Skip to Content

VISITA AO COLEXIO DE SAN XEROME

 

A principios do mes de abril os nenos e nenas de 5º, 4º e 3º fomos á escola San Xerome Emiliani onde estuda Yoli a nosa compañeira deste ano.

Xustamente fomos o día do autismo; cando chegamos déronnos unha benvida moi boa, todos estaban agardándonos na porta! Tiñan preparado un vídeo para explicarnos en que consiste a diversidade. Pero o que máis nos gustou a todos do vídeo foi cando ían aparecendo caixas de cores e pedían voluntarios para abrilas practicando “probas”: na primeira Xavi estaba en cadeira de rodas e Uxía lle axudaba a sentarse e cambiar de cadeira

A segunda “proba” foi que todos tiñamos que taparnos os ollos é facernos pasar por cegos, había que agarrarse uns aos outros.

Despois das probas e o vídeo fomos merendar e xogar ao patio deles. Fixemos moitos amigos.

Ao rematar fomos cas nosas maceteiras a súa horta: enchemos con terra e metemos a planta coa raíz. Logo plantamos mais plantas para o seu invernadoiro. O nome era moi raro:era Kalanchoe.

Sen darnos conta xa era hora de marchar, pero todos queríamos quedarnos. Gustounos moito a visita a San Xerome !!!!

Ainara Lomba Miguez

Clica na IMAXE para ver algunhas fotos

 



page | by Dr. Radut