Skip to Content

3º primaria

O PARLADOIRO 2020 - 2021

Clicka na imaxe para leer O PARLADOIRO 2020 -2021

Radio Arrabal #30

Último programa da Radio Arrabal deste curso 2020-2021. Un ano para o recordo, de moitas emocións e con moitas cousas que contar. A historia da radio escríbese en Oia e, máis concretamente, no CEIP Mestre Manuel García. Gracias a todxs xs navegantes das ondas do Arrabal por capear as marusías e por estar aí cada semana. Volvemos para o curso que ven. E como di Pablo Terremoto, adeusssssssssssssssssssssssss!

Radio Arrabal #29

Programa número vinte nove da Radio Arrabal. Neste programa entrevista a uns moz@s escaladores e multideportistas de aquí do lado que saben ben das riquezas que ten a nosa terra. E coma sempre moitos contidos especiais e divertidos. A voar nas ondas do Arraballlll!!!!

Radio Arrabal #28

Programa número vinteoito da Radio Arrabal. Este programa ten unha valor moi especial xa que entrevistamos ao capitán do barco do noso cole, ao director de orquestra, a Manuel Fajar Salcidos. E coma sempre, contidos de moita actualidade e moi interesantes. Xa non queda nada e moi atentos que para a semana recollemos os comprobantes das participacións do concurso da radio. A seguir surfeando nas ondas do Arraballllll!!!!

Radio Arrabal #27

Programa número vintesete deste curso 2020 - 2021 da Radio Arrabal. Despois dunhas semanas moi movidas seguimos con máis forza ca nunca. Coma sempre contidos actualizados e de total actualidade e moi interesantes. A voar nas ondas do Arraballlll!!!!

VISITA DE CÉSAR ÁLVAREZ DE MOUGAS

O pasado mércores visitounos no colexio César Álvarez, veciño de Mougás e antigo alumno do noso colexio. Agora adícase aos traballos verticais e á construcción de rocódromos e foi o que fixo a instalación de boulder do ximnasio. Acercouse ata Oia para contestar ás preguntas das nosas periodistas da Radio Arrabal Lúa e Daniela. Foi unha entrevista moi animada e como César é un excelente escalador estivemos moi atentos aos seus consellos.

Como remate deu unha maxistral clase de boulder aos nenos e nenas de 3º de primaria. Ensinounos os "pés de gato"(calzado específico de escalada), fixemos un quecemento e despois contounos uns pequenos trucos para movernos mellor polo boulder.

Gústanos tanto a escalada que a visita deste escalador do noso pobo motivounos a seguir practicando  a escalada.

Moitas grazas César, esperamos verte de novo polo boulder do noso colexio.

Radio Arrabal #25

Programa vixésimo quinto da Radio Arrabal. Parece que foi onte cando comezamos con esta tolemia e non hai nada que nos pare. Este ano non sabemos a onde imos chegar, pero algo é certo, imos chegar moi lonxeeeee. A voar e gozar cos contido desta semana!!!!

 

Radio Arrabal #24

Un novo programa da Radio Arrabal e xa levamos vintecatro, e coa mesma ilusión e ganas do primeiro día. Achégase xa o final de curso e atentos: moi pronto celebrarase a Gala dos Premios da Radio con moitas sorpresas e premios para tod@s. Así que a participar e a voar nas ondas do Arrabal!!!!!

Radio ARRABAL #22

Volvemos das vacacións e con moita forza para rematar este último trimestre. Com sempre contidos de moita actualidade e moi interesantes. E moito coidado que os máis pequenos do equipo veñen pisando moi forteeeee!!! A voar nas ondas do Arrabal!!!! 

ARTE no CAMIÑO

Traballo realizado pol@s alumn@s de 3º e 4º de ED. PRIMARIA.

Hecho con Padlet
Distribuir contido


by Dr. Radut