3 anos

PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA (20 – 24 abril)

 

Tódolos días:

-escoitar música, cantar e bailar un pouquiño e facer actividades de movemento.

-Recordarlles que día da semana é, que número, que mes:

https://www.youtube.com/watch?v=v7mm8MC1MgY

 

LUNS

O cadrado: actividadeESTAMOSCONECTAD@S. Esta semana é o turno do cadrado. Buscamos por casa cousas que teñan forma de cadrado(ou cubo)?(caixas, contos, cadros, dados, xoguetes...)

(Sacádelle unha foto aos vosos obxectos cadrados)

 

Cos cadrados podemos facer numerosas actividades para traballar a lóxica-matemática:

 

-Se tedes tesoiras infantís podedes darlle unha tira con cadrados para que eles mesmos os recorten (isto o estabamos facendo xa na aula).

 

-Darlle cadrados recortados de distintas cores e pedirlles que xunten os que teñen a mesma cor.

-Darlle cadrados recortados de distintos tamaños e pedirlles que fagan colecións por tamaños (grandes, medianos e pequenos)

-Darlles cadrados de distintas cores ou tamaños e pedirlles que fagan unha serie. Por exemplo: amarelo-azul; grande-pequeno, etc.

 

-Tamén son interesantes este tipo de xogos nos que teñen que completar as cuadrículas para que sexan iguais as anteriores (aínda que esto esixe algo máis de elaboración pola vosa parte). Para traballar forma, cor e posición.

 

-E por suposto, cando rematedes de xogar podedes pegar os cadrados nun folio e facer unha obra de arte coma a que fixestes cos círculos.

-Se tedes pezas de construción de tipo lego ou similares, que teñen forma cadrada, tamén vos serven para facer algúns de estes xogos: series, cuadrículas, etc. e ademáis permiten facer torres.

 

(Recordade os vídeos das formas xeométricas que deixei a semana pasada)

 

 

*PSICOMOTRICIDADE: déixovos este enlace a un dos episodios de “aprendemos na casa con Clan de 6-8 anos”, que ten actividades de psicomotricidade que poden facer perfectamente os nenos/as de infantil, de feito algunhas son ideais para eles.

No medio das dúas sesións, inclúe tamén actividades de música para traballar os ritmos con elementos cotiás (palo de escoba, culler) que poden resultar moi divertidas se as facedes xuntos na casa.

(ata o minuto 30:00 onde aparecen as actividades con globos nas que se poden sustituir as restas polos números en sí: “colle o globo que teña o número 4”) Ligazón:

actividades psicomotricidade e música clan

 

Tamén podedes entrar no apartado de educación física e ver o que vos vai poñendo o profe Alberto.

 

 

MARTES

-POMPAS. Facer pompas é algo que lles encanta aos máis pequenos e ademáis unha actividade moi utilizada polos mestres, especialmente de Audición e Linguaxe, para traballar a “respiración e o sopro”.

 

Se non tedes pompeiro neste momento na casa, déixovos esta ligazón onde empregan distintas receitas e útiles para facer pompas de xabón: a experimentar!

(se as facedes contádeme que tal funcionan!)

https://www.youtube.com/watch?v=qray8eEikH4

 

 

O MARTES é o día de inglés, que tal se vemos algún vídeo, conto... do que nos deixou a teacher Mariña no apartado de inglés?

 

MÉRCORES

BIBLIOSINDE. Podemos entrar en bibliosinde e ver que actividades e contos novos nos deixou superlector.

 

*MÚSICA: entrar en música, e ver as actividades do profe Javier.

As fotos que me enviastes de “instrumentos musicais” a semana pasada as colgou Javier na galería coas dos outros nenos/as do cole:

GALERÍA DE INSTRUMENTOS CASEIROS

 

*RELIXIÓN/ATENCIÓN EDUCATIVA: ver as actividades que nos deixaron a profe Bea no blogue de relixión e a profe Montse en atención educativa (na marxe dereita da web: “infantil” - 2019-2020 - “atención educativa”) Deixo ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelrodriguezsinde/taxonomy/term/422

 

XOVES

Feliz día do libro! Hoxe é un día xenial para contar e escoitar contos. Se vos animades grabade aos vosos peques para a actividade de contacontos de Bibliosinde (cada un que conte o conto como saiba e como poida).

