Skip to Content

5º primaria

REBUMBIO MATEMÁTICO

         
 

 REBUMBIO MATEMÁTICO

      

 

 

 

Este curso o noso cole volveu participar no rebumbio matemático, os seleccionados fomos: Roberto, Iago e Alma.

O día 24 de abril foi a primeira proba en Vigo; resolvemos 6 problemas, algúns chupados e outros un pouco máis complicados.

6 de maio darán os resultados e se todo vai ben iremos a final a A Coruña.

A VER SE TEMOS SORTE!!!

 

Roberto, Iago e Alma 6º de primaria, curso 2014 - 2015

 

VISITA AO CASTRO DE SANTA TEGRA

         
 

OS NENOS E NENAS DE 5º E 6º VISITAN O CASTRO DE SANTA TEGRA

      

 

 

VISITA AO CASTRO

 

O castro de Santa Tegra by Slidely Slideshow

 

 

OBRADOIRO DE MODELADO DE ARXILA

 

OBRADOIRO DE MODELADO DE ARCILLA by Slidely Slideshow

A VIAXE DE SEXTO

 

A VIAXE DE 6º E. PRIMARIA

 

 

 

 

 

 

REBUMBIO MATEMÁTICO I

 

 

 

 

         O pasado 23 de maio, fomos a A Coruña ao Forum Metropolitano, para disfrutar da fase final do “Rebumbio Matemático”. Participamos os 15 grupos seleccionados.

Despois de resolver os problemas leváronnos  á “ Casa dos Peixes” , onde fixemos una visita

guiada e comimos no restaurante.

 

Máis tarde, na zona do museo, fixeron a entrega dos premios e agasallos do concurso,

!que mágoa¡ non quedamos entre os tres primeiros postos.

 

Ao rematar marchamos a casa, e despois dun longo camiño de volta, tomamos una merenda na

casa dun compoñente do equipo.

 

  Marius, Cedric e Marcos P.

 

 

 

                 

 

 

             

 

 

                          

VISITA AO IES 1º DE MARZO

 

 SAÍDA AO IES DE MARZO

 

O mércores 28 de maio fomos de visita ao instituto. Cando chegamos esperamos na entrada cos nenos e nenas dos coles de Sabarís e Fontes porque iamos facer a visita con eles.

Chegou Chus, a vicedirectora  e saudounos; levounos á biblioteca e alí tivemos una charla de presentación co director, Chus e Ana, a orientadora. Ensináronnos as distintas plantas do instituto e as clases de 1º,  onde estaremos o vindeiro curso.

Na hora do recreo fomos ao patio, tomamos un piscolabis e saudamos e falamos cos antigos compañeiros. Sacamos unhas fotos e visitamos as aulas de plástica, música e o laboratorio de bioloxía.

De volta á Biblioteca,  a profesora encargada explicounos o seu funcionamento

Despedímonos e regresamos  ao colexio.

¡Pronto nos veremos alí!

 

Autores 

Manuel e Xosé

 

 

 

 

 

REBUMBIO MATEMÁTICO

 

 

 

 

 

 

Somos Marcos P., Cédric e Marius.

 

O pasado venres 25 de abril participamos no Rebumbio Matemático, un concurso de matemáticas, na XIV edición. Escollimos como nome para o equipo “Maths Team”.

 Fomos a Vigo e fixemos a fase de zona no C.P.R. Rosalía de Castro. Tivemos que resolver seis problemas en dúas horas. Saíunos bastante ben.

Onte saíron os resultados da proba e para a nosa sorpresa clasificámonos para a fase final no Fórum da Coruña, que será o 23 de maio.

 Esperamos obter bos resultados!!!

SAÍDA A A CORUÑA DO 3º CICLO

 

  
   

 

 



 

 

 

 

Aquí vos deixo a crónica que fixeron  Yago Caeiro e Anxo Teruel, dous alumnos de 6º, sobre a viaxe.

 

O mércores 23, os alumnos e as alumnas do terceiro ciclo fomos de excursión a A Coruña.

Sobre as 8:30, o autobús recolleunos no colexio aos nenos e ás nenas que vivinos no centro do concello de  Oia, e aos outros compañeiros e compañeiras, fómolos recollendo polas súas respectivas paradas. A viaxe durou máis ou menos 2h 30min.

O autobús deixounos preto do “MUNCYT” (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía); sacamos algunhas fotos e entramos. Alí, deixamos as mochilas e dividímonos en  dous grupos.

Vimos distintas cousas: a parte dianteira dun avión  “Boeing 747”, un ordenador, unha locomotora, un dos primeiros coches que se empezaron a facer en serio e robots; tamén fixemos un taller sobre a flotación da auga.

Ao rematar, sobre as 13:30, fomos para a sala de pícnic a xantar.

Posteriormente xogamos nun parque, mentres os profesores comían nun bar ao lado. Cando acabaron visitamos a torre de Hércules .

Sacamos fotos; o profesor Alex contounos información da torre de Hércules e vímola.

Algúns compañeiros  mercaron unha pequena torre de Hércules de recordo.

Despois fomos a praza “María Pita”. Alí estaba o enorme concello de A Coruña. Demos un paseo e estivemos algún tempo xogando no parque.

O autobús recolleunos e polo camiño o condutor púxonos a película “ICE AGE 4”.

Á chegada fomos deixando aos compañeiros/as nas súas respectivas paradas.

 

Esta foi a nosa excursión a A Coruña.

 

 

 

     
               

VIAXE A A CORUÑA on PhotoPeach 

VIAXE A A CORUÑA on PhotoPeach 

VISITA Á INSTALACIÓN DE PLACAS SOLARES

 

  
   

 

 




 

 



Hoxe, os alumnos e alumnas que se encontran dentro do grupo das actuacións dos contratos - programa, na modalidade de mellora do nivel de coñecementos para alcanzar a excelencia; visitaron unha instalación de placas solares no monte da Valga. Unha vez alí, o técnico de mantemento da instalación e o monitor da actividade explicaron aos nosos alumnos o funcionamento, rendemento... e mantemento dunha instalación de placas solares.

   

 

     
               

 

Instalación de placas solares on PhotoPeach 

CHARLA PARA O ALUMNADO DE TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA SOBRE O PROGRAMA “ NAVEGA CON RUMBO "

  
   

 

 


 

 

 

 

 

Para obter máis información prema na imaxe

 

 

 

 

     
               

 

 

 

 

 

 

 

 

EXCURSIÓNS DO 3º CICLO

 

Teatro para escolares no García Barbón


Os nenos e as nenas asistiron a un concerto, no que o grupo Odaiko realizou un percorrido musical pola historia da humanidade dende os seus inicios; centrándose especialmente na relación existente dende sempre, entre o ser humano e o mundo da percusión. Acompañado por un narrador en off, Odaiko fixo unha divertida escenificación, chea de ritmos e sons de percusión moderna, onde a imaxinación, a creatividade e a curiosidade foi a base do espectáculo.

 

 

 

Excursión a A Coruña


En plena "cicloxénese explosiva" fomos a A Coruña, visitamos o Aquarium Finisterrae; o Domus, e a Casa das Ciencias.

  A pesar do mal tempo pasámolo xenial.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut