Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Blogues

GOT TALENT DECO REFUGALLO

Dende o departamento de música, propúsoxelles ao alumnado actividades artísticas a modo "Got Talent". A rapazada, voluntariamente e por decisión propio, decidiu elaborar cartaces e murais empregando cartóns de caixas de paquetes reciclados para a decoración das súas actuacións..

Velaquí os tendes atarefados e atarefadas pintando... Son ou non son uns artistas? NÓS TÉMOLO MOI CLARO

 

REPARTO DE LEITE NOS TEMPOS DE OCIO

Comeza o 1º período de reparto de LEITE nos tempos de lecer,

dende o 8 de xaneiro ata o 2 de febreiro de 2024

DECORACIÓNS NAVIDEÑAS CON MATERIAL DE REFUGALLO

Os máis pequenos e pequenas do cole xunto coa súa titora, realizaron diferentes elementos decorativos para Nadal de material de refugallo que seguro quedaron xenial nas súas casiñas durante as festas en familia.

Empregaron botellas de plástico para facer árbores de Nadal, reciclaron CD,s de música para facer bolas personalizadas para colgar das súas árbores familiares, flores co rolo de cartón dos papeis hixiénicos....CANTA CREATIVIDADE!!!  

Que importante é concienciar da posibilidade de lle dar un segundo uso as cousiñas e os materiais que nos atopamos na vida cotiá!

Podedes coller ideas para realizalos nas vosas casiñas e pasar un rato de diversión en familia.

Incluso aproveitaron o resto dun porexpan dun paquete para decorar a entrada da súa aula cunha árbore pintada por eles e elas mesmos.

Velaquí volos deixamos!

 

RECOLLIDA KIWIS

Facemos a colleita do noso kiwi, que nos da froita para as sobremesas do noso comedor. 

Grazas Natureza por todo o que nos das!!

 

 

PAN DE TRIGO CASEIRO

Pois cremos que este ano montaremos a nosa propia producción alimentaria...jajajaj. Entre os productos que nos dá a nosa horta e o que nos animamos a elaborar (marmelo, iogures...)... dádenos un pouco de tempo e xa o veredes! O pdi "Coñecendo a nosa provincia", lévanos a recordar coma os nosos antepasados elaboraban os seus alimentos na casiña, en familia, aproveitando as colleitas...

rapazada de 3º e 4º acompañada dos mestres animouse agora a facer nada máis e nada menos que o seu propio pan...Experimentar todos xuntos o proceso foi unha gozada e o rico que lles saíu ao final, un éxito total. 

A continuación, deixámosvos fotos do proceso e mailo resultado, acompañado dos ingredientes e pasos para que o poidades elaborar vós mesmos. So fai  un pouco de QUERER!

Ingredientes:

  • Fariña de trigo
  • Auga
  • Levadura feita con masa nai
  • Sal
Pasos elaboración:
1. Disolver sal en auga temperá. Botar nun bol a fariña e facer un volcán cun cráter.
2. Engadir auga e a masa nai, mesturando pouco a pouco e engadindo fariña ata que non se peguen as mans.
3. Cando teñamos unha masa compacta, deixar repousar durante 2 horas (canto máis repouso mellor)
4. Amasar pouco facendo formas ou dividindo a masa en dúas. 
5. Deixar repousar 30min mentres prequentamos o forno
6. Marcar os panes e meter ao forno.
 

OUTONO NATURAL E MAGOSTO DE REFUGALLO

Os pequenos e pequenas de Infantil, saíron ao patio do Baliño para recoller follas de Outono, secáronnas e realizaron estas obras de arte...

 

Para a festa do Magosto, realizaron diferentes decoracións con elementos da natureza e caixiñas para as castañas de refugallo con cartóns.

Merendola con marmelo caseiro

O marmelo dos compañeiros e compañeiras de 3º e 4º, quedoulles delicioso. Déronnos a proba.
Botáronlle panela e pouca cantidade, asi que semellaba unha marmelada. Pero estaba riquísima, polo que aproveitaron para facer unha merendola antes do recreo na súa aula. 
Por suposto, hixiene, lavaron antes as mans coma sempre, e compartiron a comida e a felicidade do éxito do traballo en equipo.

A profe Maite preparoulles uns envases para levar a casa e desfrutar coa familia! 


HORTA EN APOXEO

A nosa horta e a nosa producción atópase nun gran momento de esplendor...As leitugas medraron un montón...O cambio climático e a temperatura que estamos tendo inflúen no crecemento anormal do que temos plantado.

MERENDAS TERRORÍFICAS POLO SAMAÍN

Arañas, morcegos, momias, nichos, meigas e demais monstruos de Samaín foron convocados no Monte Baliño para preparar unhas terroríficas e medorentas merendas polo Samaín.

Moi afanados en cada cova xunto cos mestres e mestras sabedores de apócemas fedorentamente deliciosas prepararon:

-Momias pizzeiras.

-Torradas arácnidas.

-Nichos de sandía. 

-Torradas pantasma...

A que non vos atrevedes a pasar medo comendo coma nós!!!!!?????? 

MARMELO CASEIRO NO BALIÑO

 

cativada de 3º e 4º, aproveitando que é tempo de marmelos, preparou un delicioso marmelo para logo dar conta del nas nosas sobremesas no comedor. Seguiron as instruccións dunha experta en realizalo na súa casiña, a súa titora a mestra Maite. Lavaron, cortaron, retiraron as sementes do corazón, partiron e puxeron nunha cacerola a lume lento xunto con panela (sustituto do azucre)…Remexeron, esperaron… ata conseguir a textura axeitada… et voilâ!

Esta actividade enmarcada no Plan Proxecta "Nutriescolas" e traballando coordinadamente co Proxecto "Voz Natura", nos que participamos, foi seleccionada e relacionada co proxecto de centro “Coñecendo a provincia: lucus Augusti”. A alimentación e o aproveitamento dos productos que nos da a terra son aspectos fundamentais na nosa terra galega. De aí, a realización de moitas propostas que parten de productos próximos que atopamos en terreos que rodean á nosa escola cedidos por mestres/as, familias… ou incluso da nosa pequena hortiña.

Ademais hai que engadir que as actividades realizadas, teñen un caracter interdisciplinar, xa que se traballan dende as diferentes áreas do currículo (Ciencias Naturais, Matemáticas, Linguas...)

Velaquí podedes ver o resultado. 

 

En canto ao sabor… iso so o podemos saber nós pero asegurámosvos que o disfrutamos!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut