Skip to Content

O PRIMEIRO DÍA DE CLASE - 2019/2020

Xa comezou o curso e volvemonos a encontrar cos amigos e amigas. Moita alegría e moita ilusión sin que se nos olvide o traballo e o estudo.

Nas clases fixemos uns xogos de presentación e na asamblea falamos do marabilloso e longo verán. Despois fixemos unha redación sobre o verán.

Máis tarde estivemos colocando o material e os libros no seu sitio. Saímos ao recreo que foi de unha hora e serviunos para pornos ao día cos amigos e amigas, contámonos moitas cousas e fixemos moitos plan para este curso.

Cando rematou o recreo miramos unha obra de teatro titulada "O Merlo Branco" de Agustín Fernández Paz. Montada polo grupo de teatro de Mougás e interpretada por alumnos e exalumnos do noso cole. (Inés, Ero. Hugo, Xiana, Elba, Lucía, Mario.)

Para rematalo día fomos ao comedor e marchamos para casa.

Feliz curso a tod@s, que aprendamos moitas cousas e nos divirtamos.

MIGUEL, LÚA, IRENE de 4º de primaria



page | by Dr. Radut