Skip to Content

Rúa Cardeal Páramo Somoza Nº12 Pantón 27430 (Lugo)              ceip.monte.balinho@edu.xunta.gal  Telf.:982828216/15

Blogue de Cris

O MILLO

Os pequenos e pequenas de 1º e 2º, xunto co seu titor Jimmy, investigan sobre o Reino Vexetal e decidiron profundizar no coñecemento deste producto, O MILLO e as súas posibilidades. 

Empregaron os sentidos para ver, ulir, manipular…facendo diferentes actividades co millo: debullar, contar, clasificar en grupos de 10 (aproximación á decena), debuxar, coñecer a planta e as partes (follas, carozo…) e ata aprendemos unha canción que conta moitas cousiñas de cal é o proceso a seguir para obter fariña do millo. Temos pendente intentala facer nós mesmos!

Foi unha actividade xenial!  

Excursión Granxa O Palomar e produtos lácteos

Grazas a ANPA da nosa escola, os pequenos e pequenas habitantes do Baliño, realizamos unha excursión a unha granxa próxima situada na Láncara e chamada O Palomar.  Seguimos coñecendo a nosa galicia, e en concreto a nosa provincia, Lugo, achegándonos ao noso entorno, abrindo as portas das aulas e aprendendo fóra delas. O noso pdi "Coñecendo a provincia: Lucus Augusti" parece que nos pode dar para moito.

O Palomar, é unha granxa familiar de gando vacún de leite en intensivo, con recría en extensivo e sistema de muxido. Realizamos diferentes actividades: interactuar coas vacas e alimentar aos xatos con biberón, obradoiro de muxido dunha vaca, escoitar video-conto en primeria persoa da vaca Salomé, obradoiro de facer queixo fresco a mans da avoa Carme (escoitando as súas directrices e experiencias) e finalmente degustando uns deliciosos produtos derivados do leite: queixo, tortas, biscoito, leite fervido, iogures naturais... 

Vaia paparota de merenda!!!

Canto aprendemos e que ben nos trataron...

Excursión granxa Palomar e productos lácteos

Regadío e plantación de acelgas

Estamos a tope coa nosa horta. Desta volta tocou darlle auga, así que puxémonos mans á obra e a REGAR.

Tamén plantamos acelgas, das que damos boa conta no noso comedor.

ALOE VERA E PLANTACIÓN FLORES INVERNO

O noso ALOE VERA creceu moito e pedíanos un cambio de testo, así que... tivemos que facer o CAMBIO.

Tamén plantamos algunhas plantas de inverno...e aproveitamos para lle botar unha auguiña ao noso horto.

OBTEMOS FROITOS: CABACIÑAS

Recordaredes que ao final do curso pasado, plantamos no cole sementes de cabaciña, vímolas comezar a medrar e cada alumno e alumna do Baliño, levou para a súa casiña a súa plantiña para transplantar e seguila vendo medrar ata obter froito.

Pois aquí, vos deixamos unha mostra visual da pedazo cabaciña que a nosa compañeira Rebeka, cultivou na súa casiña e compartiu con nós.

RECICLAMOS ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO

Na aula de Infantil, os pequechos e pequechas xunto coa súa titora Ana, reciclaron rolos de papel hixiénico para facera animais do bosque. 

Que bonitiños lles quedaron e que anaquiño de tempo tan divertido pasaron!

LEITUGAS DE INVERNO E PEREXIL PARA A COCIÑA DO BALIÑO

Comezamos a cultivar na nosa pequena horta...LEITUGUIÑAS DE INVERNO, para os pratos de ensaladas do noso comedor escolar. 

Como nos gusta aprender facendo e logo poder probar os nosos propios alimentos tras a colleita!

Ademais, tamén coidamos da nosa plantiña de perexil para acompañar os pratos que elabora o noso cociñeiro.

O que a natureza nos dá

Na semana adicada ao día da Muller (8 Marzo), no Monte Baliño e relacionado co noso PDI anual "Miña terra Galega", recibimos a visita de varias mulleres para falarnos do seu traballo. Entre elas contamos con Puri, dona da explotación familiar Puluán, situada na parroquia monfortina da Reigada. 

Explicounos o seu traballo de primeira man, coñecemos a orixe de alimentos como o leite e o queixo, e sumerxémonos na organización e funcionamento dunha granxa da nosa terra, permitíndonos coñecer a nosa contorna máis próxima.

Puri deixóunos de agasallo uns queixos da súa producción que degustamos como sobremesa ese mesmo día, acompañados con marmelo. Unha delicia moi propia da nosa Galicia

Distribuir contido

by Dr. Radut