Skip to Content

2º primaria

MARZO: TIMBRE MUSICAL

Acaba de comezar marzo e sen dúbida estamos ante un mes moi importante, xa que o día 8 conmemórase o “Día Internacional da Muller”.

O timbre musical abordará dita cuestión, xa que este permite traballar todas as conmemoracións rexistradas na orde do calendario escolar, dende unha perspectiva lúdica e amena.

 A continuación poden observar a música escollida:

11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O pasado 11 de febreiro conmemoramos no centro o Día da Muller e da Nena na Ciencia. O alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria, baixo o marco de Proxecta + (Donas de si: Valiosas),  efectuou entrevistas a mulleres importantes da súa vida.

Nelas reflexionaron sobre o papel da nena na ciencia co obxectivo de fomentar o espírito crítico do noso alumnado.

Todas as entrevistas recompiláronse nun caderno conxunto que rotará por todas as aulas do centro, coa finalidade de que todas e todos xuntos poidamos enriquecernos e seguir avanzando.

FROITAS CREATIVAS

O alumnado de segundo desenvolveu dentro do proxecto de alimentación de ciencias da natureza unha actividade de educación artística titulada "Froitas creativas" onde se empregaron diversas técnicas plásticas.

 

O FÍO VERMELLO

O FÍO VERMELLO.
 
Poema de Rosalía de Castro instrumentado, cantado e interpretado polas nenas e nenos de segundo de primaria. 
 
NORABOA POR ESTE TRABALLAZO TAN CRETIVO, ORIXINAL E ÚNICO.
 
 

CONCURSO A NOSA ROSALÍA

TERCER POSTO NO CONCURSO DE "A NOSA ROSALÍA"

O alumnado de segundo e a súa mestra hoxe están de celebración. Nada máis e nada menos que terceiros de toda a provincia de Pontevedra, polo que participaron moreas de centros, cativas e cativos.

Un concurso cheo de amor pola nosa Rosalía, Rosalía de Castro, repleto de arte, de música, de reivindicación do papel da muller na sociedade e sobre todo un concurso cheo de devoción pola nosa lingua: o galego. Ademais todo o acto foi signado para que a mensaxe da nosa Rosalía non teña fronteiras nin barreiras de ningunha índole. 

NORABOA por este recoñecemento tan grande a todas as cativas e cativos de segundo que co seu esforzo, entrega, ilusión e creatividade lograron alcanzar o terceiro posto dun podio repleto de artistas. 

A continuación podedes ver o acto da entrega de premios que se celebrou hoxe 23 de febreiro na Deputación de Pontevedra.

 

NORABOA OUTRA VEZ PEQUENOS GRANDES ARTISTAS!!!!

Recordade:

Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino.

Rosalía de Castro.

 

 

A continuación queda o link a noticia da Deputación de Pontevedra.

https://www.depo.gal/es/-/noticia-a-deputacion-celebra-a-rosalia

PROGRAMA COCIÑARTE

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE
 
Arranca o primeiro programa de CociñArte. Un espazo audiovisual onde poderás experimentar e crear na túa cociña gozando da lingua galega. Quédate con nós para ver esta deliciosa receita de TORRADAS DE AGUACATE da man de Uxía, de segundo curso. 
 
Pero antes de comezar... 
 
Sabedes onde se orixinaron as torradas?
As torradas teñen a súa orixe na época pehistórica e o seu modo de preparación non dista moito do proceso actual.
A primeira torradora inventouse en 1893 en ESCOCIA. O seu inventor foi Alan MacMasters.
 
 
  
 
Bo proveito!!

Lectura na penumbra

Novas formas de ler

Experimentamos todos os escenarios e modos de lectura posibles e intentámolo cos imposibles, somos así...

Xa limos de forma individual, en parellas, en tríos, en grupo, de forma cooperativa, cada un de forma individual co mesmo libro e tamén de forma colectiva con libros diferentes. Limos comezando o libro polo comezo, polo final ou de forma aleatoria. Limos no patio ao sol, na biblioteca, na clase, no corredor, limos a escuras, limos con lanternas. Que nos quedaba por facer..? 

Ler un libro que empregase a luz para descubrir os seus segredos!! Limos este libro que nos deixou totalmente abraiados e abraiadas.

Un libro que nos contaxou tanta maxia que durante esta experiencia non deixaron de surdir preguntas que estamos intentando resolver...

Como se cargan as imaxes coa luz?

Como ten tanto poder a luz?

Como é posible que agora vexamos algo que sempre estivo ahi?

Dentro vídeo!! Guiño

DiverMates

Parttern Blocks

Hoxe pasámolo en grande xogando e experimentando cos parttern blocks. Tocamos e creamos con estes bloques xeométricos que nos descubriron un sin fin de posibilidades coas que deixamos voar moi alto a nosa gran creatividade. 

Dentro vídeo! 

DESEÑAMOS XOGUETES

CREANDO XOGUETES
 
O alumnado de segundo deseña e crea xoguetes que non se vinculan a ningún xénero.
Xoguetes que rompen cos estereotipos sexistas e que nos invitan a xogar e disfrutar. Xoguetes que nos convidan a soñar cun mundo mellor.
Ademáis nenas e nenos transformánse en auténticos publicistas vendendo e presentando "o mellor xoguete do mundo".
 
Unha actividade difenrete na que aprendimos moito, divertímonos e deixamos voar a nosa creatividade e imaxinación, deixando a nosa pegada nos nosos xoguetes que reflexan os nosos gustos persoais e a nosa esencia máis pura. 
 

UN MUNDO DE PAZ

UN MUNDO DE PAZ

Ti que podes facer para contirbuir a paz do mundo?

Distribuir contido


by Dr. Radut