Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Blogues

ARRINCANDO MALAS HERBAS

No coidado da horta, hai cousas divertidas e outras que non o son tanto pero que hai que facer....Aos nosos alumnos e alumnas parecéulles do máis entretido arrincar herbiñas malas que saen na terra e arrodean a nosa producción. A profe Maite, explicounos porqué é necesario.

Velaí os tendes traballando a reo...Aproveitamos tamén para regar un pouquiño...

 

MARMELADAS POLO DÍA DA FAMILIA

O 15 de maio celébrase o DÍA DA FAMILIA, e no Baliño facendo honra a pequena GRAN familia que somos, preparamos uns agasallos cheos de amor para as familias d@s nos@s rapaces/as: unhas saudables marmeladas de KIWI! E por suposto feitas cos kiwis recollidos no Baliño.

Relacionamos esta actividade con varios proxectos nos que participamos: Voz Natura (reciclados de botes de cristal e refugallo de revistas antigas para decorar o agasallo), Nutriescolas (elaboración de marmeladas) e o Pdi " Coñecendo a nosa provincia:Lucus Augusti" que parte da biblioteca (seleccionando froita que se da na nosa contorna). As etiquetas foron elaboradas polo alumnado de 5º de primaria empregando o programa Canva, no que deseñan habitualmente diferentes propostas de Biblioteca creativa.

Agardamos que vos guste e endoce moitos momentos en familia xuntos! 
Grazas por todo o que nos dades!

Achegamos as RECEITAS porque sabemos que vos van encantar:

INGREDIENTES:

  1. CON AZUCRE
  • 1 KG de kiwis lixeiramente maduros.
  • 500 grs de azucre (blanco/moreno). (nós empregamos so 25o grs)
  • 1 limón exprimido ou en metades a cocer.
  • 45 minutos de coción máis ou menos
  1. SEN AZUCRE
  • Engadimos unha culler de agave 
  • 2 mazás Fuji con pel

ELABORACIÓN:

-Ferver 10 minutos ou esterilizar no microondas 3 minutos a máxima potencia, mediados de agua.

-As tapas tamén hai que fervelas durante 10 minutos. Non empregar oxidadas nin dobradas.

-Para gardar sumerxir os botes cheos tapados nunha pota con auga cubríndoos ben.

-Cociñar durante 40 minutos.

-Ao enfriar poñémolos boca abaixo e comprobamos que non perden líquido polas tapas.

 

 

QR dos produtos da horta

A horta dixitalízase!! A rapazada creou códigos Qr dos produtos que prantamos na horta para que coa axuda das tabletas se poida acceder á información relativa á pranta en cuestión: características, nome científico....

 

 

 

FILIPINO FOOD DAY

No Baliño, este ano tivemos a sorte de contar coa presenza da nosa auxiliar de conversa Anj, procedente de Filipinas. 

E de novo, celebramos o Filipino Food Day que o ano pasado tivo tanto éxito entre o alumnado e profesorado. No menú do noso comedor, tivemos un primeiro, un segundo e unha sobremesa con sabor asiático, proposto por Anj e realizado, baixo a súa supervisión, a da nosa teacher Nati, da mestra encargada de comedor Maite e do noso cociñeiro Oscar, polo alumnado de 5º e 6º de primaria.

Por unhas horas, trasladámonos, sen movernos do cole a un país distinto ao noso empregando os sentidos do gusto e do olfacto. Experiencias culinarias distintas que nos axudan a descubrir diferentes sabores, texturas, ingredientes...

Estes foron os pratos que se serviron no comedor como guinda do pastel desta semaniña de maio:

  • 1º.Appetizer/starter: Egg drop soup
  • 2º.Main course: Pininyahang Manok
  • Sobremesa: Mais con yelo

 

Moitísimas grazas Anj pola túa dedicación e agarimo! Graciñas a Oscar o noso supercociñeiro, a Nati por supervisar todo, a Maite por encargarse de ter todo o necesario e a todo o profesorado e membros participantes na actividade. XUNTOS SOMOS "LO MÁS"!

 

 

Xira XIRASOL

Hoxe os nosos rapaces e rapazas prantaron un XIRASOL! Recordamos que as súas flores xiran en busca da luz do sol, que o seu froito son as pipas e que precisa pouca auga.

