Skip to Content

2º primaria

Radio ARRABAL 15

Décimo quinto programa da Radio Arrabal deste curso 2020-2021. Programa especial con moitos contidos sobre o día da Paz e a non violencia. A voar nas ondas do Arraballll!!!!

 

FESTIVAL DE NADAL 2020

FESTIVAL DE NADAL 2020

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Aquí tedes os videos da celebración do pasado venres, 5 de xuño de 2020. Xa vedes que somos uns ecoloxistas convencidos. Moitas grazas a tod@s e non esquezades disfrutar da natureza.

MAGOSTO 2019

CHEGOU O MAGOSTO

Onte, día 22 de outubro de 2019, subimos ao Curro da Valga para celebrar o Magosto. Por primeira vez o noso curso (3º) subimos andando ata o curro. A subida foi moi cansada pero divertida.

Ao chegar arriba pasámolo moi ben facendo cabañas, xogando cos amigos e comendo castañas. Antes de marchar tiznámonos coa borralla da fogueira e Pablo dice que eran as sete da tarde e ainda tiña a cara sucia e carbón nos bolsillos. Gael dice que colleu moitas landras e que foi unha pena que Carla non subira.

Si queres ver máis fotos clica na imaxe.

Ata logo amigos!

CARLA, PABLO e GAEL de 3º de primaria.

MAGOSTO 2018

Outro ano máis celebramos o magosto. Subimos ao Curro da Valga uns andando e outros en bus. Ao chegar ao curro xogamos ao escondite, fixemos cabañas e comemos as castañas tod@s xunt@s.

Non podía faltar o de emporcallarnos coa borralla de asar as castañas, que día máis divertido!!!

CLICA na imaxe e verás as fotos.

SAMAÍN 2017

O SAMAÍN chegou e a sangue nos conxelou.

Polo cole apareceron, catrinas, bruxas, demos, monstruos, vampiros e vampiras, momias e todo tipo de seres terroríficos...a festa estaba servida.

Comezouse a escoitar unha marcha fúnebre e o alumnado de 4º coa súa comparsa foi invitando aos distintos cursos a visitar o "pequeno museo do terror". Alí os nenos e nenas de 5º e 6º deixáronnos tremendo de medo coa súa exposición terrorífica.

Co medo no corpo chegou a hora de comer...sesos?, sangue?, tripas humanas?, noooo!!! Foi unha merenda riquísima preparada polos pais e nais e que devoramos como lobos e lobas.

Despois chegou a hora de facer as fotos e bailar ao ritmo da música siniestra. Que día máis divertido!

Aquí tedes unhas cuantas fotos para disfrutar e recordar.

Aquí quedan os videos da festa e do "Museo dos pequenos horrores". 

 

MAGOSTO 2017

 

Aproveitando este outono cálido celebramos o Magosto antes de que fora San Martiño.

 

Como tódolos anos o sitio para celebralo foi o curro da Valga. Alí disfrutamos cos amigos e amigas do cole. Xogamos, comemos e fixemos as cabañas.

 

Xa pola tarde chegamos ao cole tiznados e felices como perdices.

 

Aquí tedes unhas cuantas fotos onde se ve o ben que o pasamos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut