Skip to Content

EXCURSIÓN Á CORUÑA 2019

O mércores pasado os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º fomos de excursión A Coruña.

Saimos as 8 da mañá e chegamos ás 10 e media pasadas ao acuario da Coruña. Alí explicáronnos que os peixes comían tres veces ao día. A continuación fomos ver as focas, nos fixeron rir moito.

Despois fomos ao Nautilus, parecía que estábamos no fondo do mar! Uns buzos, que se metían no acuario, lles daban de comer, baixando cuns cubos que tiñan comida, evitando así que se comeran entre eles. Aproximadamente hai uns 6.000 peixes de diferentes tamaños e especies.

A continuación fomos comer ao comedor do Domus e ao rematar xogamos coas montaxes sobre a natureza que había ali.

Máis tarde fomos á Casa Das Ciencias onde unha señora nos recibiu moi amablemente e nos dixo que se podía tocar todos os experimentos científicos que había en cada sala pero con moito coidado.

Ao rematar merendamos, sacamos unhas fotos e marchamos felices e cansados de tanta diversión.



page | by Dr. Radut