Déixovos ideas para facer marcapáxinas infantís, algunhas moi orixinais:

 

http://mundoinfantildeclara.blogspot.com/2013/04/marcapaginas.html

 

*ACTIVIDADES TIC: os xoves tiñamos sesións “tecnolóxicas”: informática e robótica.

Pode ser un bo día para facer algúns xogos educativos no ordenador, na tablet, teléfono...

Recordade que na web tedes un apartado de “recursos TIC”, e no apartado de “orientación” enlaces a apps gratuitas entre outros recursos.

 

 

VENRES

PUZZLES: facemos un día de puzzles? Seguro que todos estes días estades a facer moitos puzzles na casa.

Hoxe propóñovos facer un puzzle con números. Non é necesario imprimir ningunha imaxe, podedes facelo cunha fotografía do neno/a, da familia; cun debuxo; cunha imaxe recortada dunha revista...

Pódense usar paliños de xeados e, senón tedes, un cartón, por exemplo, dunha caixa de cereais. Pegade a imaxe no cartón e dividídea en 5, 6, 10... partes (segundo as posibilidades da vosa filla ou fillo). Escribide un número en cada unha das partes e recortade. O puzzle xa está listo.

 

 

Algúns nenos/as empregarán a estratexia de guiarse só pola imaxe para compoñer o puzzle, outros polos números e outros polas dúas cousas.

En todo caso, nesta ocasión é interesante que cando o teñan feito comprobedes con eles que está ben, mirando se os números están en orde (así de paso repasamos a serie numérica!).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ATENCIÓN EDUCATIVA (PROFE MONTSE)

 

Estimadas familias:

Para facerlles entender aos nenos esta situación excepcional proponse desde Atención Educativa a visualización deste conto:

Rosa contra el virus

 

E tamén adicarlle un tempo aos nenos a explicarlles a importancia de cumplir as normas de lavarse as mans para axudar a combatir esta pandemia do coronavirus. Explícao moi ben este vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=9Zel5nbJkl4

 

Se queredes podedes enviar unha foto lavando as mans a Montsesinde@gmail.com

 

Divulgación Recursos

 

-https://www.rtve.es/infantil/serie/teatro-infantil-clan/video/nube-nube/5549789/(teatro infantil)

-https://telemarinas.com/convocan-un-concurso-de-dibujos-para-que-los-ninos-trasladen-a-la-policia-y-a-la-g-c-su-agradecimiento/ (información concurso de debuxo infantil para agradecer a súa labor aos corpos e forzas de seguridade)

-https://www.agendamenuda.es/ (páxina con distintos recursos, na que casualmente aparecen máis ideas para facer sombras coas mans ou unha oca deportiva con probas de psicomotricidade)

 

PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA (14 - 17 ABRIL)

 

Tódolos días:

-escoitar música, cantar e bailar un pouquiño

-Recordarlles que día da semana é, que número, que mes:

https://www.youtube.com/watch?v=v7mm8MC1MgY

 

 

MARTES

O círculo: actividadeESTAMOS CONECTAD@S.Buscamos por casa cousas que teñan forma de círculo (ou esfera)? Unhas son grandes, outras medianas, outras pequenas... (galletas, tapóns, pelotas, platos, rodas, pedras, envases, botóns, “lentejuelas”, gomas, xoguetes...)

(Sacádelle unha foto aos vosos obxectos circulares)

 

Déixovos este cadro de Kandinsky xa que é ideal para traballar a forma circular e ademáis os tamaños: grande, mediano, pequeño.

Facemos unha reinterpretación desta obra? Pódese reducir o número de cadrados e círculos e facelo cos materiais que teñades: pintando, recortando círculos e deixando que despois os nenos/as os ordenen por tamaños e os peguen, ou incluso, que eles/as mesmos/as debuxen círculos con vós e despois os recortades (deste xeito, traballamos tamén a grafomotricidade)

Cuadrados y círculos concéntricos” (1913) Wassily Kandinsky

Se vos animades a facer esta actividade, sacádelle unha foto e podemos facer unha “exposición virtual”.

