Skip to Content

LOITA OLÍMPICA 2021

Parece que xa imos entrando na normalidade no que as actividades extraescolares se refire. Como fixéramos anos atrás, tivemos no ximnasio do colexio a actividade de LOITA OLÍMPICA, esta vez sen contacto. WRESTLING DUMMY.

Esta actividade pensada para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria dirixiuna Rubén, monitor da Federación Galega e nela utilizamos os bonecos de adestramento para aprender as habilidades específicas de loita (derribos e proxeccións).

En cada curso fixemos grupos de 3 que entraron no tapiz de loita e practicaron de xeito alternativo as actividades propostas polo técnico: 1. Levantamento de boneco “WRESTLING DUMMY LIFT UP”; 2. Xiros de boneco “WRESTLING DUMMY TURNS”; 3. Derribo de boneco “WRESTLING DUMMY TACKLE”; 4. Proxección de boneco “WRESTLING DUMMY THROW”. Cada un foi contando as repeticións que facía durante 30" e o monitor tomaba nota para facer unha comparativa cos demáis cursos e colexios.

Foi moi interesante e divertido, seguro que repetiremos máis veces. Forza rapaces e rapazas!!!



page | by Dr. Radut