Skip to Content

VISITA DE ALESIA KURCHANCOVA

A xogadora do Atlético Guardés, Alesia Kurchancova, visitounos hoxe na clase de Educación Física.

Esta xogadora que exerce de lateral no equipo guardés de 1ª división, veu como madriña da carreira que se celebrará o domingo entre Oia e A Guarda.

A presentación desta carreira, 15K do Atlántico-Banco Mediolanum, foi no noso colexio e acudiron o alcalde de A Guarda e alcaldesa de Oia xunto con diversas personalidades do deporte.

Compartimos con Alesia unha charla moi enriquecedora. Contounos como foron os seus comezos no balonmán e como chegou ao equipo guardés. A continuación o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria fixéronlle moitísimas preguntas sobre a súa vida deportiva e persoal. Para rematar non nos poidemos resistir a pedirlle un autógrafo e desexarlle o mellor para esta temporada.

 



page | by Dr. Radut