Curso 2013-14, Actividades extraescolares, Outras actividades

BARCO-AULA MURALLA DE LUGO

O venres, día 8 de novembro, o alumnado de Primaria fixo unha visita ao barco-aula "Muralla de Lugo".

Trátase dunha aula turístico-medioambiental móbil e pioneira en España, en forma de barco pesqueiro, que ademais homenaxea á Muralla de Lugo, levando o seu nome polas principais cidades españolas.

 Con esta embarcación,  mostrase a costa e a riqueza medioambiental de Lugo.(fotos)

VERMES DE SEDA

O luns, día 26 de outubro, tivo lugar no Aulario unha actividade referente ao ciclo dos vermes de seda. Asistiu o alumnado de 2º e 3º curso que o ano pasado participou no desenvolvemento da primeira unidade didáctica incluida: " O gremio de seda".(fotos)

Esta actividade forma parte do proxecto "Enredando, artesanía na escola" posto en marcha pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño co obxectivo da achegar aos nenos e nenas ao mundo da artesanía.

Como complemento está programada unha exposición do ciclo da vida dos vermes e dos produtos que se obteñen da seda.

 

EXHIBICIÓN DE BAILE

O mércores, día 23 de outubro, durante a mañá realizouse unha exhibición de baile no pavillón do Colexio para todo o alumnado, organizado pola APA do CEIP Mato Vizoso.

 

TAPÓNS SOLIDARIOS

Tapas de plástico     O noso Centro participa na recollida de TAPÓNS ( tapóns de plástico de diferentes envases) para axudar a financiar os tratamentos  médicos que melloren a calidade de vida daqueles nenos e nenas enfermos con escasos recursos, en colaboración con bancos de tapóns da nosa comunudade autónoma.

Distribuir contido