Skip to Content

3º primaria

PINTANDO ÁRBORES CON PINCEIS ~ MEDIO AMBIENTE

O alumnado de terceiro escolleu a temática da reciclaxe como o coidado principal do medio ambiente. Así de fermosas quedaron as súas creacións. 
 

DÍA MUNDIAL DA RADIO NO ARRABAL

Dende o 13 de febreiro de 2011 vense celebrando, promovido pola UNESCO, O DÍA MUNDIAL DA RADIO. Onte 13 de febreiro na RADIO ARRABAL sumámonos a esta celebración coa emisión en directo dun programa especial. Especial polo seu contido e por ser no que máis alumnado interviu. As nenas e nenos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º foron os protagonistas desta emisión. Disfrutadea e estade moi atentos para responder á pregunta do concurso. FELIZ DÍA DA RADIO e bo entroido!!!

 

Día Internacional do Cáncer Infantil.

O alumnado de terceiro e a nosa titora, Nuria, unímonos ao Pañuelo Challenge da Fundación Aladina para apoiar aos nenos e as nenas enfermos de cáncer. Realizamos un debuxo e escribimos unha mensaxe que a profe lles fará chegar a eses nenos e nenas mediante a fundación Aladina para mostrarlles o noso amor e apoio.

LOCURAS POLA CIENCIA

O alumnado de terceiro arranca cun programa de experimentos que iremos subindo á páxina web para que toda a comunidade educativa poida seguilos. Animámosvos a realizalos xa que son moi divertidos e didácticos. En cada capítulo aparecerá un cienctífico ou científica que nos explicará o experimento realizado.No capítulo 1, Marie Cuie, realizará un experimento sobre o ciclo da auga. Agardamos e vos guste e vémonos no siguiente episodio de LOCURAS POLA CIENCIA. O teu navegador non soporta este vídeo.

UN ENTROIDO DE PELÍCULA

Hoxe disfrazámonos das nosas personaxes favoritas. Moitas películas, moitas historias. 

Horto do cedo

Xa temos a nosa horta a producir. Empezamos co horto do cedo que se planta no inverno e se recolle na primavera. Plantamos leituga, cebola, acelga, coliflor, repolo, brecol e patacas. Agora necesitamos sol e que crezan. 

Si queredes participar no proxecto consultade co alumnado de 1º e 3º, elxs foron os agricultorxs. 

PROGRAMA VOZ NATURA | CEIP PLURILINGÜE A LAXE

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Horto do cedo

PROGRAMA DIRECTO ESPECIAL NADAL

Sen darnos conta chegou o NADAL e con el o primeiro programa en DIRECTO da RADIO ARRABAL. BEEEENNN!!!

Vén cargadiño de seccións e se o escoitas ata o final terás unha entrevista sorpresa cun personaxe entrañable (jou, jou, jou).

 

 

Disfrutade das vacacións, pasade moito tempo coa familia e vémonos para o ano que vén.

FELICES FESTAS!!!

OBRADOIRO DE RAP

NOVA TERRA PARA A HORTA

Como xa sabedes a nosa horta está nun terreo de escombreira e o sustrato non é moi bo. Está composto por restos da obra do colexio e terra mala. A solución é ir engadindo terra boa e algo de abono para que as nosas plantiñas podan alimentarse.

Dentro de nada comezamos a plantar.

BEEEEEENNN!!!

20 DE NOVIEMBRE - DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

Dende a aula de terceiro e empregando a música como ferramenta de comunicación queremos defender e loitar polos dereitos de esas nenas e nenos que se atopan en situacións de vulnerabilidade.

Cantando polos que non teñen voz.

Bailando polos que non teñen liberdade.

Loitando polos que ven os seus dereitos vulnerabilizados.

Distribuir contido


by Dr. Radut