Curso 2013-14, Actividades extraescolares, Outras actividades

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

O venres, día 21, celebramos os Días Mundiais da árbore e da agua.

Plantamos un loureiro donado pola Deputación de Lugo no patio do cole ao que lle puxemos "Folliñas" nome elexido entre todo o alumnado do Centro. (Fotos)

 

ENTROIDO

O venres, día 28, celebramos o Entroido representando unha festa popular. Estivemos todos disfrazados como si da festa da parroquia se tratara pero de forma simpática.

Durante toda a semana fomos ambientándonos para esta celebración seguindo as ordes do Entroido. Non fora o demo!!!!!!

A semana antes do Entroido

algo diferente imos facer

para martes

a chaqueta virá do revés.

 

O mércores

unha cousa temos clara

pintaremos, esaxerando

    un grande lunar na cara.

 

O xoves,

para abrigarnos do frío,

poñeremos unha bufanda

que teña moito colorido.

 

 

Nelson Mandela

   Co motivo da celebración do Día da Paz, o alumnado de 6ªA profundizou nunha das figuras máis relevantes dos últimos tempos neste eido, Nelson Mandela. Como pequena homenaxe despois do seu pasamento elaboraron o seguinte mural que vos convidamos a ver picando sobre el.

                                              

DÍA ESCOLAR DA PAZ

O día 30 de xaneiro, día escolar da Paz, o alumnado e profesorado conmemorou esta data co "baile das apertas". Nas clases realizáronse outras actividades axeitadas a cada nivel referentes a este tema (murais, cancións, desexos, debuxos, poemas,...)

O alumnado e persoal do Comedor celebrárono de xeito especial con "corazóns mensaxeiros da PAZ".

Ademais, e seguindo a dinámica doutros cursos, en colaboración cos colexios da vila, realizouse unha pequena pancarta individual alusiva á PAZ.

 

CERTAME DE POESÍA INFANTIL "NADAL 2013"

No certame de poesía infantil "Nadal 2013" convocado pola Biblioteca Pública Municipal de Vilalba resultou premiado o seguinte alumnado do noso Centro:

Categoría A (ata 8 anos):

           Laura Fraga Paz (2º A) pola obra "O Nadal"

           Raúl Díaz Rodríguez (3º A) pola obra "A noite de Nadal"

           Sergio Vila Babío (3ºB) pola obra "O Belén"

           Candela Vérez Seoane (3º B) un accésit pola obra "O Nadal"

Categoría B (de 9 a 11 anos):

           María Cazón Fernández (5º A) pola obra "Neste Nadal"  

Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo.

Actividades do Centro

Aquí poderemos encontrar tanto as actividades extraescolares programadas para despois do horario lectivo (deporte, teatro, manualidades, etc) como as que se realizan no Centro durante o horario lectivo (contacontos, conmemoracións, etc.)

TIRO CON ARCO

O xoves 28 de novembro houbo unha mostra de Tiro con arco, organizada polo "Club de arqueiros da Chaira" para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria. A mostra desenvolveuse no pavillón do Colexio entre as 9,30 e as 14,30.

SAÍDA POLA CONTORNA

O venres  día 15 de novembro, o alumnado de Educación Infantil fixo un percorrido pola contorna próxima ao colexio co fin de poder observar a nosa paisaxe e a variedade de colorido nesta época do ano, e tamén recoller algúns dos froitos e follas que poidan atopar.(fotos)

PERCORRIDO OUTONAL POLO RÍO

O xoves, día 14 de novembro, o alumnado de 1º ciclo de primaria realizou un percorrido polo paseo do río, dende o colexio ata o muiño do Rañego co fin de observar o outono na nosa contorna.(fotos)

CONTACONTOS MUSICAL

O luns, día 11 de novembro, o alumnado de Educación Infantil asistiu a unha sesión de contacontos musical a cargo de SUSA HERRERA, profesora, escritora de contos infantís e colaboradora do grupo Mama Cabra. (fotos)

Distribuir contido