Este é o meu cadro. Fixen os círculos de distintos xeitos para darvos ideas:

 

Déixovos estas ligazóns con máis VÍDEOS DAS FORMAS XEOMÉTRICAS para ir vendo ao longo dos días:

https://www.youtube.com/watch?v=eJVVoYYpdPE (canción del círculo Littlebabybum)

https://www.youtube.com/watch?v=Xf5pZyMhPfY (canción del cuadrado Littlebabybum)

https://www.youtube.com/watch?v=E6LkpqIm1PM (canción del triángulo Littlebabybum)

https://www.youtube.com/watch?v=VmVDSgKsI3U (canción del rectángulo Lit.)

https://www.youtube.com/watch?v=gGBeyG1BKUY (Littlebabybum)

https://www.youtube.com/watch?v=IHaY0uSZifs (Plim Plim)

https://www.youtube.com/watch?v=vPmjzqJOJEY (Smile and Learn)

https://www.youtube.com/watch?v=XLqWGuw1rWI (recopilatorio PinkFong)

https://www.youtube.com/watch?v=8ivbZvErSP0 (Cleo y Cuquin)

https://www.youtube.com/watch?v=xDy8Dhsiqeo (Cleo y Cuquin)

 

O MARTES é o día de inglés, que tal se vemos algún vídeo, conto... do que nos deixou a teacher Mariña no apartado de inglés?

 

 

MÉRCORES

BIBLIOSINDE. Podemos ver outro dos “contos contados” de Bibliosinde e facer un debuxo, títere... a partir del.

 

Tamén é interesante que sexan os propios nenos/as os que conten os contos. Algúns días poden contarvos eles/as o conto a vós. É unha actividade ideal para desenvolver a imaxinación, as habilidades lingüísticas, comprender e empregar nocións temporais (primeiro, despois; agora, despois, ao final...), establecer lazos causais (isto pasou porque...), etc.

 

MÚSICA. Os mércores son o día de música. Comparto con vós este recurso dixital que coñecín fai moi pouco e me parece moi interesante. Pódese xogar dende o ordenador, a tablet ou o teléfono:

Google Chrome music lab

 

Para os máis pequenos as opcións máis interesantes son “RHYTHM” e “KANDINSKY”.

 

Nun dos capítulos educativos de CLAN emitiuse un titorial no que se explica de forma moi clara e sinxela como utilizar estes dous xogos musicais (adiantar o vídeo ata o minuto 22:00)

APRENDEMOS EN CASA CON CLAN

Tamén hai xogos moi apropiados se tedes nenos/as maiores ou incluso para os adultos; para experimentar con ritmos, acordes, armonía...

 

No apartado de “música” o profe Javier fixo unha proposta moi divertida: fabricar instrumentos caseiros. Xa están publicados algúns dos que fixeron algúns alumnos e alumnas do cole.

 

 

XOVES

Actividades coas mans. Podemos ensinarlles aos peques a calcar as súas mans poñéndoas enriba dun folio. Podemos primeiro calcar a nosa e a deles e despois deixarlles que eles practiquen coa súa man ou debuxen a doutros membros da familia.

 

-Contamos cantos dedos temos nunha man e podemos escribilos, un en cada dedo.

-Despois podemos colorealas ou decoralas como máis nos guste.

Tede en conta se facedes actividades cos números na casa, que as nenas e nenos desta idade, aínda que recoñezan os números, ainda non son capaces de escribilos (están desenvolvendo esta capacidade) Moitos deles xa eran capaces de facer o 0 o 1 e o 2 sós. O 3 cóstalles bastante polo tipo de trazo que ten. Nas últimas semanas estabamos comezando co 4, que resulta máis facil de escribir (unha L e despois unha raia longa de arriba abaixo)

Xa estemos facendo números ou letras, neste momento, é importante que teñan o modelo á vista (escribirllo nun papel, mostrarllo nun libro...) : por exemplo na aula temos o abecedario e unha banda numérica do 0-10 á vista de todos e nas súas mesas unha tarxeta co seu nome en maiúsculas para ir aprendendo a escribilo.

