Skip to Content

BENVIDOS AO CURSO 2024-2025

Comeza outro curso coas ilusións renovadas e tamén novos retos. Este ano o tema do PDI anual (Proxecto Documental Integrado) xirará arredor do teatro e das posibilidade educativas que nos ofrece este mundo escénico. Arriba o pano! Que comece a función!

BENVIDAS AO CURSO 2024 - 2025!

Estimadas familias, avisamos de que este xoves 5 de setembro ás 10:00 da mañá teremos unha reunión xeral no salón de actos con todas as familias do centro para compartir a información e comezar o curso 2024 - 2025. A continuación, unha vez rematada a reunión xeral, as familias con nenas e nenos de educación infantil, reuniranse coas súas respectivas titoras. Agardámosvos!

MATERIAL ESCOLAR 24-25

 

Clicando en cada unha das mochilas poderedes acceder aos materiais necesarios para cada un dos cursos:

     

 

 

PRIMEIRO DÍA DO CURSO TEATREIRO!

Arrancamos este curso máis teatreiros que nunca. Para o primeiro día contamos cunha actuación especial do grupo de teatro "O mellor de cada casa" coa súa obra: "Os avós nos tempos modernos" coa que desfrutamos grandes e pequenos. Ademais, coa sorpresa de que algúns actores e actrices eran ben coñecidos! Arriba o telón!

 

MATRÍCULA CURSO 2024 - 2025

A partir de hoxe, 24 de xuño, (ata o venres) podedes traer a documentación para matricular ás vosas fillas e fillos no centro cubrindo o modelo 550B que atoparedes premendo a imaxe ou achegándevos ao centro. Estaremos en horario de 10:00 a 14:00. Lembrade que tamén deberedes traer:

- 2 fotografías tamaño carnet.

- Fotocopia da páxina do libro de familia onde estea inscrito o alumno ou alumna. 

- Fotocopia do DNI dos proxenitores e do neno ou nena (se xa o ten). 

- Fotocopia da tarxeta sanitaria. 

- Certificado de empadroamento. 

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso. 

 

 

 
 

OIADORES fest'24

Aquí tedes unhas fotos do que foi o festival de fin de curso deste ano. Despois de tanto ensaio e preparación resultou todo un éxito. Toda a comunidade educativa xuntouse para disfrutar desta marabillosa despedida de curso.

Álbum: CURSO 2023-24 -> OIADORES fest

OIA FEST

 

 

 

Por fin temos hora e data para o Festival de final de curso! toma nota:

                                    DIA 20 DE XUÑO ÁS 10:30

LUGAR: PAVILLÓN DO CENTRO

Xa sabedes que este ano nos inspiramos en Oia,e por iso, ademáis de ver o festival de música poderedes visitar as exposicións que fixeron os distintos cursos na biblioteca do centro.

O horario para acceder a ver as exposicións será dende a entrada do alumnado 9:40 h e despois do festival de música. 

Se queres saber como somos os Oiadores e Oiadores ven ao noso mundo!

 

AGARDÁMOSVOS!

RECADACIÓN CARREIRA SOLIDARIA

Grazas á colaboración das familias do centro fomos capaces de conseguir recadar 1137€ de doazón para a fundación UNOENTRECIENMIL que investiga e loita contra a leucemia infantil. Os nosos nenos e nenas participaron nesta carreira solidaria na que todas as persoas ganan.

Felicitacións!

 

REVISTA PARLADOIRO 2024

 Aquí tedes a nosa revista escolar: "PARLADOIRO", realizada polo alumnado do centro. Agardamos que a desfrutedes!


Distribuir contido


by Dr. Radut