e traballando coordinadamente co Proxecto "Voz Natura", nos que participamos, foi seleccionada e relacionada co proxecto de centro “Coñecendo a provincia: lucus Augusti”. A alimentación e o aproveitamento dos productos que nos da a terra son aspectos fundamentais na nosa terra galega. De aí, a realización de moitas propostas que parten de productos próximos que atopamos en terreos que rodean á nosa escola cedidos por mestres/as, familias… ou incluso da nosa pequena hortiña.

Ademais hai que engadir que as actividades realizadas, teñen un caracter interdisciplinar, xa que se traballan dende as diferentes áreas do currículo (Ciencias Naturais, Matemáticas, Linguas...)

Velaquí podedes ver o resultado. 

En canto ao sabor… iso so o podemos saber nós pero asegurámosvos que o disfrutamos!

MARMELO CASEIRO NO BALIÑO

CREMA DE CASTAÑAS

Os nenos e nenas de 1º e 2º xunto con seu titor Jimmy, levaban un tempiño investigando e aprendendo sobre o reino das plantas. En concreto e tendo en conta o Pdi da escola “Coñecendo a provincia: lucus augusti”, achegáronse as árbores galegas e lucenses máis comúns que atopamos nas montañas e preto dos ríos Sil e Miño. E como non, unha das árbores por ontonomasia é o noso coñecidísimo CASTIÑEIRO. Ai pero do castiñeiro obtense o froito da castaña… e a castaña está nun ourizo que pincha… como as sacamos de aí? Pois tamén o practicamos, saíndo a recollelos a un souto próximo. Como mola a natureza! 

E aí xurdiuna idea, rematar o miniproxecto cunha receita tamén típica, Crema de castañas, que logo aproveitamos para degustar nunha merenda compartida.

PRODUCTOS DA HORTA PARA USO NO COMEDOR

Leva traballiño... non imos dicir que non. E temos que sacar tempiño de onde non o temos...pero temos que destacar que o noso alumnado goza con estas tarefas no horto e gústalles observar como nacen e crecen na horta os productos que imos plantando.

Aquí vemos como temos pementiños, berenxenas, sandías, lombardas, acelgas... O noso cociñeiro está encantado porque llo levalos da HORTA Á COCIÑA sen pasar pola froitaría

O MILLO

Os pequenos e pequenas de 1º e 2º, xunto co seu titor Jimmy, investigan sobre o Reino Vexetal e decidiron profundizar no coñecemento deste producto, O MILLO e as súas posibilidades. 

Empregaron os sentidos para ver, ulir, manipular…facendo diferentes actividades co millo: debullar, contar, clasificar en grupos de 10 (aproximación á decena), debuxar, coñecer a planta e as partes (follas, carozo…) e ata aprendemos unha canción que conta moitas cousiñas de cal é o proceso a seguir para obter fariña do millo. Temos pendente intentala facer nós mesmos!

Foi unha actividade xenial!  

Distribuir contido

by Dr. Radut