 

-Coas nosas mans tamén podemos xogar a facer sombras (e de paso, perderlle o medo á escuridade). Aquí tedes algunhas ideas:

 

https://www.youtube.com/watch?v=CysUYEI7I34

 

-Canciónscoas mans:

https://www.youtube.com/watch?v=4NyPBD8Vilk (Cantajuego: as poñemos en clase)

https://www.youtube.com/watch?v=Exzodpp_qtA (la familia dedo Littlebabybum)

 

-Cancións para lavar as mans (moi importante nestes momentos):

https://www.youtube.com/watch?v=sshHj_oiigI (recopilatorio Pinkfong: lavar as manse outros hábitos saudables)

https://www.youtube.com/watch?v=e0pecj7ZCcQ (Sésamo)

https://www.youtube.com/watch?v=8u5ot2l7sSI (Lunnis)

 

 

VENRES

Circuito de psicomotricidade. Teño que darlle as grazas a Berta e a súa mamá por esta actividade, porque non se me ocorrería se non vise a Berta facendo un na súa casa.

 

É unha idea xenial para que os peques fagan exercicio: coma se estivesen nunha das clases do profe Alberto! O importante é buscar un lugar onde poder organizar o circuito sen que os nenos/as teñan obstáculos cos que se poidan facer dano.

Con cousas que teñades por casa podedes poñerlle probas nas que teñan que saltar, correr, reptar, encestar, manter o equilibrio, lanzar e recoller, etc.

 

Na páxina de pequeocio tedes “60 juegos dentro de casa con los niños”, dos cales os primeros son xogos de movemento.

É moi interesante a idea de crear espazos, pistas, etc. no chan con cinta de carroceiro porque vos permite inventar montóns de xogos diferentes e diferenzar espazos ou probas.

 

https://www.pequeocio.com/5-juegos-ninos-casa/

 

Tamén vos deixo estas ligazóns de videos:

-dun neno realizando un circuito en casa que vos pode dar algunha idea para adaptar este tipo de actividades á idade dos vosos fillos/as (eu evitaría os equilibrios sobre obxectos como os zancos ou sobre o papel hixiénico)

-e dunha mamá facendo exercicio co seu fillo (igual vos animades vós tamén!).

 

https://www.youtube.com/watch?v=RoaYVddZUCs

https://www.youtube.com/watch?v=BnKIAFebJzo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ESTAMOS CONECTAD@S

 

Aquí está a primeira exposición das actividades que estades facendo na casa. Sodes uns artistas: @s nen@s e @s maiores!! Grazas por participar!

Non vos perdades estes dous vídeos. O cociñeiro Martín nos explica como facer unha receita de pizza rica, rica. E Roque nos ensina a facer unha excavación paleontolóxica na casa. Moi ben!!

 

ESTAMOS CONECTAD@S

 

DE TODO!

ESTAMOS CONECTAD@S

 

COAS MANS NA MASA!

ESTAMOS CONECTAD@S

ESTAMOS CONECTAD@S

RECURSOS

Ligazón á páxina educativa de clantv con actividades tamén para nenas e nenos de 3 a 5 anos:

https://www.rtve.es/educlan/


Divulgación Recursos

 Como sabedes nestes días moitos colectivos e particulares están compartindo ou abrindo os seus recursos en Internet para que tod@s poidamos utilizalos. Estes son algúns dos enlaces que nos enviaron para a súa divulgación (para distintas idades):

A FUNDACIÓN

CSIC (ciencia para tod@s)

LITERATURA INFANTIL (Oscar María Barreno)

 

PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA II

MARTES

-As cores.

*Podemos buscar en casa obxectos de distintas cores: xuntamos cousas vermellas, laranxas, amarelas...

*Xogamos ao“veo, veo; ¿qué ves?; una cosita; ¿de qué color es?”

 

*Algo característico da primavera é sen dúbida o Arco da vella.

¿Qué tal se repasamos as cores con él?:

https://www.youtube.com/watch?v=WVVIWbMZ5hk (este recopilatorio de cancións infantís comeza pola canción do “arco iris” que xa coñecen os peques da aula)

 

¿Facemos unha manualidade ou experimento co arco da vella? O mellor é usar a vosa imaxinación e os recursos que teñades por casa (pinturas, pinceis, papeis de cores, collage, algodón...)

Déixovos unha idea orixinal e divertida para facer pintura na casa:

pintura espumosa con espuma de afeitar, cola blanca e colorante

(senón tendes colorantes alimentarios pódense empregar témperas, acrílicos...)

 

Tamén se pode facer un arco da vella con botellas para reciclar que teñades pola casa. Enchédeas de auga e despois axudádelles aos nenos/as a botar unhas gotas de colorante ou pintura. Despois teñen que axitar e...”¡tachán!” de que cor queda a auga? Esta actividade lles encanta, e pódense facer mesturas de cores para ver como se van transformando as cores na auga.

 

 

MÉRCORES

-BIBLIOSINDE. O mércores é o noso día de biblioteca. No blogue de bibliosinde María a orientadora o profe, Montse e a profe Isa, nos deixaron un conto.

¿Facemos algunha actividade con eles? Para comezar vemos e escoitamos o conto de María que se chama “Así es mi corazón” que trata sobre as emocións. Algúns dos nenos/as xa o coñecen xa que este libro pedíronllo emprestado a Superlector para levar para casa a fin de semana:

 

(entrar en bibliosinde "Contos contados")

http://bibliosinde.blogspot.com/2020/03/contos-contados_24.html

 

*Facemos un debuxo do conto (con pinturas, rotus, témperas e pincel...)

*Falamos das nosas emocións: ¿qué fai que ti te poñas contento, triste, etc.?

Déixovos a ligazón desta páxina onde se explica brevemente a educación emocional e hai distintas propostas para traballar coas emocións, algunhas das cales se poden facer na casa (estes recursos podédelos ter de man, non só agora, senón tamén para máis adiante para axudar aos pequenos a comprender e xestionar mellor as súas emocións e sentimentos).

https://www.imageneseducativas.com/coleccion-50-ideas-trabajar-las-emociones-forma-divertida-casa-clase/

 

 

XOVES

-¿Cociñamos xuntos/as? Para un deste días, propóñovos facer unha pizza xuntos. Ademáis de poder poñer imaxinación para decorar as pizzas e utilizar ingredientes saúdables como verduras, seguro que moitas nenas e nenos desfrutarán moito metendo as mans na masa!

https://www.pequeocio.com/9-recetas-divertidas-pizza/

 

 

VENRES

-Caza de ovos de Pascua. Pódese organizar unha busca de ovos na casa. Non é necesario empregar ovos de chocolate senón temos, por exemplo, cuns simples debuxos de ovos, as nenas e nenos poden pasar un rato moi divertindo buscando “os seus premios” pola casa.

Unha idea que lles gusta moito, é preparar unha cestiña para ir despois metendo todos os ovos que encontren dentro dela. Pódese facer de mil xeitos (con vasiños, bricks de leite como fixemos no cole as do magosto, cartón, plantillas en papel...)

http://todo-para-eventos.blogspot.com/2011/04/moldes-de-cajas-para-pascua.html?m=1

 

Nestas páxina tedes algunhas ideas de actividades de Pascua:

https://www.muysencillo.com/como-hacer-una-caja-para-los-huevos-de-pascua/

https://www.pequeocio.com/5-manualidades-infantiles-para-pascua/

 

 

 

 

 

 

 

PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA I

 

Tódolos días:

-escoitar música, cantar e bailar un pouquiño

-recordarlles que día da semana é, que número, que mes:

https://www.youtube.com/watch?v=v7mm8MC1MgY

 

LUNS

-Esquema corporal. ¿Nos debuxamos? Debúxate a ti mesmo/a e recorda as partes do teu corpo e da tua cara, ¿cáles son? Escribe debaixo o teu nome.

Tamén podes debuxar as persoas da túa familia ou algúns dos teus amigos e amigas.