Estaremos moi pendentes do seu crecemento e coidaremos moi ben del!

 

ROBÓTICA NAS LENGUAS

Na aula de PT traballamos os campos semánticos e a enumeración (poñendo comas tras escribir cada elemento) coa axuda de GreenBot.

como o fixemos?

-Lanzamos dados e sumamos.

-Localizamos no panel a tarxeta que leva ese número.

-Programamos a Greenbot para facer o recorrido ata a tarxeta.

-Lemos o campo semántico que nos tocou: prendas vestir, alimentos, vehículos...

-Escribimos no noso caderno catro palabras relacionadas con ese campo separándoas con comas (enumeración)

 

Porque temos seguro que xogando tamén se aprende! 

 

SNACKS SAUDABLES CON FROITA

Como están indo uns días de primavera e calor, para as merendas de media mañá, os compis de 5º e 6º prepararon uns deliciosos snacks de froita fresca para coller forzas para levar o resto do día no Baliño.

Empregaron: amorodos, plátano, crema de cacahuete, chocolate fundido 85%.

O xeito de elaboralo:

-Nun molde colocamos papel de cociña.

-Laminamos os amorodos (ben lavados previamente) e o plátano.

-Colocamos as láminas de froita sobre o papel de cociña ata encher a base.

-Untamos con crema de cacahuete ou kéfir esa base.

-Fundimos o chocolate 

-Vertemos con coidado sobre a base 

-Refrixerar durante polo menos dúas horas.

PAPARRRR E DISFRUTAR EN COMPAÑÍA

 

 

SAÍDA ROSENDE (ESCOLA DE HOSTALARÍA)

Este mércores 24 de abril, os grupos de Infantil, 1º e 2º primaria e 3º e 4º primaria, realizaron unha visita/saída xunto con mestres e mestras á Escola de Hostalaría de Rosende, situada preto da nosa contorna. Intentando dar continuidade a tres dos proxectos do Baliño (Voz Natura, Nutriescolas e o Pdi "Coñecendo a provincia: Lucus Augusti").

 

Alí recibironnos con moito agarimo e ledicia, mestr@s e estudantes que se preparan para camareir@s e cociñeir@s. Tíñannos preparadas uns obradoiros relacionados coa alimentación e protocolo moi divertidos.

  • Obradoiro de "cookies" con chocolate: atendemos á mini introducción do que debemos facer para levar unha vida sana e saudable. Explicáronnos o proceso de facer galletas e puxémonos mans á masa.
  • Obradoiro dos sentidos: con vendas nos ollos poñemos a proba o noso sentido do gusto (cenorias, pemento vermello, menta, chocolate, amorodo...)
  • Obradorio de cocktails sin alcohol e batidos de chocolate e vainilla.
  • Obradoiro de espetos de froitas (amorodos, plátanos, piña e laranxa).

Pasamos unha mañá do mais divertida e aprendemos un montón.

Tomade nota da receita de GALLETAS:

  • 250 g de fariña
  • 125 g manteiga (moi fría)
  • 4 g sal
  • 80 g azucre glas

SABLAGE: mesturar cunhas rasquetas e logo coa xema dos dedos ata deixala cunha consistencia de area

Engadir un ovo e unha xema cando teña a textura mencionada. Amasar e non traballar demasiado a masa para non derreter a manteiga.

Cubrir cun film e deixar enfriar durante 2 horas. 
Enrolar en forma de cilindro.

Cortar e dar forma de galleta.

Engadir "toppings" ao gusto como p.ex. pedriñas de chocolate.

Levar ao forno.

 

 

 

PRIMEIROS AMORODOS DA NOSA HORTA

Hoxe a nosa compi de Infantil, Antonella, atopou dous amorodos na hortiña que xa servían para comer. Lavounos e probounos.. Cremos que lle deu unha boa nota!!! Gustáronlle moito!

Resultado final TESTOS DE REFUGALLO PARA PRANTAS

Velaquí está o resultado dos testos de latas de refugallo decorados polo noso alumnado.

Fantástico traballo que fai resplandecer e lucir máis as nosas flores, dando vida ao noso patio!!

Distribuir contido


by Dr. Radut