Skip to Content

TALLERES MARIÑEIROS

Como xa sabedes, esta semana celebramos a SEMANA DO MAR.

Cada familia fixemos un peixe con pratos de cartón, que están pendurados polo teito para decorar e ambientar o colexio. Os profes fixeron un barco de papel xigante, que o puxeron na entrada cunhas decoracións de mar por detrás que foi empregado para que todos os nenos e nenas do colexio puideran participar nun “photocool”.

Como elementos a destacar na decoración da entra destaca unha hélice dun submarino así como unha medusa pendurada das escadas que suben ás aulas.

Durante toda a mañá do xoves estivemos facendo diferentes obradoiros nos que mariñeiros experimentados da Guarda nos ensinaron a facer diferentes tipos de nos, así como a montar un compás e o seu funcionamento e manexo en alta mar. Finalmente montamos unha maqueta dunha embarcación típica da zona como é a gamela. Nos explicaron o significado do sistema de matriculación das embarcacións o cal aplicamos á hora de crear a matrícula para cada unha das nosas embarcacións.

Cos profes nas aulas fixemos otras actividades como o estudo e exploración de diferentes especies de peixes que tiñamos nun ficheiro recopilatorio de especies de animais mariños.

Brais González Miniño.

CLICA nas imaxes se queres ver máis fotos.

 

 



page | by Dr. Radut