 

Recursos:

https://www.youtube.com/watch?v=cZP7LdK_DaY (video partes do corpo sinxelo)

ttps://www.youtube.com/watch?v=ppUnmAvLhwE (vídeo partes do corpo máis complexo)

https://www.youtube.com/watch?v=k_NOnprvcew (a cabeza)

 

https://www.youtube.com/watch?v=-0Sr3gSumw0 (canciones corpo humano)

 

E como os luns tocaba educación física, ¡a moverse un pouco o corpo! Qué tal se facemos algúns dos exercicios que nos recomendou o profe Alberto de “aulasgalegas” e algún baile con moito ritmo?

https://www.youtube.com/watch?v=1I3aMmVjMaY (“el baile del movimiento”)

https://www.youtube.com/watch?v=pc06kmPcNkk (canción partes do corpo)

 

Para aprender e repasar inglés unha canción do corpo dun dos enlaces que vos deixou a teacher Mariña:

https://www.youtube.com/watch?v=VAOOT5ZfQyU

 

 

 

 

 

 

 

PROPOSTAS PARA ESTA SEMANA

 

Tódolos días:

-escoitar música, cantar e bailar un pouquiño

-Recordarlles que día da semana é, que número, que mes:

https://www.youtube.com/watch?v=v7mm8MC1MgY

 

LUNS

Xa chegou a primavera! Que vos parece unha manualidade para darlle a benvida a esta nova estación do ano? Só necesitades un tubo de cartón; pintura; un cartón, cartolina ou papel para facer as ás e, para decorar, o que teñades a man na casa e a vosa imaxinación.

 

https://www.pequeocio.com/7-manualidades-infantiles-rollos-papel/

 

Outra actividade interesante sería plantar sementes. Por exemplo reutilizando envases de iogur, enchelos con algodón e introducir sementes que teñades na casa: garavanzos, fabas, lentellas... Se pode regar cada día e ir observando e/ou fotografando o seu crecemento.

 

MARTES

O meu nome: vos propoño unha actividade para facer co seu nome: consiste en escribilo en grande nunha folla e despois decorar as letras con pegatinas, repasando ou facendo puntiños con pintura de dedos, pegando papeis...

 

Nesta ligazón tedes actividades interesantes deste tipo para traballar co nome propio (ou co dos demais):

 https://www.imageneseducativas.com/actividades-divertidas-aprender-escribir-nombre/

 

Tamén podedes escribirlles o nome dos membros da familia e ir dicindo as letras que teñen, con cal comeza, remata, se algunha se repite...

Outra opción, sería escribirlles en maiúscula (ou escribir xuntos) os nomes das compañeiras/os de clase.

 

MÉRCORES

Xoguetes reciclados. Por exemplo: facerlle un burato a unha botella grande ou mediana e protexer os bordes con cinta ou outro material. Facer boliñas con papel de periódico, revistas, etc. (ou incluso utilizar tapóns) E cando estea lista...¡a encestar!

 

Contamos: ¿Cántas bolas encestastes? 1,2,3...

 

 

Outro xogo sinxelo, sería facer bolos con botellas de reciclaxe, ou calquera outra idea que se vos ocorra. Remítome as actividades con tapóns que vos enviei a semana pasada.

 

 XOVES

Xogos tradicionais. Hoxe vos envío esta ligazón a un xogo que, aínda que ten apariencia de novo, é de toda a vida. É todo un reto tamén para os maiores, e os peques poden aprender con vós (empregando unha corda, cordel, goma elástica...que teñades por casa):

https://www.ztringz.com/es-es/academia-ztringz

 

¿Qué xogos tradicionais coñecedes? Daqueles que nos ensinaban os avós/avoas cando eramos pequenos/as e podemos facer na casa.

 

VENRES

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA:

https://www.youtube.com/watch?v=qNGXfnLqYXY (empregado na aula polo profe de AL)

https://www.youtube.com/watch?v=8EooNSe0oA4 (formas xeométricas)

https://www.youtube.com/watch?v=8sb2QTew-bA (sons de animales)

https://www.youtube.com/watch?v=hnyywsUbWOE (sons da casa)

 

 

Recordade que na páxina principal, tamén tedes recursos subidos polos especialistas e , na marxe dereita da pantalla, tedes os enlaces a “bibliosinde” con propostas moi interesantes e a “recursos TIC-infanti”.

O mestre de educación física recomenda entrar na web http://aulasgalegas.org/ na que tedes exercicios, clase de ioga para nenos, etc. ademais de moitas outras actividades.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet