Skip to Content

RESERVA PRAZA PARA O CURSO 24-25

A continuación publícase a oferta dos postos escolares para novo alumnado dentro do curso 2024 - 2025. O prazo será dende o 1 de marzo ata o 20 do mesmo mes. Deixámosvos o link a sede electrónica onde poderedes realizar o trámite online, se así o preferides, e conseguir os impresos a cumplimentar. 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

 

ENTROIDO 2024

Este venres, 9 de febreiro, celebramos o Entroido todxs xuntxs no cole. Comemos lambonadas típicas deste tempo e para baixar tanta caloria, fomos bailar e disfrutar desta tradición tan querida. Por mor do mal tempo houbo que suspender o desfile polas rúas do Arrabal e as familias non poideron asistir. Quedamos no pavillón e aquí tedes unhas fotos para o recordo.

Álbum: CURSO 2023-24 -> ENTROIDO 2024

XA VEÑEN OS REIS

Xa veñen os reis, cargadiños de agasallos e boas novas para o ano que ven.

No cole de Oia apareceron por sorpresa as súas maxestades e deixaron un cargamento de ilusión. Por iso queremos agrader á corporación municipal que se preocupara de avisalos e facilitarlles a súa viaxe. Grazas á alcaldía pola súa colaboración nesta sorpresa.

Xa sabedes portarvos ben e non deixedes de celebrar nestas vacacións. BO NADAL!!!

AVÓ DEIXA DE RONCAR QUE CHEGOU O NADAL

Aquí tedes o video onde aparece todo o alumnado do cole celebrando a chegada do Nadal. Foi un festival estupendo e ao final o avó despertou.

BO NADAL A TODAS!!!

 

POLO SAN MARTIÑO XOGOS AO CAMIÑO

Magosto en Galicia - Pazo de Sedor | Turismo Rural Galicia

A pesar das inclemncias do tempo, fixemos o MAGOSTO no colexio.

O alumnado de sexto de primaria, axudado polos profes, dirixiron unha marabillosa xornada de xogos populares.

Como tivemos que pasar por seis estacións e o tempo era limitado quedamos con ganas para repetir o ano que ven.

Feliz SAN MARTIÑO!!!

Álbum: CURSO 2022-2023 -> MAGOSTO xogos

RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA SOS TOMIÑO

Esta foi a nosa colaboración na recollida de leite e cacao dende a comunidade educativa. Moitas grazas a SOS Tomiño polo seu traballo!

INFORMACIÓN EDIXGAL PARA AS FAMILIAS DE 5º E 6º EP

Queridas familias de 5º e 6º de EP, premendo na seguinte imaxe poderedes acceder a toda a información do programa EDIXGAL. 

ACTUACIÓN DO 1º DÍA DE CURSO 2023 - 2024

Comezamos o novo curso escolar este luns con máis motivación grazas ao espectáculo do grupo Teatro do Ar. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut