TORNEO DE TENIS

O pasado 27 de maio celebrouse no colexio o torneo de tenis organizado para rematar a actividad extraescolar de dito deporte.

Foi Carlos, o profesor de tenis do colexio, o encargado de coordinar o torneo e participaron alumnos e alumnas do colexio e doutras escolas de tenis do Rosal, Baiona, Gondomar...

Foi unha competición moi interesante polo nivel de xogo dos participantes que demostraron as súas habilidades coa raqueta e a pelota. Pequenos e maiores disfrutamos dunha xornada marabillosa de deporte e solidaridade xa que coa inscripción todos e todas levamos algo de comida para que o concello poda atender as xentes necesitadas.